Ola, graciñas polas respostas.

Ao mellor non estaba mal que valorásedes a posibilidade de engadir "cancelo" 
como outra das denominacións galegas do #. Neste momento é a que recomendan en 
Termigal (telefonicamente, claro, as novas tecnoloxías non van con eles), e ten 
tamén algún uso na Galipedia 
(http://gl.wikipedia.org/wiki/Etiqueta_%28inform%C3%A1tica%29)

Un saúdo

Xusto 

-----Mensaxe orixinal-----
De: Antón Méixome [mailto:cert...@certima.net] 
Enviado: luns, 29 de abril de 2013 17:15
Para: Trasno - Lista
Asunto: Re: Terminoloxía: "hash key"

2013/4/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>
>
> 2013/4/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>
>> 2013/4/29 Xusto Rodriguez Rio <xusto.rodrig...@usc.es>:
>> > Ola,
>> >
>> > Quería saber se tedes algunha forma máis ou menos estandarizada 
>> > para o símbolo # (number sign ou hash en 
>> > inglés)<http://en.wikipedia.org/wiki/Number_sign> e para a tecla en 
>> > que aparece en teclados de computador e de teléfono.
>> >
>> > Polo que puiden atopar por aí:
>> > - o Termigal recomenda "díese" (e "tecla díese") ou "cancelo" (e 
>> > "tecla
>> > cancelo")
>> > - no SNL recomendamos "pulsador cadrado" (pero a tal recomendación 
>> > figura nunha páxina antiga e agora mesmo non sei nin quén a propuxo 
>> > nin en que argumentos se baseou para facelo).
>> >
>> > Por outra parte, a escolla de "díese" é conflitiva porque esa mesma 
>> > denominación serve para un símbolo Unicode distinto, propio do 
>> > ámbito musical (U+0023). Teriamos entón o mesmo nome para dous 
>> > símbolos diferentes, cos problemas de ambigüidade que de aí se 
>> > derivan.
>> >
>> > Resumindo: tedes resolto a nivel interno este problema?
>>
>> Non.
>>
>> A nivel persoal teño escoitado chamarlle de distintos xeitos:
>> «número», «almohadilla»,...
>>
>> Se consultas no Trobador poderás ver que normalmente se deixa sen 
>> traducir, aínda que algunhas veces se traduce («almohadilla»).
>>
>> Non é que no Trobador estean moitas das memorias que hai en 
>> http://www.trasno.net/trasno:memorias pero algo é algo. Habemos ter 
>> que ver de incorporar esas memorias, aínda que é un traballo pesado 
>> xa que hai que facelo unha a unha e creando antes os proxectos 
>> correspondentes.
>>
>> Por outra banda o Trobador non facilita filtrar os termos. Algo 
>> haberá que facer nese campo, pero non dispoño de excesivo tempo nin 
>> Trobador permite aínda devolver todos os resultados dunha busca de golpe.
>>
>> Unha opción para o de filtrar os termos sería intentar crear un 
>> script de busca, aínda que non me convence especialmente esta 
>> solución. Tamén requiriría tempo. Polo de agora pódese empregar grep, 
>> o que indica que hai máis de 650 aparicións de "hash" nos ficheiros 
>> TMX (o que seguramente inclúa tamén traducións).
>>
>>
>> Deica
>
>
> 7. grid
> ?grade, grella, reixa, cuadrícula > recoméndase grade... sen 
> considerar grella como incorrecto.
>
> cando me fixo falta eu empreguei, segundo o caso... «[símbolo de] 
> numeral» ou «grade»
>
> nos casos típicos: Screen #1 → Pantalla núm. 1
>
> Se non estou trabucado isto foi falado nos fíos e o apunte inicial 
> corresponde a un resumo (correo da lista xeral) dunha trasnada feito 
> por Méixome o 17/10/10 co asunto: Verbas caristiosas tratadas
>
>>

Efectivamente
http://listas.trasno.net/pipermail/proxecto/2010-October/001062.html

Creo lembrar que o recollín todo aquí

http://wiki.trasno.net/Nomes_de_signos_tipogr%C3%A1ficos_e_ortogr%C3%A1ficos

De todas maneiras, ao desaparecer o Glósima como plataforma para recoller o 
debate terminolóxico, creo que é urxente que se poña ao día o Terminator con 
todo o que alí había e o que hai de novo.

Fai falta, entre outras cousas porque agora tameń desapereceu o que había aquí 
http://corpus.mancomun.org

P.S
Se alguén me recorda como c!#$ se fai para que nas ligazóns do wiki apareza en 
cristiano, agradézollo



>> > Graciñas
>> >
>> > Xusto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org 
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» 
> http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net 
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a