> E sempre que respecten a licenza, cal sería o problema? Que ou non cobran polos exemplares impresos, ou cobran unha cantidade simbólica que evidencie a falta de intención lucrativa, ou se poden meter nun problema nos xulgados que como mínimo había darlles sona da que ninguén quer durante dous ou tres anos. E gastos. Ningunha das alternativas moi interesantes
> Por que non usar tamén a ND para evitar que alguén faga un traballo derivado > sen o noso permiso que, pola súa de pouca calidade, deixe en mal lugar o > noso traballo orixinal? Por que non reservarnos todos os dereitos para > evitar que unha organización que vai en contra dos nosos principios publique > edicións gratuítas impresas e en pdf, cos seus logos, para facerse > propaganda? Por que non incluír unha cláusula para restrinxir o uso do .tbx > para fins militares (nunca se sabe!)? Sinxelo. Porque non é boa política meterse tiros nos pés. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

