Ola Keko Son Amador Loureiro (dorfun) e como parte implicada na localización de WP podo comentarche algo sobre este proxecto.
Por contextualizar un pouco, coñezo ben o traballo de Trasno (*chapeau!*) e aínda que non podo colaborar nin implicarme moito directamente, trato de facer ver a súa importancia e promocionalo cando podo. Se non comentei nas listas a posible introdución de WP dentro de Trasno (que pola miña banda sería fantástico) foi porque creo que xa hai traballo dabondo en Trasno e eu non me podía facer cargo da localización de WP. No seu momento optouse (crucei algúns correos con persoas interesadas no proxecto) polo uso dos espazos de localización de WP e mantívose alí toda referencia á súa tradución (grupo de traballo, web/blogue e ferramente de localización en liña [glotpress]), se ben nunca se desbotaron os recursos de Trasno (como se cita en http://gl.wordpress.org/2011/04/28/wordpress-3-1-2-en-galego/). Lucas Vieites e Pablo Galdo son as dúas persoas máis activas na localización de WP e non sei se son subscritores desta lista, pero coñecen o traballo de Trasno. Se esa decisión foi errónea ou deberamos ter comentado algo nesta lista, a culpa probablemente sexa miña. Supoño que aínda estamos a tempo de correxir erros. Sobre os criterios de localización, sempre se tivo presente as recomendacións de Trasno ( http://buddypress.org/community/groups/wordpress-en-galego/forum/topic/traduzir-o-anglicismo-plugin-como-complemento/) pero realmente non se optou por unha opción definida. Non quixera ser moi longo no correo así que deixo aberta a posibilidade de integrar WP en Trasno ou calquera outro comentario ou valoración que se queira facer sobre o tema. Saúdos!!! 2012/7/7 Enrique Estévez Fernández <[email protected]> > Ola. > > Alguén pode decirme algo da localización de Wordpress. Estiven vendo a > cousa e parece que non está moi aló. Semella que hai un grupo de > localización, pero ou non coñecen a Trasno ou non seguen os acordos e > guía de estilo de Trasno, que non é obrigatoria, pero para saber > quenes son e que criterios empregan. > > Vexo que usan: > > válido > tratamento de tu > por favor > terminación -ble > cabezallo > conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no inglés > ... > > e xa non seguín > > Alguén pode contarme algo do asunto. Se están en vías de acercarse ao > traballo de Trasno, se van ao seu aire, se alguen falou con eles. > Preocupame, porque estou vendo de que me monten o sitio web oficial > desde a comunidade de mozilla e van crearme un wordpress e a ver que > galego ten a interface do sitio web. Xa me > vexo arranxando todas esas inconsistencias nun parche para a miña > localización do aplicativo e que sexa coherente co traballo de > localización que se fai en Mozilla. > > Simplemente pregunto. Se non farei a miña adaptación para o noso sitio > web, por coherencia, aínda que temo non me sobra. > > Un saúdo. > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org* [image: Twitter] <http://www.twitter.com/dorfun> [image: Facebook]<http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco> [image: LinkedIn] <http://www.linkedin.com/in/dorfun> [image: Google Reader] <http://www.google.com/reader/shared/dorfun> [image: Blog RSS]<http://feeds.feedburner.com/adorfunteca> [image: SlideShare] <http://www.slideshare.net/dorfun> [image: Flickr]<http://www.flickr.com/photos/dorfun/> [image: YouTube] <http://www.youtube.com/profile?user=dorfun> [image: Delicious] <http://delicious.com/dorfun> [image: Last.fm]<http://www.last.fm/user/dorfun/> [image: Tumblr] <http://dorfun.tumblr.com/> [image: Vimeo]<http://vimeo.com/dorfun> [image: FriendFeed] <http://friendfeed.com/dorfun> [image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/] [email protected] [image: Skype/] dorfun
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

