En 19/11/2013 10:48, Leandro Regueiro escribiu:
2013/11/18 damufo <[email protected]>:
En 17/11/2013 21:40, Leandro Regueiro escribiu:

Ola,
envíovos a continuación a terminoloxía discutida durante a última
Trasnada para ver se vos parece ben ou se hai algún problema. Aqueles
termos cos que non haxa ningún problema engadiranse automaticamente ao
glosario das Trasnadas.

Desta volta centrámonos en validar termos onde non había discusión,
máis que nada para avanzar e validar consensos anteriores, tanto
tácitos como recollidos en glosarios anteriores.

@marce: dado que isto aínda non está aprobado, mellor esperamos unha
ou dúas semanas e despois xa che envío a lista esquemática para
facilitarche o traballo de adición de novas regras ao Pology.

Ademáis disto decidiuse repartir grupos de termos entre algúns dos
asistentes para que fagan o traballo de "desbrozamento" durante os
próximos meses e que cheguen con terminoloxía xa lista para aprobala
na vindeira Trasnada e publicala en minutos (ou cando menos
aforrándome a min horas de traballo e investigación). Esta
terminoloxía a veces xa está creada parcialmente ou espallada por
varios lugares, así que a idea é recoller e completar para despois
poder aprobar, publicar e usar rapidamente. O reparto do traballo é:

* Xosé Calvo: Nomes de teclas (enter, shift, insert, end, arrow key, ...)
* Antón Méixome: Nomes de símbolos (cancelo, porcentaxe, chave, paréntese,
...)
Non entendo a lista encomendada, non tería que ser termos en inglés (para
facer a proposta correspondente en galego?)
Van facer a lista de termos en inglés, van buscar os termos empregados
en galego para cada un, van buscar ou crear definicións en inglés e
quizais en galego, e se poden engadirán outra información relevante
como cales son castelanismos, cal prefiren, outros datos relevantes
para a discusión, etc.
Vale.



* Miguel Branco: Nomes dos menús (file, edit, view, help, tools,
window, options, preferences, ...)
* Xabier Villar: Nomes de widgets de GUI (botón, menú, slider, barra,
panel, ...)
O mesmo, non terían que ser termos en inglés para ver o correspondente en
galego?
Mirar a resposta de enrriba.
Outra cousa, na miña opinión penso que se tería que ter feito unha lista de termos a "preparar" poñela la rolda e que cada un fose pedindo, o que primeiro a pedise sería o que a prepararía así os demais trásnegos tamén poderían participar.



* Leandro Regueiro: Nomes de accións en pantallas táctiles
(basicamente recoller o magnífico traballo realizado por Miguel
Bouzada)
Habería que mirar o de password->clave (de acceso). O dicionario da RAG teno
moi claro, polo que habería que contactar XA coa RAG para que ou o muden (se
é que é un erro, tal como Antón sostén) ou senón temos que mudalo nós canto
antes. Non pode ser que sigamos o RAG e volga para todo menos para isto que
está claramente indicado no dicionario RAG.
Enviarase unha mensaxe, pero a veces responden e a veces non. Este
domingo envieilles tres ou catro mensaxes e respondéronme a tres.
Acabo de enviarlles a pregunta de novo a ver se hai sorte e responden.

Por certo, de aceptar isto tería que ser "clave de acceso". "clave" non valería.

E para que quede claro, sigo sendo un full-supporter de "contrasinal" :)
Pero se a RAG (mentres non se demostre o contrario) é CLARAMENTE "full-supporter" de "clave de acceso" por coherencia hai que usar esa e poñelo no glosario.
Lembro que con isto estase a romper a coherencia que trasno ben mantendo.



Agora a lista de terminoloxía discutida:


* about to
     # a piques de (estilo)  (tradución moi asentada)
     # NON USAR: a punto de (para que haxa consistencia)

* account
     # conta (tradución moi asentada)

* add
     # engadir (DRAG, tradución moi asentada)
     # NON USAR: adicionar
     # NON USAR: añadir
     # NON USAR: agregar

* address (substantivo)
     # enderezo (tradución moi asentada)
     # NON USAR: dirección
     # NON USAR: direción
     # DISCUTIBLE: non discutimos a fondo, pero hai polo menos dous
conceptos:
         + Enderezo dun recurso nunha rede.
         + Enderezo dunha posición na memoria.

* align (verbo)
     # aliñar (DRAG, tradución moi asentada)
     # NON USAR: alinear

* "align center"
     # centrar (tradución moi asentada)
     # NON USAR: aliñar no centro
     # NON USAR: aliñar ao centro
     # NON USAR: aliñar centralmente
     # DISCUTIBLE: pasóusenos considerar as outras opcións empregadas
(mirar arriba)

* alignment/align (substantivo)
     # aliñamento (DRAG)
     # NON USAR: aliñación

* allocate
     # asignar (tradución moi asentada)
     # NON USAR: alocatar
     # NON USAR: alocar

* allocation
     # asignación (tradución moi asentada)
     # NON USAR: alocación

* appearance
     # aparencia (DRAG, tradución moi asentada)
     # NON USAR: apariencia
     # NON USAR: aspecto

* array
     # matriz (xenérico e programación) (tradución moi asentada)
     # NON USAR: vector
     # NON USAR: array
     # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de
máis.
         + Mirar
https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/array.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup

* arrow
     # frecha (DRAG, tradución moi asentada)
     # NON USAR: flecha

* assign
     # asignar (tradución moi asentada)

* assignment
     # asignación (tradución moi asentada)

* attribute
     # atributo (tradución moi asentada)
     # NON USAR: característica

* axis
     # eixe (preferida DRAG)
     # NON USAR: eixo

* background
     # fondo (tradución moi asentada)

* bitmap
     # mapa de bits (tradución moi asentada)

* broadband/broad band
     # banda larga (tradución moi asentada)
     # NON USAR: banda ampla
     # NON USAR: banda ancha

* browse
     # navegar (tradución moi asentada)
      + Só navegar polo web, non o resto de "browses".

* (web) browser
     # navegador (web) (tradución moi asentada)
         + Só o navegador web, non o resto de "browsers".

* button
     # botón (tradución moi asentada)

* cache (substantivo)
     # caché (tradución moi asentada)
     # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de
máis.
         + Mirar
https://forxa.mancomun.org/scm/viewvc.php/cache.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup

* canvas
     # lenzo (tradución moi asentada)
     # NON USAR: área de debuxo

* cell
     # cela (tradución moi asentada)
     # NON USAR: celda

* center/centre (verbo/substantivo)
     # centro (DRAG, tradución moi asentada)
     # centrar (DRAG, tradución moi asentada)

* channel (verbo/substantivo)
     # canle (tradución moi asentada)
     # NON USAR: canal (As acepcións do DRAG refírense a cousas físicas)

* click (verbo)
     # premer (en)  (tradución moi asentada)
         + Exemplo: "premer nun botón"
         + Empregar "premer" (sen o "en") só cando sexa premer sen
indicar en que se debe premer.
     # NON USAR: calcar
     # NON USAR: facer click
     # NON USAR: facer clic
     # NON USAR: clicar
     # NON USAR: pulsar
     # NON USAR: oprimir
     # DISCUTIBLE: mirei o glosario actual e creo que discutimos rápido de
máis.
Habería que poñer o caso de click como adxectivo, ou cando ser refire ó son
e non á acción.
E tamén discutir o substantivo, pero desta vez centrámonos nas cousas
nas que era fácil chegar a un acordo.


Sempre uso premer pero, non lembro onde, nalgún caso non acaía e tiven que
por clic.
"clic" como substantivo, ou tiveches que usar "facer clic"?


* client/server
     # cliente (tradución moi asentada)
     # servidor (tradución moi asentada)

* clock
     # reloxo (DRAG, tradución moi asentada)
     # NON USAR: reloxio
Non entendo o de "non usar reloxio", é evidente, comezando porque non está
no volga nin no dicionario.
Isto vén do antigo glosario do Proxecto Trasno. Non vexo problema en
mantelo por se acaso.
Pois polo menos indicar que reloxio non é un termo correcto xa que tal como está parece que é unha opción válida pero que non se elixe.


* cursor
     # cursor (DRAG, tradución moi asentada)

* disc/disk
     # disco (DRAG, tradución moi asentada)

* draft
     # borrador (DRAG)
     # NON USAR: esbozo
     # NON USAR: bosquexo

* drag
     # arrastrar (tradución moi asentada)

* drag and drop/drag & drop
     # arrastrar e soltar (tradución moi asentada)
     # NON USAR: arrastrar e deixar

* draw
     # debuxar (DRAG)
     # NON USAR: dibuxar

* drawing
     # debuxo (DRAG)
     # NON USAR: dibuxo

* drop
     # soltar (tradución moi asentada)
     # NON USAR: deixar

* editor
     # editor (tradución moi asentada)

* emoticon
     # emoticona (tradución moi asentada)
     # NON USAR: emoticón
     # NON USAR: emoticon
     # NON USAR: cariña
     # NON USAR: icona de emoción
     # Discutir "smiley" xunto con isto.

* execute/run
     # executar (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución moi
asentada)
     # NON USAR: correr
     # NON USAR: lanzar
     # NON USAR: iniciar

* execution/run(substantivo)
     # execución (DRAG: inferido de que si hai executable, tradución
moi asentada)

* field
     # campo (DRAG: só referido a base de datos, pero non por exemplo
ao campo dun formulario, tradución moi asentada)
como se denominan os field dos formularios?
Supoño que "campo" tamén dado que ninguén se parou a facer unha
distinción. Se alguén ten algún problema con isto que o diga e poñemos
só o termo referido a bases de datos tal como aparece no DRAG.



* filesystem/file system
     # sistema de ficheiros (tradución moi asentada)
     # NON USAR: sistema de arquivos

* forum
     # foro (tradución moi asentada)

* gateway
     # pasarela (tradución moi asentada)
     # NON USAR: gateway
     # NON USAR: porta de enlace

* help
     # axuda (DRAG, tradución moi asentada)
     # axudar (DRAG, tradución moi asentada)

Deica
Deica.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a