2008/6/4 Miguel Solla <brado...@gmail.com>:
> Grazas de novo, Felipe, e desculpas por non fixarme ao responder
>
> Eu podería botarlle un ollo á terminoloxía, o que pasa é que non acabo de
> entender (no tocante á fiabilidade para contextos novos) isto de traducir
> terminoloxía sen contexto (entendo que é máis real a terminoloxía que se
> extrae de corpora ou de usos, o que non sei é de onde procede a que está
> dispoñible en pootle).
> Propoño, como metodoloxía, facer unha revisión no meu pootle local e despois
> compartir o .po nesta lista para debater e establecer acordos antes de
> publicala.
> Tamén pensara en revisar a versión galega da interface de pootle: non falo
> agora de terminoloxía, senón de revisión ortográfica (sair -> saír) e
> interferencias lingüísticas (adxunto -> anexo).

Penso que iso estaría ben, tanto a revisión da tradución, coma a
tradución da documentación. Estou de acordo contigo en que a
terminoloxía precisa un contexto, a non ser que sempre se traduza
igual e sexa unha palabra na que os tradutores meten seguido a zoca.

Ata logo,
               Leandro Regueiro

Responderlle a