O 11 xaneiro 2016 21:31, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: > O 11 xaneiro 2016 21:03, Antón Méixome <[email protected]> escribiu: >> Ademais do valor obvio como substantivo "escáner" que xa está >> recollido no DRAG temos o tema do verbo. >> >> Por exemplo: scan WI-FI que se traduce como ... >> >> A RAG non parece informada disto e non permite o uso que se lle dá en inglés: >> >> escanear >> verbo transitivo >> Tratar [un texto, unha imaxe] cun escáner. Escanea estas páxinas e >> gárdaas no disquete. >> >> O máis aproximado ao recoñecido pola RAG sería "explorar", que podería >> valer. En castelán, ademais de escanear tamén se utiliza "analizar" >> por exemplo no caso de redes. >> >> A min convénceme máis dicir "varrer/varrido" tanto para redes como >> para aos demais usos, salvo os médicos onde explorar, co sentido de >> realizar un estudo, xa é un termo propio formal. Para min que analizar >> supón que obtes unha descrición do obxecto, mentres que con varrer é >> máis xenérico e indica só "iluminar" obxectos ao pasar. >> >> Por exemplo scan wifi = varrer/varrido wifi co mesmo sentido que o fai >> un radar, un varrido de radar. >> http://academia.gal/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=radar > > > Acabo de atopar que en android, o tradutor non se cortou con que tal > valor non estea recollido pola RAG > > <string name="stop_scan" msgid="527546916633745779">"Deter escaneo"</string> > En > > https://android.googlesource.com/platform/packages/apps/Settings/+/lollipop-release/tests/res/values-gl-rES/strings.xml
Ola, Eu diría «buscar redes sen fíos». Non vexo que «varrer» teña ningún significado parecido e «buscar» vale perfectamente. Tamén podería empregarse «rastrexar». «Analizar» xa ten outro significado totalmente diferente no referido á análise dos paquetes e esas cousas. «Explorar» tampouco me convence xa que parece que non me parece que teña a connotación de buscar algo que a priori non coñeces, senón máis ben investigar algo do que descoñeces cousas pero do que xa coñeces a súa existencia. Deica _______________________________________________ proxecto mailing list [email protected] http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

