2013/4/29 Xusto Rodriguez Rio <[email protected]>: > Ola, > > Quería saber se tedes algunha forma máis ou menos estandarizada para o > símbolo # (number sign ou hash en > inglés)<http://en.wikipedia.org/wiki/Number_sign> e para a tecla en que > aparece en teclados de computador e de teléfono. > > Polo que puiden atopar por aí: > - o Termigal recomenda "díese" (e "tecla díese") ou "cancelo" (e "tecla > cancelo") > - no SNL recomendamos "pulsador cadrado" (pero a tal recomendación figura > nunha páxina antiga e agora mesmo non sei nin quén a propuxo nin en que > argumentos se baseou para facelo). > > Por outra parte, a escolla de "díese" é conflitiva porque esa mesma > denominación serve para un símbolo Unicode distinto, propio do ámbito > musical (U+0023). Teriamos entón o mesmo nome para dous símbolos diferentes, > cos problemas de ambigüidade que de aí se derivan. > > Resumindo: tedes resolto a nivel interno este problema?
Non. A nivel persoal teño escoitado chamarlle de distintos xeitos: «número», «almohadilla»,... Se consultas no Trobador poderás ver que normalmente se deixa sen traducir, aínda que algunhas veces se traduce («almohadilla»). Non é que no Trobador estean moitas das memorias que hai en http://www.trasno.net/trasno:memorias pero algo é algo. Habemos ter que ver de incorporar esas memorias, aínda que é un traballo pesado xa que hai que facelo unha a unha e creando antes os proxectos correspondentes. Por outra banda o Trobador non facilita filtrar os termos. Algo haberá que facer nese campo, pero non dispoño de excesivo tempo nin Trobador permite aínda devolver todos os resultados dunha busca de golpe. Unha opción para o de filtrar os termos sería intentar crear un script de busca, aínda que non me convence especialmente esta solución. Tamén requiriría tempo. Polo de agora pódese empregar grep, o que indica que hai máis de 650 aparicións de "hash" nos ficheiros TMX (o que seguramente inclúa tamén traducións). Deica > Graciñas > > Xusto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

