Miguel Solla wrote:
> Grazas de novo, Felipe, e desculpas por non fixarme ao responder
>
> Eu podería botarlle un ollo á terminoloxía, o que pasa é que non acabo
> de entender (no tocante á fiabilidade para contextos novos) isto de
> traducir terminoloxía sen contexto (entendo que é máis real a
> terminoloxía que se extrae de corpora ou de usos, o que non sei é de
> onde procede a que está dispoñible en pootle).
> Propoño, como metodoloxía, facer unha revisión no meu pootle local e
> despois compartir o .po nesta lista para debater e establecer acordos
> antes de publicala.
> Tamén pensara en revisar a versión galega da interface de pootle: non
> falo agora de terminoloxía, senón de revisión ortográfica (sair ->
> saír) e interferencias lingüísticas (adxunto -> anexo).
>

Glups... creo que o que metera a zoca no Pootle fora eu: acáboo de
cambiar, pero estaría ben esa revisión para eliminar os erros restantes
(que seguro que os hai).

Respecto á terminoloxía, en vez de usar un só termo na "tradución",
poderíanse poñer todos aqueles que se adapten aos diferentes contextos
(incluso poñendo entre paréntese o contexto). Non sei se vos fixástedes,
pero Pootle mostra os termos da terminoloxía no lateral dereito durante
a tradución dunha cadea (característica que persoalmente me parece moi
útil).

Un saúdo.
    Felipe.

Responderlle a