[...]
>>  Pode alguén explicar basicamente que é isto da Rosetta e o
>> Launchpad, por que aparece no contorno de tradución un enlace a canonical,
>> por que tardan tanto en actualizar as traducións? Xa sei que todo cristo
>> anda enleado, pero tampouco corre apuro.    
[...]

Cóntoche: polo que vexo, Blueman utiliza Launchpad como ferramenta
oficial de tradución e polo tanto as traducións feitas na ferramenta web
xa pasan directamente ao programa (nese sentido non é preciso que mandes
o .po, xa que a túa tradución xa debería estar incluída na versión oficial).

"Launchpad Translations" (que antes se chamaba Rosetta) é a ferramenta
web que creou Canonical para traducir Ubuntu, pero tamén está dispoñible
para que calquera proxecto a utilice para as súas traducións (é o caso
de Blueman).

O tema da actualización das traducións depende dos desenvolvedores de
Blueman. Supoño que periodicamente incluirán as traducións nas versións
que poñen dispoñibles para a súa descarga: o retardo débese ao período
co que realizan esta integración.

Saúdos!
    Felipe.

Responderlle a