Benvido Ivan!

En 08/11/2012 0:20, Iván del Rio Paderne escribiu:
Eu, chámome Iván.

Contactei convosco mediante o espazo en liña de trasno e, seguindo os
aconsellamentos de Miguel, preséntome:
Son un rapaz de 21 anos de Ordes e estou estudando Enxeñaría Informática
na USC.
Tamén son membro, pouco activo, da asociación Inestable Linux e usuario
habitual de Ubuntu.

O motivo polo que vos escribo é o seguinte:
Como galego, educado en galego, sempre tiven un interese especial pola
nosa lingua e, en xeral, por toda a cultura galega.
Participo habitualmente en xornadas e actos relacionados co galego,
xeralmente promovidos polos comités estudiantís ou por asociacións a
prol da defensa da lingua, e levo varios anos escribindo un libro
propio. (suposto a non ser rematado nunca hahaha)

Que quero dicir con isto? Resumo.

- Dani (membro de Inestable e amigo meu): Eh, Iván, que andas facendo?
- Iván: Estou botando unha man coa traducción desta web ó galego.
- Dani: Imaxinábamo. Sempre andas con algunha historia desas. Deberías
contactar con trasno e axudar a traducir, é o teu.
- Iván: Iso está feito.

Miguel explicoume as cuestións máis básicas sobre o funcionamento de
trasno e tamén me pasou uns enlaces sobre Introdución á tradución e
algunha información que xa coñecía sobre os localismos.

Eu, persoalmente, ofrézome pra axudar e colaborar como vexades convinte,
tanto na tarefa principal de trasno, como en calqueira outra relacionada
coa tradución ó galego.
No ámbito da Enxeñaría Informática, considero que por agora non estou o
suficientemente preparado nin posúo os coñecementos suficientes como pra
facer labores de mantemento web ou similar mais penso que no que á
propia tradución se refire, non tería ningún tipo de problema ou
complicación.

Con todo, estou á espera de que me orientedes un pouco máis e me digades
aquelas cousas nas que precisedes máis axuda pra comezar a 'traballar'
canto antes. xd

PD: É posible que cheguedes a ler algún artigo, texto, ou mesmo algún
correo meu en portugués. Non vos asustedes. Soamente é que estou
aprendendo a lingua portuguesa, coa práctica. xd

Un saúdo pra todxs e, como dixen antes, eu chámome Iván.


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a