Re: [KDE][XFCE]

2008-06-04 Conversa Felipe Gil Castiñeira
[...]
  Pode alguén explicar basicamente que é isto da Rosetta e o
 Launchpad, por que aparece no contorno de tradución un enlace a canonical,
 por que tardan tanto en actualizar as traducións? Xa sei que todo cristo
 anda enleado, pero tampouco corre apuro.
[...]

Cóntoche: polo que vexo, Blueman utiliza Launchpad como ferramenta
oficial de tradución e polo tanto as traducións feitas na ferramenta web
xa pasan directamente ao programa (nese sentido non é preciso que mandes
o .po, xa que a túa tradución xa debería estar incluída na versión oficial).

Launchpad Translations (que antes se chamaba Rosetta) é a ferramenta
web que creou Canonical para traducir Ubuntu, pero tamén está dispoñible
para que calquera proxecto a utilice para as súas traducións (é o caso
de Blueman).

O tema da actualización das traducións depende dos desenvolvedores de
Blueman. Supoño que periodicamente incluirán as traducións nas versións
que poñen dispoñibles para a súa descarga: o retardo débese ao período
co que realizan esta integración.

Saúdos!
Felipe.

Re: [KDE][XFCE]

2008-06-04 Conversa Miguel Solla
Grazas de novo, Felipe, e desculpas por non fixarme ao responder

Eu podería botarlle un ollo á terminoloxía, o que pasa é que non acabo de
entender (no tocante á fiabilidade para contextos novos) isto de traducir
terminoloxía sen contexto (entendo que é máis real a terminoloxía que se
extrae de corpora ou de usos, o que non sei é de onde procede a que está
dispoñible en pootle).
Propoño, como metodoloxía, facer unha revisión no meu pootle local e despois
compartir o .po nesta lista para debater e establecer acordos antes de
publicala.
Tamén pensara en revisar a versión galega da interface de pootle: non falo
agora de terminoloxía, senón de revisión ortográfica (sair - saír) e
interferencias lingüísticas (adxunto - anexo).

2008/6/4 Felipe Gil Castiñeira felipe...@gmail.com:

 Ola de novo Miguel,

 Hai un tempo comentei este asunto no IRC de Pootle, e Friedel (un dos
 desenvolvedores principais) recomendoume que non se traducise a
 documentación porque agora mesmo non está actualizada e vai sufrir
 cambios importantes (de feito podes comprobar que non está activada a
 tradución da documentación para o galego). Pola contra, insistiu en que
 se traducise a terminoloxía [1], xa que se usa para facer suxestións
 durante as traducións doutras aplicacións.

 Tamén está habilitada en Pootle a tradución ao galego do Freemind, do
 TuxGuitar e o Art_of_Illusion, dentro do proxecto Decathlon [2].

 Un saúdo!
Felipe.

 [1] http://pootle.locamotion.org/gl/terminology
 [2] http://translate.sourceforge.net/wiki/decathlon/mainpage

 P.S.: Copio o correo á lista de Trasno, xa que me dá a impresión de que
 antes me mandaches só a min a resposta por erro.

 Miguel Solla wrote:
  Moitas grazas, Felipe
  Outra preguntiña,
  como veriades que se traducise ao galego a documentación do translate
  toolkit e do pootle que hai no seu sitio web?
  Dígoo polas recomendacións de Juan Rafael e porque se, finalmente,
  mancomún adopta esta plataforma, sería compatible coas instalacións
  locais de tradutores.
  Pensades que é unha perda de tempo porque quen queira documentarse
  pode facelo en inglés ou que paga a pena?
 
  2008/6/3 Felipe Gil Castiñeira felipe...@gmail.com
  mailto:felipe...@gmail.com:
 
  [...]
Pode alguén explicar basicamente que é isto da Rosetta e o
   Launchpad, por que aparece no contorno de tradución un enlace a
  canonical,
   por que tardan tanto en actualizar as traducións? Xa sei que
  todo cristo
   anda enleado, pero tampouco corre apuro.
  [...]
 
  Cóntoche: polo que vexo, Blueman utiliza Launchpad como ferramenta
  oficial de tradución e polo tanto as traducións feitas na
  ferramenta web
  xa pasan directamente ao programa (nese sentido non é preciso que
  mandes
  o .po, xa que a túa tradución xa debería estar incluída na versión
  oficial).
 
  Launchpad Translations (que antes se chamaba Rosetta) é a
 ferramenta
  web que creou Canonical para traducir Ubuntu, pero tamén está
  dispoñible
  para que calquera proxecto a utilice para as súas traducións (é o
 caso
  de Blueman).
 
  O tema da actualización das traducións depende dos desenvolvedores de
  Blueman. Supoño que periodicamente incluirán as traducións nas
  versións
  que poñen dispoñibles para a súa descarga: o retardo débese ao
 período
  co que realizan esta integración.
 
  Saúdos!
 Felipe.
 
Re: [KDE][XFCE]

2008-06-04 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/4 Miguel Solla brado...@gmail.com:
 Grazas de novo, Felipe, e desculpas por non fixarme ao responder

 Eu podería botarlle un ollo á terminoloxía, o que pasa é que non acabo de
 entender (no tocante á fiabilidade para contextos novos) isto de traducir
 terminoloxía sen contexto (entendo que é máis real a terminoloxía que se
 extrae de corpora ou de usos, o que non sei é de onde procede a que está
 dispoñible en pootle).
 Propoño, como metodoloxía, facer unha revisión no meu pootle local e despois
 compartir o .po nesta lista para debater e establecer acordos antes de
 publicala.
 Tamén pensara en revisar a versión galega da interface de pootle: non falo
 agora de terminoloxía, senón de revisión ortográfica (sair - saír) e
 interferencias lingüísticas (adxunto - anexo).

Penso que iso estaría ben, tanto a revisión da tradución, coma a
tradución da documentación. Estou de acordo contigo en que a
terminoloxía precisa un contexto, a non ser que sempre se traduza
igual e sexa unha palabra na que os tradutores meten seguido a zoca.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: [KDE][XFCE]

2008-06-04 Conversa mvillarino
--Taparei o nariz para continuar neste fío, non por ter superado o meu
límite psicolóxico de profundidade (6), senón por ter derivado a
cousas que non teñen noita relación do asusto inicial, Deus bendiga á
RFC 1855--

Freemind está no proxecto Decathon, segundo leo. Non era que Freemind
estaba a ser/fora traducida por mancomún?

2008/6/4, Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 2008/6/4 Miguel Solla brado...@gmail.com:
 Grazas de novo, Felipe, e desculpas por non fixarme ao responder

 Eu podería botarlle un ollo á terminoloxía, o que pasa é que non acabo de
 entender (no tocante á fiabilidade para contextos novos) isto de traducir
 terminoloxía sen contexto (entendo que é máis real a terminoloxía que se
 extrae de corpora ou de usos, o que non sei é de onde procede a que está
 dispoñible en pootle).
 Propoño, como metodoloxía, facer unha revisión no meu pootle local e
 despois
 compartir o .po nesta lista para debater e establecer acordos antes de
 publicala.
 Tamén pensara en revisar a versión galega da interface de pootle: non falo
 agora de terminoloxía, senón de revisión ortográfica (sair - saír) e
 interferencias lingüísticas (adxunto - anexo).

 Penso que iso estaría ben, tanto a revisión da tradución, coma a
 tradución da documentación. Estou de acordo contigo en que a
 terminoloxía precisa un contexto, a non ser que sempre se traduza
 igual e sexa unha palabra na que os tradutores meten seguido a zoca.

 Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: [KDE][XFCE]

2008-06-04 Conversa Felipe Gil Castiñeira
Miguel Solla wrote:
 Grazas de novo, Felipe, e desculpas por non fixarme ao responder

 Eu podería botarlle un ollo á terminoloxía, o que pasa é que non acabo
 de entender (no tocante á fiabilidade para contextos novos) isto de
 traducir terminoloxía sen contexto (entendo que é máis real a
 terminoloxía que se extrae de corpora ou de usos, o que non sei é de
 onde procede a que está dispoñible en pootle).
 Propoño, como metodoloxía, facer unha revisión no meu pootle local e
 despois compartir o .po nesta lista para debater e establecer acordos
 antes de publicala.
 Tamén pensara en revisar a versión galega da interface de pootle: non
 falo agora de terminoloxía, senón de revisión ortográfica (sair -
 saír) e interferencias lingüísticas (adxunto - anexo).

Glups... creo que o que metera a zoca no Pootle fora eu: acáboo de
cambiar, pero estaría ben esa revisión para eliminar os erros restantes
(que seguro que os hai).

Respecto á terminoloxía, en vez de usar un só termo na tradución,
poderíanse poñer todos aqueles que se adapten aos diferentes contextos
(incluso poñendo entre paréntese o contexto). Non sei se vos fixástedes,
pero Pootle mostra os termos da terminoloxía no lateral dereito durante
a tradución dunha cadea (característica que persoalmente me parece moi
útil).

Un saúdo.

Si, é moi útil. A ver se cando teña tempo consigo instalar por fin o
Pootle e fago un tema decente. Supoño que un dos obxectivos dos
desenvolvedores será ter soporte para temas...

Respecto do Freemind, en principio no Decathlon non metian proxectos a
traducir se xa existia un proxecto de tradución activo, como pasou co
Tuxpaint, que non meteron porque eu xa o estaba traducindo pola miña
conta.

Ata logo,
 Leandro Regueiro