Ola,

Quería saber se tedes algunha forma máis ou menos estandarizada para o
símbolo # (number sign ou hash en
inglés)<http://en.wikipedia.org/wiki/Number_sign> e para a tecla en que
aparece en teclados de computador e de teléfono.

Polo que puiden atopar por aí:
- o Termigal recomenda "díese" (e "tecla díese") ou "cancelo" (e "tecla
cancelo")
- no SNL recomendamos "pulsador cadrado" (pero a tal recomendación figura
nunha páxina antiga e agora mesmo non sei nin quén a propuxo nin en que
argumentos se baseou para facelo).

Por outra parte, a escolla de "díese" é conflitiva porque esa mesma
denominación serve para un símbolo Unicode distinto, propio do ámbito
musical (U+0023). Teriamos entón o mesmo nome para dous símbolos diferentes,
cos problemas de ambigüidade que de aí se derivan.

Resumindo: tedes resolto a nivel interno este problema?

Graciñas

Xusto 

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a