> A licenza CC:BY-NC impide que un proxecto coma este poida elaborar traballos > derivados (mellorar e ampliar o traballo feito) sen incumprir os nosos > propios principios.
Por que? Acabo de ler http://creativecommons.org/licenses/by-nc/2.0/legalcode, e na terceira clausula, apartado b lese: « 3. License Grant. Subject to the terms and conditions of this License, Licensor hereby grants You a [...] license to exercise the rights in the Work as stated below: [...] b. to create and reproduce Derivative Works; [...] » e na cuarta clausula, apartado b lese: « 4. Restrictions.The license granted in Section 3 above is expressly made subject to and limited by the following restrictions: [...] You may not exercise any of the rights granted to You in Section 3 above in any manner that is primarily intended for or directed toward commercial advantage or private monetary compensation. [...] .» mentres que no 4.c indícase no que nos traballos derivados debe acreditarse dun xeito razoábel a autoría e copyright do traballo orixinal. Deste xeito, eu entendo que: a) O ficheiro tbx publicado pola usc, así como o pdf poden ser usados polo PT así como polos socios e demais trasnegos. b) O PT pode crear traballos derivados desde da usc, condicionado a que se faiga referencia a este glosario, aos seus autores etc, mentres non sexa un traballo destinado a ser comercializado. c) O traballo derivado realizado polo PT pode usarse con fin comerciais, entendido como o uso dun glosario auxiliar dun proceso de tradución "mercantil". d) quero entender que a intención do uso da clausula NC é para evitar que algunha editorial colla o pdf e saque unha tirada, ou que colla o tbx, faiga catro polladas sobre del e o saque cun ISBN. na parrafada anterior PT pode entendese tanto Proxecto Trasno como Paulo Teimudo. Estou errado? _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto