+1 a «buscar <o que se busca>»

2016-01-12 21:00 GMT+01:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:

> O 11 xaneiro 2016 21:31, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
> > O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome <cert...@certima.net> escribiu:
> >> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está
> >> recollido no DRAG temos o tema do verbo.
> >>
> >> Por exemplo: scan WI-FI  que se traduce como ...
> >>
> >> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en
> inglés:
> >>
> >> escanear
> >>  verbo transitivo
> >>  Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e
> >> gárdaas no disquete.
> >>
> >> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería
> >> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar"
> >> por exemplo no caso de redes.
> >>
> >> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como
> >> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de
> >> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar
> >> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é
> >> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar.
> >>
> >> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai
> >> un radar, un varrido de radar.
> >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar
> >
> >
> > Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal
> > valor non estea recollido pola RAG
> >
> > <string name="stop_scan" msgid="527546916633745779">"Deter
> escaneo"</string>
> > En
> >
> >
> https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml
>
> Ola,
> Eu diría «buscar redes sen fíos». Non vexo que «varrer» teña ningún
> significado parecido e «buscar» vale perfectamente. Tamén podería
> empregarse «rastrexar». «Analizar» xa ten outro significado totalmente
> diferente no referido á análise dos paquetes e esas cousas. «Explorar»
> tampouco me convence xa que parece que non me parece que teña a
> connotación de buscar algo que a priori non coñeces, senón máis ben
> investigar algo do que descoñeces cousas pero do que xa coñeces a súa
> existencia.
>
>
> Deica
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a