--Taparei o nariz para continuar neste fío, non por ter superado o meu límite psicolóxico de profundidade (6), senón por ter derivado a cousas que non teñen noita relación do asusto inicial, Deus bendiga á RFC 1855--
Freemind está no proxecto Decathon, segundo leo. Non era que Freemind estaba a ser/fora traducida por mancomún? 2008/6/4, Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2008/6/4 Miguel Solla <[email protected]>: >> Grazas de novo, Felipe, e desculpas por non fixarme ao responder >> >> Eu podería botarlle un ollo á terminoloxía, o que pasa é que non acabo de >> entender (no tocante á fiabilidade para contextos novos) isto de traducir >> terminoloxía sen contexto (entendo que é máis real a terminoloxía que se >> extrae de corpora ou de usos, o que non sei é de onde procede a que está >> dispoñible en pootle). >> Propoño, como metodoloxía, facer unha revisión no meu pootle local e >> despois >> compartir o .po nesta lista para debater e establecer acordos antes de >> publicala. >> Tamén pensara en revisar a versión galega da interface de pootle: non falo >> agora de terminoloxía, senón de revisión ortográfica (sair -> saír) e >> interferencias lingüísticas (adxunto -> anexo). > > Penso que iso estaría ben, tanto a revisión da tradución, coma a > tradución da documentación. Estou de acordo contigo en que a > terminoloxía precisa un contexto, a non ser que sempre se traduza > igual e sexa unha palabra na que os tradutores meten seguido a zoca. > > Ata logo, > Leandro Regueiro >

