Recoménsase comezar por algo que empregues día a día, así que vai pensando 
niso…

BENVIDO! :D

O Xoves, 8 de Novembro de 2012 07:22:13 damufo escribiu:
> Benvido Ivan!
> 
> En 08/11/2012 0:20, Iván del Rio Paderne escribiu:
> > Eu, chámome Iván.
> > 
> > Contactei convosco mediante o espazo en liña de trasno e, seguindo os
> > aconsellamentos de Miguel, preséntome:
> > Son un rapaz de 21 anos de Ordes e estou estudando Enxeñaría Informática
> > na USC.
> > Tamén son membro, pouco activo, da asociación Inestable Linux e usuario
> > habitual de Ubuntu.
> > 
> > O motivo polo que vos escribo é o seguinte:
> > Como galego, educado en galego, sempre tiven un interese especial pola
> > nosa lingua e, en xeral, por toda a cultura galega.
> > Participo habitualmente en xornadas e actos relacionados co galego,
> > xeralmente promovidos polos comités estudiantís ou por asociacións a
> > prol da defensa da lingua, e levo varios anos escribindo un libro
> > propio. (suposto a non ser rematado nunca hahaha)
> > 
> > Que quero dicir con isto? Resumo.
> > 
> > - Dani (membro de Inestable e amigo meu): Eh, Iván, que andas facendo?
> > - Iván: Estou botando unha man coa traducción desta web ó galego.
> > - Dani: Imaxinábamo. Sempre andas con algunha historia desas. Deberías
> > contactar con trasno e axudar a traducir, é o teu.
> > - Iván: Iso está feito.
> > 
> > Miguel explicoume as cuestións máis básicas sobre o funcionamento de
> > trasno e tamén me pasou uns enlaces sobre Introdución á tradución e
> > algunha información que xa coñecía sobre os localismos.
> > 
> > Eu, persoalmente, ofrézome pra axudar e colaborar como vexades convinte,
> > tanto na tarefa principal de trasno, como en calqueira outra relacionada
> > coa tradución ó galego.
> > No ámbito da Enxeñaría Informática, considero que por agora non estou o
> > suficientemente preparado nin posúo os coñecementos suficientes como pra
> > facer labores de mantemento web ou similar mais penso que no que á
> > propia tradución se refire, non tería ningún tipo de problema ou
> > complicación.
> > 
> > Con todo, estou á espera de que me orientedes un pouco máis e me digades
> > aquelas cousas nas que precisedes máis axuda pra comezar a 'traballar'
> > canto antes. xd
> > 
> > PD: É posible que cheguedes a ler algún artigo, texto, ou mesmo algún
> > correo meu en portugués. Non vos asustedes. Soamente é que estou
> > aprendendo a lingua portuguesa, coa práctica. xd
> > 
> > Un saúdo pra todxs e, como dixen antes, eu chámome Iván.
> > 
> > 
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a