Grazas de novo, Felipe, e desculpas por non fixarme ao responder Eu podería botarlle un ollo á terminoloxía, o que pasa é que non acabo de entender (no tocante á fiabilidade para contextos novos) isto de traducir terminoloxía sen contexto (entendo que é máis real a terminoloxía que se extrae de corpora ou de usos, o que non sei é de onde procede a que está dispoñible en pootle). Propoño, como metodoloxía, facer unha revisión no meu pootle local e despois compartir o .po nesta lista para debater e establecer acordos antes de publicala. Tamén pensara en revisar a versión galega da interface de pootle: non falo agora de terminoloxía, senón de revisión ortográfica (sair -> saír) e interferencias lingüísticas (adxunto -> anexo).
2008/6/4 Felipe Gil Castiñeira <[email protected]>: > Ola de novo Miguel, > > Hai un tempo comentei este asunto no IRC de Pootle, e Friedel (un dos > desenvolvedores principais) recomendoume que non se traducise a > documentación porque agora mesmo non está actualizada e vai sufrir > cambios importantes (de feito podes comprobar que non está activada a > tradución da documentación para o galego). Pola contra, insistiu en que > se traducise a terminoloxía [1], xa que se usa para facer suxestións > durante as traducións doutras aplicacións. > > Tamén está habilitada en Pootle a tradución ao galego do Freemind, do > TuxGuitar e o Art_of_Illusion, dentro do proxecto Decathlon [2]. > > Un saúdo! > Felipe. > > [1] http://pootle.locamotion.org/gl/terminology > [2] http://translate.sourceforge.net/wiki/decathlon/mainpage > > P.S.: Copio o correo á lista de Trasno, xa que me dá a impresión de que > antes me mandaches só a min a resposta por erro. > > > Miguel Solla wrote: > > Moitas grazas, Felipe > > Outra preguntiña, > > como veriades que se traducise ao galego a documentación do translate > > toolkit e do pootle que hai no seu sitio web? > > Dígoo polas recomendacións de Juan Rafael e porque se, finalmente, > > mancomún adopta esta plataforma, sería compatible coas instalacións > > locais de tradutores. > > Pensades que é unha perda de tempo porque quen queira documentarse > > pode facelo en inglés ou que paga a pena? > > > > 2008/6/3 Felipe Gil Castiñeira <[email protected] > > <mailto:[email protected]>>: > > > > [...] > > >> Pode alguén explicar basicamente que é isto da Rosetta e o > > >> Launchpad, por que aparece no contorno de tradución un enlace a > > canonical, > > >> por que tardan tanto en actualizar as traducións? Xa sei que > > todo cristo > > >> anda enleado, pero tampouco corre apuro. > > [...] > > > > Cóntoche: polo que vexo, Blueman utiliza Launchpad como ferramenta > > oficial de tradución e polo tanto as traducións feitas na > > ferramenta web > > xa pasan directamente ao programa (nese sentido non é preciso que > > mandes > > o .po, xa que a túa tradución xa debería estar incluída na versión > > oficial). > > > > "Launchpad Translations" (que antes se chamaba Rosetta) é a > ferramenta > > web que creou Canonical para traducir Ubuntu, pero tamén está > > dispoñible > > para que calquera proxecto a utilice para as súas traducións (é o > caso > > de Blueman). > > > > O tema da actualización das traducións depende dos desenvolvedores de > > Blueman. Supoño que periodicamente incluirán as traducións nas > > versións > > que poñen dispoñibles para a súa descarga: o retardo débese ao > período > > co que realizan esta integración. > > > > Saúdos! > > Felipe. > > > > > >

