O Venres, 22 de Marzo de 2013 12:02:59 mvillarino escribiu:
> d) quero entender que a intención do uso da clausula NC é para evitar
> que algunha editorial colla o pdf e saque unha tirada, ou que colla o
> tbx, faiga catro polladas sobre del e o saque cun ISBN.

E sempre que respecten a licenza, cal sería o problema?

Por que non usar tamén a ND para evitar que alguén faga un traballo derivado 
sen o noso permiso que, pola súa de pouca calidade, deixe en mal lugar o noso 
traballo orixinal? Por que non reservarnos todos os dereitos para evitar que 
unha organización que vai en contra dos nosos principios publique edicións 
gratuítas impresas e en pdf, cos seus logos, para facerse propaganda? Por que 
non incluír unha cláusula para restrinxir o uso do .tbx para fins militares 
(nunca se sabe!)?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a