Ola Amador,

Felicidades polo traballo que fai o equipo de tradución de Wordpress. Agora
uns detalles

- Hai un ano que non hai actualizacións aquí  http://gl.wordpress.org/.
Están as referencias ás versións e novas actualizadas?
- Poderías crear unha memoria de tradución da versión actual activa de
Wordpress baseándote nisto http://svn.automattic.com/wordpress-i18n/gl_ES/ ?
(tamén valería perfectamente que reunises nun arquivo os ficheiros últimos
e nolos remitises á lista).
Viríanos ben ter esa memoria para o noso repertorio, sección CMS...
- Como di Keko, Trasno non "posúe" ningunha tradución, se algo atesoura son
tradutores e recursos comúns. É unha cooperativa de tradutores que realizan
traducións e xestionan proxectos de localización. O que diferencia Trasno é
a creación de recursos comúns, a cohesión da localización mediante unha
disciplina estilística e terminolóxica de consenso, o apoio aos tradutores
e vixilancia dos proxectos de software libre e a representividade dos
intereses da comunidade.
- Sería para nós un pracer que Pablo e Lucas participasen da comunidade
para facer mellores solucións. Sempre estamos en camiño e nunca é tarde
porque para iso creamos as Trasnadas e mantemos viva a Asociación e a
comunidade.
- Como ves, o que di Keko non son reproches senón unha preocupación e o
interese por converxer.

Aspiramos a crear un estándar potente, a acadar un nivel de calidade
profesional, para que ser voluntario non se confunda con ser "afeccionado"
no mal sentido da palabra.

Teño unha idea que cada vez me ronda máis a cabeza e que consiste en armar
un sistema que permita o envío "upstream" de traducións harmonizadas,
mantendo a independencia de cada proxecto de software, de modo que toda a
comunidade poida participar e mellorar. Serviría moi ben para proxectos
estables no tempo e cun tamaño pequeno mediano como podería ser este e
moitos outros. Podería así obter axuda dun moito maior número de tradutores
nun momento dado, e manter o esforzo dos coordinadores centrado no que son
tarefas propias de coordinación, sen necesidade de que os
tradutores-colaboradores teñan que apuntarse a vinte mil listas de correo,
que son un obstáculo evidente para moita xente.


P.S.
O uso de "vostede" sobre "tu" recoméndase sempre salvando casos de software
para cativos. Incluso en aplicativos de conversas (neste sentido seguimos
tamén recomendacións lingüísticas internacionais).
O uso de "verificación" para o que sempre se chamou corrección ortográfica
ou lingüística é un anglicismo derivado da lóxica matemática. Se un se para
a pensar no que significa verificar (comprobar se algo é verdadeiro ou
fidedigno), resulta rarísimo  neste sentido.
O uso de -bel é unha escolla estilística que é compatíbel cun nivel
semiformal do galego. O importante é que sexa coherente co conxunto dunha
mesma tradución. Digamos que fai parella co uso de "ao" en lugar de "ó" e
pide coherentemente o uso de "estábel→estabelecer". Entre as opcións que dá
a RAG non parece lóxico mesturar "ao" con "-bel". Desde o punto de vista
sociolingüístico é un recoñecemento aos usuarios "conscientes" en galego,
diferencial respecto do castelań, coherente e harmoniza co portugués e xa
formaba parte das localizacións ao galego desde o mesmo principio, así que
non se trata de ningunha innovación senón do recoñecemento e preferencia
pola coherencia.


2012/7/9 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>

> Ola.
>
> A localizacón de Wordpress non ten que pertencer ao Proxecto Trasno, o que
> sería bo é que a xente que o traduce pois se subscriba a lista de Trasno e
> cando teña dúbidas tamén pregunte nela. O que non podemos desde Trasno, é
> estar rexistrados en todas as listas dos proxectos de software libre.
>
> No meu caso particular, cando teño algún termo para discutir, pois envío
> correo a ambas listas, a de Mozilla e a de Trasno. Ás veces, só a de
> Trasno, que é onde se debate sobre terminoloxía para que estea centralizada
> a discusión e poder buscar nun futuro o que se comentou.
>
> Como xa dixen no outro correo, se ao final o novo sitio web de Mozilla
> está montado nun WordPress e teño tempo, tentarei de arranxar esas cadeas
> coas que non estou dacordo, para manter unha coherencia coa tradución
> realizada en Mozilla. En Mozilla aínda hai moitas incoherencias ou
> traducións erróneas e que non siguen as recomendacións de Trasno, pero é
> que son moitas cadeas que hai que buscar e arranxar que veñen herdadas.
> Pero un está no camiño de ir solucionando todos estes detalles.
>
> De entrada eu diríalles que lean a guía de localización de Mancomun e que
> empreguen o tbx das Trasnadas. Hai cousas como estas:
>
> An error occurred during the activation Ocorreu un erro durante a
> activación
> There was a problem connecting to the Akismet server. Please check your
> server configuration. Houbo un problema ao conectar co servidor de Akismet.
> Comproba a configuración do teu servidor.
> Os erros non ocorren, non se atopann, ..., chegouse a conclusión de que os
> erros se producen
> Produciuse un erro durante a activación
>
> OK OK
> Creo que se traduce como Aceptar, polo menos así o fago eu
>
> Add or remove tags Engadir ou eliminar etiquetas
> Remove estase traducindo por Retirar
> Eu aínda no acabei de fixar isto en Mozilla, pero xa fai meses que
> comecei, nalgún momento rematarei
>
> Plugins Plugins
> Caso complicado.
> Como xa comentastes no voso fío que me envías no correo, en Mozilla parece
> que non está fixado pero si. Eu optei por traducir: add-on por complemento,
> plugin por engadido e extension por extensión. Os de Mozilla fanse un lío,
> pero eu non. Eu traduzo cada termo por esas, e desgraciadamente non podo
> entrar a valorar se eles se equivocaron na cadea orixinal. E sí, ás veces
> na mesma xanela aparecen dous deses termos, que en principio parece que
> está mal, pero eu traduzo cada un como indiquei arriba.
>
> Invalid taxonomy Taxonomía non válida
> En Mozilla estamos traducindo os invalid e valid por incorrecto e
> correcto. Agora non che podo asegurar se isto se fixou en Trasno.
>
> Not Spam Non é spam
> Spam estase traducindo por lixo ou non desexado, polo menos no caso do
> correo. Aínda que aquí tamén está a palabra junk, que non sei a diferencia
> con spam. En principio estanse traducindo indistintamente por correo non
> desexado ou correo lixo.
>
> Are you sure you want to do this? Estás seguro de que queres facer isto?
> Leave a Reply to %s Deixa una resposta a %s
> Como traducides, tu ou vostede? Semella que ti.
> En Mozilla úsase o tratamento de vostede. Antón seguro que che pode
> explicar mellor a motivación.
>
> Command failed Fallou o comando
> Command estase traducindo por orde
>
> Feed for all posts filed under %s Feed para todos os artigos en %s
> Feed creo que se está traducindo por fonte, polo menos en Mozilla.
>
> connection not established non se estableceu a conexión
> En mozilla estamos empregando a terminación -bel
> estabelecer
> Non estaría mal usar ble, pero ten que ser o mesmo criterio para todo. Non
> sei que preferencia ten Trasno con respecto a isto.
>
> Unable to reach any Akismet servers. Non se puido conectar con ningún
> servidor Akismet.
> For some strange yet very annoying reason, this post could not be deleted.
> Por algunha estraña e molesta razón, non se puido eliminar este artigo.
> Unable estase traducindo por Imposíbel, Foi imposíbel, Resultou imposíbel
> ....
> Isto viña na guía de estilo de mancomun
> Can not --- Non é posíbel (Non se usaba Non se pode)
> Could not --- Non foi posíbel (Non se usaba Non se puido)
>
> Widgets Widgets
> Creo que se está traducindo por Trebello
> A min cóstame, pero termos que fixalo como se fixo con outros termos
>
> <strong>ERROR</strong>: Cookies are blocked or not supported by your
> browser. You must <a href='http://www.google.com/cookies.html'>enable
> cookies</a> to use WordPress. <strong>ERRO</strong>: Bloqueáronse as
> cookies ou estas non son soportadas polo teu navegador. Tes que <a href='
> http://www.google.com/cookies.html'>activar as cookies</a> para usar
> WordPress.
> Support non se traduce como soportar.
> Compatíbel, admitir, ...
>
> Could not set that as the thumbnail image. Try a different attachment. Non
> se puido fixar esa imaxe como miniatura. Téntao cun adxunto distinto.
> Attachmento non se traduce por adxunto. Anexo e anexar serían os que
> estamos empregando.
> Images and Attachments Imaxes e anexos
> Aquí si que está ben
>
> Please try again! Por favor, téntao de novo!
> Non se usa o Por favor, salvo casos moi concretos. Os ingles abusan disto
> e non se está usando.
>
> Check Spelling Verificar a ortografía
> Eu aínda non o teño arranxado en Mozilla, pero quedouse en on usar
> verificar.
> En principio debería ser correción ortográfica, algo me comentou Antón que
> ven do oficio que existía antes os correctores. Eu cando me lembro pois uso
> revisión ou corrección ortográfica. Pero bueno, é recente.
>
> ...
>
> Pensei que ía atoparme con máis cousas. Porque o outro día nunha busca
> rápida na vesión 3.4, en dúas tres páxinas síronme bastantes. Así, por
> riba, a tradución está moi ben, salvo cousas puntuais valeríame.
>
> Non me tomades a mal o que digo. Pero é que o outro día, en pouco espazo
> vin:
>
>
> tratamento de tu
> por favor
> terminación -ble
> cabezallo
> conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no inglés
>
> e xa dixen, isto non me vai valer. Pero agora revisando un pouco máis,
> parece que está ben. Eu non empregaría o tratamento de tu, nin a
> terminación -ble, os erros prodúcense, arranxaría o das maiúsculas que
> parece que hai poucos casos, tamén corrixiría o dos unable, could not e can
> not e pouca cousa máis.
>
> A verdade é que tedes un bo traballo. Pediríalles que se subscirban a
> lista e que pregunten polos termos que teñen dúbidas ou que non saben como
> traducilos. Xa que vin varios termos sen traducir, que tamén é verdade non
> sei se se chegou a iniciar a discusión. Teño pendente de revisar máis de 50
> correos con termos para discutir terminoloxía no meu correo. O tempo dá
> para o que dá.
>
> Non sei que tipo de ficheiros usa Wordpress, espero que po. Se teño tempo,
> pois unha opción sería rexistrarme e se mo permiten corrixir esas cadeas
> que comento, se estades dacordo ou o caso máis fácil, no meu equipo farei
> unha modificación do que hai e pedireilles que me suban esa tradución ao
> Wordpress que nos monten para a comunidade galega.
>
> De verade, fantástico traballo.Seguro que ata algunhas das cousas que
> comento son lerias miñas.
>
> Un saúdo.
>
>
>
>
>
> 2012/7/9 Amador Loureiro Blanco <dor...@adorfunteca.org>
>
>> Ola Keko
>>
>> Son Amador Loureiro (dorfun) e como parte implicada na localización de WP
>> podo comentarche algo sobre este proxecto.
>>
>> Por contextualizar un pouco, coñezo ben o traballo de Trasno (*chapeau!*)
>> e aínda que non podo colaborar nin implicarme moito directamente, trato de
>> facer ver a súa importancia e promocionalo cando podo.
>>
>> Se non comentei nas listas a posible introdución de WP dentro de Trasno
>> (que pola miña banda sería fantástico) foi porque creo que xa hai traballo
>> dabondo en Trasno e eu non me podía facer cargo da localización de WP. No
>> seu momento optouse (crucei algúns correos con persoas interesadas no
>> proxecto) polo uso dos espazos de localización de WP e mantívose alí toda
>> referencia á súa tradución (grupo de traballo, web/blogue e ferramente de
>> localización en liña [glotpress]), se ben nunca se desbotaron os recursos
>> de Trasno (como se cita en
>> http://gl.wordpress.org/2011/04/28/wordpress-3-1-2-en-galego/). Lucas
>> Vieites e Pablo Galdo son as dúas persoas máis activas na localización de
>> WP e non sei se son subscritores desta lista, pero coñecen o traballo de
>> Trasno. Se esa decisión foi errónea ou deberamos ter comentado algo nesta
>> lista, a culpa probablemente sexa miña. Supoño que aínda estamos a tempo de
>> correxir erros.
>>
>> Sobre os criterios de localización, sempre se tivo presente as
>> recomendacións de Trasno (
>> http://buddypress.org/community/groups/wordpress-en-galego/forum/topic/traduzir-o-anglicismo-plugin-como-complemento/)
>> pero realmente non se optou por unha opción definida.
>>
>> Non quixera ser moi longo no correo así que deixo aberta a posibilidade
>> de integrar WP en Trasno ou calquera outro comentario ou valoración que se
>> queira facer sobre o tema.
>>
>> Saúdos!!!
>>
>> 2012/7/7 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>
>>
>>>  Ola.
>>>
>>> Alguén pode decirme algo da localización de Wordpress. Estiven vendo a
>>> cousa e parece que non está moi aló. Semella que hai un grupo de
>>> localización, pero ou non coñecen a Trasno ou non seguen os acordos e
>>> guía de estilo de Trasno, que non é obrigatoria, pero para saber
>>> quenes son e que criterios empregan.
>>>
>>> Vexo que usan:
>>>
>>> válido
>>> tratamento de tu
>>> por favor
>>> terminación -ble
>>> cabezallo
>>> conservarn as maiúsculas ao inicio de todas as palabras igual que no
>>> inglés
>>> ...
>>>
>>> e xa non seguín
>>>
>>> Alguén pode contarme algo do asunto. Se están en vías de acercarse ao
>>> traballo de Trasno, se van ao seu aire, se alguen falou con eles.
>>> Preocupame, porque estou vendo de que me monten o sitio web oficial
>>> desde a comunidade de mozilla e van crearme un wordpress e a ver que
>>> galego ten a interface do sitio web. Xa me
>>> vexo arranxando todas esas inconsistencias nun parche para a miña
>>> localización do aplicativo e que sexa coherente co traballo de
>>> localización que se fai en Mozilla.
>>>
>>> Simplemente pregunto. Se non farei a miña adaptación para o noso sitio
>>> web, por coherencia, aínda que temo non me sobra.
>>>
>>> Un saúdo.
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>>
>> --
>>
>> Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org*
>> [image: Twitter] <http://www.twitter.com/dorfun> [image: 
>> Facebook]<http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco>
>>  [image: LinkedIn] <http://www.linkedin.com/in/dorfun> [image: Google
>> Reader] <http://www.google.com/reader/shared/dorfun> [image: Blog 
>> RSS]<http://feeds.feedburner.com/adorfunteca>
>>  [image: SlideShare] <http://www.slideshare.net/dorfun> [image: 
>> Flickr]<http://www.flickr.com/photos/dorfun/>
>>  [image: YouTube] <http://www.youtube.com/profile?user=dorfun> [image:
>> Delicious] <http://delicious.com/dorfun> [image: 
>> Last.fm]<http://www.last.fm/user/dorfun/>
>>  [image: Tumblr] <http://dorfun.tumblr.com/> [image: 
>> Vimeo]<http://vimeo.com/dorfun>
>>  [image: FriendFeed] <http://friendfeed.com/dorfun>
>> [image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/]
>> dor...@hotmail.com [image: Skype/] dorfun
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a