2013/4/29 Leandro Regueiro <[email protected]> > 2013/4/29 Xusto Rodriguez Rio <[email protected]>: > > Ola, > > > > Quería saber se tedes algunha forma máis ou menos estandarizada para o > > símbolo # (number sign ou hash en > > inglés)<http://en.wikipedia.org/wiki/Number_sign> e para a tecla en que > > aparece en teclados de computador e de teléfono. > > > > Polo que puiden atopar por aí: > > - o Termigal recomenda "díese" (e "tecla díese") ou "cancelo" (e "tecla > > cancelo") > > - no SNL recomendamos "pulsador cadrado" (pero a tal recomendación figura > > nunha páxina antiga e agora mesmo non sei nin quén a propuxo nin en que > > argumentos se baseou para facelo). > > > > Por outra parte, a escolla de "díese" é conflitiva porque esa mesma > > denominación serve para un símbolo Unicode distinto, propio do ámbito > > musical (U+0023). Teriamos entón o mesmo nome para dous símbolos > diferentes, > > cos problemas de ambigüidade que de aí se derivan. > > > > Resumindo: tedes resolto a nivel interno este problema? > > Non. > > A nivel persoal teño escoitado chamarlle de distintos xeitos: > «número», «almohadilla»,... > > Se consultas no Trobador poderás ver que normalmente se deixa sen > traducir, aínda que algunhas veces se traduce («almohadilla»). > > Non é que no Trobador estean moitas das memorias que hai en > http://www.trasno.net/trasno:memorias pero algo é algo. Habemos ter > que ver de incorporar esas memorias, aínda que é un traballo pesado xa > que hai que facelo unha a unha e creando antes os proxectos > correspondentes. > > Por outra banda o Trobador non facilita filtrar os termos. Algo haberá > que facer nese campo, pero non dispoño de excesivo tempo nin Trobador > permite aínda devolver todos os resultados dunha busca de golpe. > > Unha opción para o de filtrar os termos sería intentar crear un script > de busca, aínda que non me convence especialmente esta solución. Tamén > requiriría tempo. Polo de agora pódese empregar grep, o que indica que > hai máis de 650 aparicións de "hash" nos ficheiros TMX (o que > seguramente inclúa tamén traducións). > > > Deica >
7. grid ?grade, grella, reixa, cuadrícula > recoméndase grade... sen considerar grella como incorrecto. cando me fixo falta eu empreguei, segundo o caso... «[símbolo de] numeral» ou «grade» nos casos típicos: Screen #1 → Pantalla núm. 1 Se non estou trabucado isto foi falado nos fíos e o apunte inicial corresponde a un resumo (correo da lista xeral) dunha trasnada feito por Méixome o 17/10/10 co asunto: Verbas caristiosas tratadas > > Graciñas > > > > Xusto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > -- Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

