Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2013-11-19 Conversa Leandro Regueiro
 2013/11/18 damufo dam...@gmail.com:

 En 17/11/2013 21:40, Leandro Regueiro escribiu:

 Ola,
 envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última
 Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles
 termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao
 glosario das Trasnadas.

 Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión,
 máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto
 tácitos como recollidos en glosarios anteriores.

 @marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha
 ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para
 facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology.

 Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos
 asistentes para que fagan o traballo de desbrozamento durante os
 próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala
 na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos
 aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta
 terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por
 varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois
 poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é:

 * Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...)
 * Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese,
 ...)

 Non entendo a lista encomendada, non tería que ser termos en inglés (para
 facer a proposta correspondente en galego?)

Van facer a lista de termos en inglés, van buscar os termos empregados
en galego para cada un, van buscar ou crear definicións en inglés e
quizais en galego, e se poden engadirán outra información relevante
como cales son castelanismos, cal prefiren, outros datos relevantes
para a discusión, etc.


 * Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools,
 window, options, preferences, ...)
 * Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra,
 panel, ...)

 O mesmo, non terían que ser termos en inglés para ver o correspondente en
 galego?

Mirar a resposta de enrriba.


 * Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles
 (basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel
 Bouzada)

 Habería que mirar o de password-clave (de acceso). O dicionario da RAG teno
 moi claro, polo que habería que contactar XA coa RAG para que ou o muden (se
 é que é un erro, tal como Antón sostén) ou senón temos que mudalo nós canto
 antes. Non pode ser que sigamos o RAG e volga para todo menos para isto que
 está claramente indicado no dicionario RAG.

Enviarase unha mensaxe, pero a veces responden e a veces non. Este
domingo envieilles tres ou catro mensaxes e respondéronme a tres.
Acabo de enviarlles a pregunta de novo a ver se hai sorte e responden.

Por certo, de aceptar isto tería que ser clave de acceso. clave non valería.

E para que quede claro, sigo sendo un full-supporter de contrasinal :)


 Agora a lista de terminoloxía discutida:


 * about to
 # a piques de (estilo)  (tradución moi asentada)
 # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia)

 * account
 # conta (tradución moi asentada)

 * add
 # engadir (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: adicionar
 # NON USAR: añadir
 # NON USAR: agregar

 * address (substantivo)
 # enderezo (tradución moi asentada)
 # NON USAR: dirección
 # NON USAR: direción
 # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous
 conceptos:
 + Enderezo dun recurso nunha rede.
 + Enderezo dunha posición na memoria.

 * align (verbo)
 # aliñar (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: alinear

 * “align center”
 # centrar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: aliñar no centro
 # NON USAR: aliñar ao centro
 # NON USAR: aliñar centralmente
 # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas
 (mirar arriba)

 * alignment/align (substantivo)
 # aliñamento (DRAG)
 # NON USAR: aliñación

 * allocate
 # asignar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocatar
 # NON USAR: alocar

 * allocation
 # asignación (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocación

 * appearance
 # aparencia (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: apariencia
 # NON USAR: aspecto

 * array
 # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada)
 # NON USAR: vector
 # NON USAR: array
 # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de
 máis.
 + Mirar
 https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/array.txt?root=terminoloxiasegview=markup

 * arrow
 # frecha (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: flecha

 * assign
 # asignar (tradución moi asentada)

 * assignment
 # asignación (tradución moi asentada)

 * attribute
 # atributo (tradución moi asentada)
 # NON USAR: característica

 * axis
 # eixe (preferida DRAG)
 # NON USAR: eixo

 * background
  

Re: Terminoloxía discutida na Trasnada 13.0

2013-11-19 Conversa Leandro Regueiro
2013/11/18 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 2013/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 2013/11/18 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 Algún problema coa terminoloxía?

 Tal vez con allocate e de certo con eixo, polo demais, pasado o
 apuro do SC 4.12, poreime con isto.

 Carallo! Parece que atinamos bastante coa escolla de termos sinxelos
 :) Agardaba que tiveras problemas con prohibir calcar ou algunha
 semellante.

 Home, tarasco son pero tanto

 Cal é o problema con allocate?

 Nalgún caso pode convir usar reservar; estou pensando en disco, non en ram.
 Pero en principio vale.

Non me desgusta reservar. E non pensara no do disco, aínda que para
min asignar valería.

Como hai controversia aquí, allocate e allocation quedan para a
seguinte Trasnada. A non ser que alguén se opoña.


 O de eixo é porque había que escoller unha das dúas, como se fixera
 para window. En todo caso eu non vexo problema, aínda que o resto da
 xente parecía contrariada porque o DRAG ía ao revés deles :) Pero se
 hai máis xente descontenta con eixe podemos deixar isto fóra, xa que
 a idea era chegar a un consenso rápido e darlle un empurrón á
 terminoloxía.

 Pois o problema que teño eu con eixe é que está en vías de ser un arcaísmo.

Pois logo axis queda para discutir na seguinte Trasnada.


Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Terminolox�a discutida na Trasnada 13.0

2013-11-19 Conversa damufo


En 19/11/2013 10:48, Leandro Regueiro escribiu:

2013/11/18 damufo dam...@gmail.com:

En 17/11/2013 21:40, Leandro Regueiro escribiu:

Ola,
envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última
Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles
termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao
glosario das Trasnadas.

Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión,
máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto
tácitos como recollidos en glosarios anteriores.

@marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha
ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para
facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology.

Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos
asistentes para que fagan o traballo de desbrozamento durante os
próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala
na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos
aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta
terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por
varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois
poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é:

* Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...)
* Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese,
...)

Non entendo a lista encomendada, non tería que ser termos en inglés (para
facer a proposta correspondente en galego?)

Van facer a lista de termos en inglés, van buscar os termos empregados
en galego para cada un, van buscar ou crear definicións en inglés e
quizais en galego, e se poden engadirán outra información relevante
como cales son castelanismos, cal prefiren, outros datos relevantes
para a discusión, etc.

Vale.





* Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools,
window, options, preferences, ...)
* Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra,
panel, ...)

O mesmo, non terían que ser termos en inglés para ver o correspondente en
galego?

Mirar a resposta de enrriba.
Outra cousa, na miña opinión penso que se tería que ter feito unha lista 
de termos a preparar poñela la rolda e que cada un fose pedindo, o que 
primeiro a pedise sería o que a prepararía así os demais trásnegos tamén 
poderían participar.






* Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles
(basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel
Bouzada)

Habería que mirar o de password-clave (de acceso). O dicionario da RAG teno
moi claro, polo que habería que contactar XA coa RAG para que ou o muden (se
é que é un erro, tal como Antón sostén) ou senón temos que mudalo nós canto
antes. Non pode ser que sigamos o RAG e volga para todo menos para isto que
está claramente indicado no dicionario RAG.

Enviarase unha mensaxe, pero a veces responden e a veces non. Este
domingo envieilles tres ou catro mensaxes e respondéronme a tres.
Acabo de enviarlles a pregunta de novo a ver se hai sorte e responden.

Por certo, de aceptar isto tería que ser clave de acceso. clave non valería.

E para que quede claro, sigo sendo un full-supporter de contrasinal :)
Pero se a RAG (mentres non se demostre o contrario) é CLARAMENTE 
full-supporter de clave de acceso por coherencia hai que usar esa e 
poñelo no glosario.

Lembro que con isto estase a romper a coherencia que trasno ben mantendo.





Agora a lista de terminoloxía discutida:


* about to
 # a piques de (estilo)  (tradución moi asentada)
 # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia)

* account
 # conta (tradución moi asentada)

* add
 # engadir (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: adicionar
 # NON USAR: añadir
 # NON USAR: agregar

* address (substantivo)
 # enderezo (tradución moi asentada)
 # NON USAR: dirección
 # NON USAR: direción
 # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous
conceptos:
 + Enderezo dun recurso nunha rede.
 + Enderezo dunha posición na memoria.

* align (verbo)
 # aliñar (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: alinear

* align center
 # centrar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: aliñar no centro
 # NON USAR: aliñar ao centro
 # NON USAR: aliñar centralmente
 # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas
(mirar arriba)

* alignment/align (substantivo)
 # aliñamento (DRAG)
 # NON USAR: aliñación

* allocate
 # asignar (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocatar
 # NON USAR: alocar

* allocation
 # asignación (tradución moi asentada)
 # NON USAR: alocación

* appearance
 # aparencia (DRAG, tradución moi asentada)
 # NON USAR: apariencia
 # NON USAR: aspecto

* array
 # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada)
 # NON USAR: vector
 # NON USAR: array
 # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo 

Re: [terminoloxia] stop - pause

2013-11-19 Conversa damufo


En 19/11/2013 0:05, Antón Méixome escribiu:

2013/11/18 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:

2013/11/18 Antón Méixome cert...@certima.net:

Sería aceptable?

Stop = Parar
Pause = Deter

stop: deter
pause: interromper?



O DRAG non vexo que me dea ningún matiz pero son claramente dúas
accións distintas e que estan en todos os trebellos

Eu emprego (xa que non hai ningún acordo):

«stop» = «deter»
«pause» = «pausar»


O que máis me sorprende é que se miras
http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=deter
case todas as súas acepcións inclúen como sinónimo «parar», pero na
páxina de «parar» non aparece ningunha desas acepcións. Por certo, as
acepcións que creo que se poden aplicar ao noso caso creo que están
todas na páxina de «deter» aínda que todas indican como sinónimo
«parar».


Precisamente ese é o problema.
Na lingua común o xogo dos sinónimos pode valer. Nunha linguaxe
técnica é un pesadelo. A solución, coma case sempre teremos que
buscala nós especializando as formas por iso  «pausar» non me parece
unha boa solución porque é un neoloxismo sen necesidade, aínda que se
usa xusto pola falta de precisión de «parar, deter» e ademais é un
calco do inglés.

Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo
que con bastante éxito como «retomar»

Outros matices a ter en conta: «cancel» como cancelar

Así que temos que determinar toda a familia semántica do control de
avance dunha reprodución

Iniciar - Deter - Parar - Retomar - Cancelar - Rematar

E o relacionado de xestión do elemento para a reprodución

Abrir - Pechar - Retirar - Engadir
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


RAG motu propio

2013-11-19 Conversa damufo

Boas:

Isto si que diría que é unha errata

http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=motu%20propiosinom=0homonimo=

só lle falta poñer diante o de!!

Ou iso o o galego si que vai a súa bola.

Deica.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


RAG motu propio

2013-11-19 Conversa damufo

Boas:

Ostras!! rectifico!! si que lle poñen o de non hai máis que ver o exemplo.
Non fas nada con obrigalo, iso teno que facer de motu propio.
Sen comentarios...


Isto si que diría que é unha errata

http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=motu%20propiosinom=0homonimo=

só lle falta poñer diante o de!!

Ou iso o o galego si que vai a súa bola.

Deica.


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Recén chegado ao grupo.

2013-11-19 Conversa Miguel Branco
Máis que benvido!

Especifica un pouco máis, como é iso da base de datos?. Entendo que non
falas de aplicacións para xestión de bases de datos senón que te refires a
traducir un proxecto calquera no que teñas cadeas orixinais e simplemente
precises cubrir a tradución, non é?.


2013/11/16 Cachaldora fuertescachald...@gmail.com

 Moi boas a tod@s.

 Veño de sumarme ao grupo de axuda de Trasno.

 Teño especial interese en poder incrementar a presenza da nosa língua no
 mundo informático.

 Por desgraza, non dispoño de moitos coñecementos neste eido. Malia todo, e
 tendo en conta os pulos que dades na vosa web, conto con que poida ter
 alguha utilidade.

 Non me importa se teño que esforzarme un chisco co inglés e coa
 informática; pero quixera saber se é posíbel traducir bases de datos. Isto
 é, se se me pode enviar un arquivo con sentenzas, verbas... en inglés, para
 traducir ao galego.

 Ben, agardo que non me desborde esta empresa e poida aportar a miña axuda.

 Apertas a tod@s.
 Trilino.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Android en galego

2013-11-19 Conversa Miguel Branco
Ola,

Hoxe tiven o pracer de escoitar a Iago, da plataforma polo android en
galego, relatando como é a iniciativa de reclamar a tradución.
Persoalmente, gustaríame que apoiásedes a iniciativa. xa que Android é unha
plataforma de código aberto. Na última trasnada falamos de apoiar o
proxecto de forma pública. Que opinades? De que xeito pensades que
poderiamos colaborar?

[ligazón] http://androidengalego.com/
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Recén chegado ao grupo.

2013-11-19 Conversa Antón Méixome
Ola Trilino,

Tamén che dou a benvida e interpreto da túa mensaxe de presentación o
que di Miguel Branco, que prefires comezar traducindo sobre unha
batería de frases almacenadas en vez de facelo manexando ficheiros.

Se é así entón o teu punto de inicio debería ser un sistema de
tradución en rede tipo Pootle, Transifex, Launchpad ou semellantes (se
non sabes o que son busca en Internet ou dínolo e guiámoste).

Confírmanos esta interpretación e podemos asignarche e tutorizarche
algunha das traducións que hai en marcha.

2013/11/19 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:
 Máis que benvido!

 Especifica un pouco máis, como é iso da base de datos?. Entendo que non
 falas de aplicacións para xestión de bases de datos senón que te refires a
 traducir un proxecto calquera no que teñas cadeas orixinais e simplemente
 precises cubrir a tradución, non é?.


 2013/11/16 Cachaldora fuertescachald...@gmail.com

 Moi boas a tod@s.

 Veño de sumarme ao grupo de axuda de Trasno.

 Teño especial interese en poder incrementar a presenza da nosa língua no
 mundo informático.

 Por desgraza, non dispoño de moitos coñecementos neste eido. Malia todo, e
 tendo en conta os pulos que dades na vosa web, conto con que poida ter
 alguha utilidade.

 Non me importa se teño que esforzarme un chisco co inglés e coa
 informática; pero quixera saber se é posíbel traducir bases de datos. Isto
 é, se se me pode enviar un arquivo con sentenzas, verbas... en inglés, para
 traducir ao galego.

 Ben, agardo que non me desborde esta empresa e poida aportar a miña axuda.

 Apertas a tod@s.
 Trilino.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


terminoloxía matemática

2013-11-19 Conversa Antón Méixome
Na Trasnada falamos tamén da conveniencia de adoptar unha
regularización dos nomes das funcións matemáticas para todo o software
relacionado, comezando por Calc pero seguindo por un montón de
software importante que habería que revisar ou traducir

Buscando fontes de referencia sobre o campo atopei que moi
recentemente hai unha iniciativa que nos pode vir pintada.

A Comisión de Normalización Lingüística da Fac. de Matemáticas acaba
de ter unhas Xornadas de léxico matemático pero non temos acceso a
ningún material nin conclusións. Tamén comunican a existencia de
recursos pero non se pode acceder a eles:

Entre estes medios contamos coa rolda de
léxico, o concurso de vídeos Explícoche
matemáticas 2.0 e a nova iniciativa sobre
Galipedia, que pode axudar a visualizar as
matemáticas en galego.


Alguén da lista podería saber algo máis sobre esta iniciativa da
Galipedia, que se é o que se intúe sería fenomenal?

Antón

P.S.
Aquí tamén un artigo fantástico de Carta Xeométrica
http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2012/11/a-utlidade-da-terminoloxia-matematica.html
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: terminoloxía matemática

2013-11-19 Conversa Leandro Regueiro
2013/11/19 Antón Méixome cert...@certima.net:
 Na Trasnada falamos tamén da conveniencia de adoptar unha
 regularización dos nomes das funcións matemáticas para todo o software
 relacionado, comezando por Calc pero seguindo por un montón de
 software importante que habería que revisar ou traducir

 Buscando fontes de referencia sobre o campo atopei que moi
 recentemente hai unha iniciativa que nos pode vir pintada.

 A Comisión de Normalización Lingüística da Fac. de Matemáticas acaba
 de ter unhas Xornadas de léxico matemático pero non temos acceso a
 ningún material nin conclusións. Tamén comunican a existencia de
 recursos pero non se pode acceder a eles:

 Entre estes medios contamos coa rolda de
 léxico, o concurso de vídeos Explícoche
 matemáticas 2.0 e a nova iniciativa sobre
 Galipedia, que pode axudar a visualizar as
 matemáticas en galego.


 Alguén da lista podería saber algo máis sobre esta iniciativa da
 Galipedia, que se é o que se intúe sería fenomenal?

Hai pouco vin por
http://www.usc.es/gl/servizos/snl/terminoloxia/andel-term_SNL.html
cousas relacionadas coas matemáticas.

Deica

 Antón

 P.S.
 Aquí tamén un artigo fantástico de Carta Xeométrica
 http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2012/11/a-utlidade-da-terminoloxia-matematica.html
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Android en galego

2013-11-19 Conversa Antón Méixome
2013/11/19 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:
 Ola,

 Hoxe tiven o pracer de escoitar a Iago, da plataforma polo android en
 galego, relatando como é a iniciativa de reclamar a tradución. Persoalmente,
 gustaríame que apoiásedes a iniciativa. xa que Android é unha plataforma de
 código aberto. Na última trasnada falamos de apoiar o proxecto de forma
 pública. Que opinades? De que xeito pensades que poderiamos colaborar?

 [ligazón] http://androidengalego.com/

Difundida

Propoño que mandemos un texto presentándonos e de apoio para incluír aquí
http://androidengalego.com/entidades-que-apoian/

E poñer unha ligazón no web
http://androidengalego.com/wp-content/uploads/2013/10/aengal_peque.png

Onte volvín topar co problema de non ter o Android en galego:

Coa app Remote Impress non se pode descargar de Google Play Store
porque non ofrece o galego e non o ofrecen porque Android non recolle
o galego, pero si o catalán por exemplo (aínda que tamén eles teñen
problemas). Total que é un bucle... a única alternativa é instalar
outro repositorio libre como F-droid.

Ao non ter a opción de instalalo en galego os de LibreOffice
excluíannos da tradución da propia aplicación, cousa sobre a que
protestei hai meses e agora tiven que volver a pedilo. Iso xa quedou
solucionado.

Antón




 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


RE: RAG motu propio

2013-11-19 Conversa Xusto Rodriguez Rio
No entanto, no VOLG segue figurando “motu proprio”.

 

Xusto

 

De: damufo [mailto:dam...@gmail.com] 
Enviado: martes, 19 de novembro de 2013 16:09
Para: Trasno - Lista
Asunto: RAG motu propio

 

Boas:

Isto si que diría que é unha errata

http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=motu%20propio
http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=motu%20propiosinom=0homonim
o= sinom=0homonimo=

só lle falta poñer diante o de!!

Ou iso o o galego si que vai a súa bola.

Deica.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: RAG motu propio

2013-11-19 Conversa mvillarino
E pode modificarse o hunspell para que dea por válido proprio se e
só se vai precedido de motu (e motu só se vai seguido de proprio)
?

2013/11/20 Xusto Rodriguez Rio xusto.rodrig...@usc.es:
 No entanto, no VOLG segue figurando “motu proprio”.



 Xusto



 De: damufo [mailto:dam...@gmail.com]
 Enviado: martes, 19 de novembro de 2013 16:09
 Para: Trasno - Lista
 Asunto: RAG motu propio



 Boas:

 Isto si que diría que é unha errata

 http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=motu%20propiosinom=0homonimo=

 só lle falta poñer diante o de!!

 Ou iso o o galego si que vai a súa bola.

 Deica.


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: RAG motu propio

2013-11-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
O Mércores, 20 de Novembro de 2013 08:55:26 mvillarino escribiu:
 E pode modificarse o hunspell para que dea por válido proprio se e
 só se vai precedido de motu (e motu só se vai seguido de proprio)
 ?

Non. Antón creo que estaba investigando ao respecto, pero polo que eu sei só 
permite determinar palabra por palabra se unha expresión é correcta. Para isto 
necesitaríamos un corrector gramatical, non ortográfico.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto