2008/6/4 Felipe Gil Castiñeira <felipe...@gmail.com>:
> Miguel Solla wrote:
>> Grazas de novo, Felipe, e desculpas por non fixarme ao responder
>>
>> Eu podería botarlle un ollo á terminoloxía, o que pasa é que non acabo
>> de entender (no tocante á fiabilidade para contextos novos) isto de
>> traducir terminoloxía sen contexto (entendo que é máis real a
>> terminoloxía que se extrae de corpora ou de usos, o que non sei é de
>> onde procede a que está dispoñible en pootle).
>> Propoño, como metodoloxía, facer unha revisión no meu pootle local e
>> despois compartir o .po nesta lista para debater e establecer acordos
>> antes de publicala.
>> Tamén pensara en revisar a versión galega da interface de pootle: non
>> falo agora de terminoloxía, senón de revisión ortográfica (sair ->
>> saír) e interferencias lingüísticas (adxunto -> anexo).
>>
>
> Glups... creo que o que metera a zoca no Pootle fora eu: acáboo de
> cambiar, pero estaría ben esa revisión para eliminar os erros restantes
> (que seguro que os hai).
>
> Respecto á terminoloxía, en vez de usar un só termo na "tradución",
> poderíanse poñer todos aqueles que se adapten aos diferentes contextos
> (incluso poñendo entre paréntese o contexto). Non sei se vos fixástedes,
> pero Pootle mostra os termos da terminoloxía no lateral dereito durante
> a tradución dunha cadea (característica que persoalmente me parece moi
> útil).

Si, é moi útil. A ver se cando teña tempo consigo instalar por fin o
Pootle e fago un tema decente. Supoño que un dos obxectivos dos
desenvolvedores será ter soporte para temas...

Respecto do Freemind, en principio no Decathlon non metian proxectos a
traducir se xa existia un proxecto de tradución activo, como pasou co
Tuxpaint, que non meteron porque eu xa o estaba traducindo pola miña
conta.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a