Re: proba

2014-07-22 Conversa Manuel Vázquez
Si chegou
El 22/07/2014 15:14, Dani d...@damufo.com escribió:

  Boas:
 Pode alguen confirmar que chegou esta mensaxe?
 Grazas

 --
 Dani


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Gimp - exportar - reverter - importar

2013-05-07 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:
Na tradución de Gimp, no Menú Ficheiro - Exportar, ao premer nel ábrese
unha caixa co título Reverter imaxe (non sei se son conceptos equivalentes)
e no botón aparece Importar.
Sería conveniente facer algún cambio?
Saudos:
Manuel A. Vázquez
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Campaña Google

2013-02-11 Conversa Manuel Vázquez
Ola... Eu acabo de recibir un Xperia U con Android 4.0.4 en galego. É de
Orange. Penso que vén de serie nos Android.
Saúdos:
Manuel A. Vázquez


2013/2/11 Antón Méixome cert...@certima.net

 Esta fin de semana vin un Samsung Galaxy II de Vodafone con Android en
 galego, case todo, incluso co
 Whatsapp. Iso si, a Play Store en inglés.

 Efectivamente creo que temos certa ignorancia do que está a pasar co
 galego en Android, non sabemos como se está movendo.

 Eu quédome con que a integración estana facendo os
 fabricantes/distribuidores de terminais, os das marcas de hardware e por
 iso vai aparecendo o galego aquí e alá en distintos provedores de conexión.


 2013/2/11 Jorge Barreiro yortx.ba...@gmail.com

 O Luns, 11 de Febreiro de 2013 11:50:52 Miguel Bouzada escribiu:
  Mostra:
 
 http://code.google.com/p/android/issues/detail?id=3313q=galiciancolspec=I
  D%20Type%20Status%20Owner%20Summary%20Stars
 
  Haberá que artellar unha :)

 Boas,

 na oficina collemos un móbil novo con R, un Sony Xperia, con Android 4, e
 vén
 en galego. Pero non dei atopado máis información, como quen o traduciu ou
 desde que versión está. Non sei se será unha versión especial de R, ou se
 xa
 vén de serie en tódolos androids 4.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía] Hoot Phone / Telefonillo

2012-07-01 Conversa Manuel Vázquez
interfono?

2012/7/1 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Boas,

 Non teño moi claro o que é «hoot phone», que é a cadea obxecto de tradución.

 A xulgar polo significado de «hoot»[1], ocórreseme que poida ser un
 «telefonillo». De ser o caso, como é en galego?

 O contexto son os simboliños de diagramas do Cisco, que aparecen en
 Calligra Flow, que se non me equivoco os colleu de Dia. O simboliño
 concreto é este: http://csakfalvi.hu/kepek/mtk_tif/Hootphone.jpg


 ---
 [1] http://www.wordreference.com/es/translation.asp?tranword=hoot
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Mantedor traducción de Moodle ou equivalente

2012-05-16 Conversa Manuel Vázquez
Ola:
A tradución quedou onde a deixaron os anteriores responsables. O que
sucedeu despois é que se engadiron cadeas do portugués e o resultado,
ao meu parecer, é lamentable. Instalei a versión 2.2 en servidor
propio para uso co meu alumnado, o resultado é que a tradución ao
galego non a podo, nin penso que debo, usar con eles. A Consellería de
Educación coido que emprega, en webs dinámicas, a versión 1.8.5, que
ten unha tradución axeitada. O sistema de tradución de moodle precisa
dun mantedor ou mantedores. Alguén se anima? Na medida das miñas
posibilidades podo colaborar, pero non me sinto con enerxía e
dedicación necesaria como para mantar a mesma.
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez


2012/5/16 Ramon Antonio Parada ra...@bigpress.net:


 Ola,
 estou buscando o mantedor da traducción galega do Moodle ou alguen que quera
 selo. Actualmente o proxecto figura coma sen mantedor
 ( http://docs.moodle.org/dev/Language_packs_without_maintainer ). Na lista
 de traductores figuran varios
 ( http://docs.moodle.org/22/en/Translation_credits#Galician ) así que me
 gustaría saber se hai alguen máis traducindo. Eu estou facendo traduccións,
 que preciso que sexan aprobadas rápido, pero non ante a miña falta de
 experiencia en traducción posiblemente teñamos un candidato mellor.

 Un saudo,
 Ramón


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxía] Puzzle

2012-04-28 Conversa Manuel Vázquez
Eu teño visto ultimamente case crebacabezas como forma única, pero no
RAG aparece quebracabezas como sinónimo.
Saúdos

2012/4/28 Fran Dieguez f...@openhost.es:
 Ola rapaces,

 eu levaba certo tempo traducindo puzzle como quebracabezas, pero hoxe
 empregando o tradutor de Google dixo crebacabezas.

 En que quedamos?
 --
 Fran Dieguez
 Project Manager of OpenNemas project
 www.openhost.es  -  f...@openhost.es
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


[terminoloxia]appliance

2011-11-26 Conversa Manuel Vázquez
Ola:
Hoxe atopeime co termo appliance:
Download appliance from %s
No appliance data for %s
No appliances found in project %s
Pertence a openSUSE.
Estiven consultando e en castelán empregan aplicación, en pt-br
appliance. En portugués atopei o significado de ferramenta. No Glósima
só aparece unha referencia en acrónios Bouzada, ACL (Appliance
Computer Language) (en), Linguaxe de Utilización en Computadores (gl)
Algunha suxestión?
Graciñas.
Manuel A. Vázquez
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [OT] O insoportable peso das mentiras da política lingüística

2011-05-24 Conversa Manuel Vázquez
Excelente artigo.
Grazas, Bouzada.

2011/5/24 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
 http://cartaxeometrica.blogspot.com/2011/05/o-insoportable-peso-das-mentiras-da.html

 --
  /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
 _\/` http://documentfreedom.org/ -  30 de marzo de 2011

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Kde Edu

2011-05-13 Conversa Manuel Vázquez
O kdeedu está na versión 4.6 nun 98% de tradución. En trunk aínda está
abaixo, pero é lóxico dada a fase de tradución na que andamos. Xosé
está a facer un grande traballo.
En canto ao uso por parte do profesorado é moi difícil responder.
Imaxino que nos cursos aos que tivo que asistir o profesorado que
imparte ensinanza dentro deste plan, se lles falaría destes
aplicativos...
Saúdos

2011/5/13 Anxo bassbal...@gmail.com:
 http://edu.kde.org/

 http://www.muylinux.com/2011/05/12/educacion-libre-bienvenidos-a-kde-edu/comment-page-1/#comment-63870


 Como están as traducións ao galego? Sabedes se estes aplicativos os
 empregan nalgún centro?

 --
 http://trasno.net/
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 http://www.jabberes.org/
 aovi...@jabberes.org

 Un saúdo!

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


[OT]Programa sobre o galego e as TIC en Faladoiro

2011-03-24 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:
Acabo de ver o programa O Faladoiro sobre a situación do galego nas
TIC. Sinxelo, cun interesante carácter divulgativo.
Parabéns, Antón Méixome!!!
Ligazón: http://www.youtube.com/watch?v=QjQfFcbfUe0
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Axuda co Firefox] Traducir estas variábeis para Firefox 4

2011-02-28 Conversa Manuel Vázquez
Gústame Imos aló! , coido que coincide co nome do primeiro curso de
galego que houbo na TVG.
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez

2011/2/28 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
  ;Celebrate Firefox going mobile with Spark, a free game for Android
  devices.
  a href=%sGet started/a.
  Celebre que Firefox faise móbil con Spark, un xogo de balde para os
  dispositivos Android. a href=%sImos!/a.

 Eu poría:

 Celebre que Firefox se faga móbil con Spark, un xogo de balde para os
 dispositivos Android. a href=%sImos aló!/a.

 E «A xogar!» ou algo así?


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Guls] Asistencia á presentación de vivir en galego

2011-02-25 Conversa Manuel Vázquez
Moitas grazas pola información.
Ríome a gargalladas do titular na web da Consellería de Educación O
galego avanza e aséntase como lingua de tecnoloxía para presentar o
espectáculo mediático ofrecido por eses dous políticos de dita
consellería.
Persoalmente non espero nada deles a favor do galego. Nada. Ata o de
agora, todo foi desmontar o feito polo bipartito e desprotexer a nosa
lingua.
Que se pode esperar destes dous políticos que eliminan o galego como
lingua na Secundaria nas asignaturas tecnolóxico-científicas? Que ten
que ver ese titular sobre pagamento a Microsoft pola tradución de
windows e demais coa política realmente desenvolvida CONTRA o galego?
Saúdos:
Manuel A. Vázquez

2011/2/25 Xose M pikam...@gmail.com:
 grazas por transmitir o alí acontecido que foi máis ou menos o que se espera
 de tales actos, pero sobre todo por por negro sobre blanco a resposta dos
 responsables da administración galega ante a vosa postura en tal acto. Non
 saben, non contestan.
 MS vai ao seu, pois responden ante accionistas e non ante cidadáns. Pero  os
 DXs, SXs, Conselleiros si.

 2011/2/24 Antón Méixome cert...@certima.net

 Grazas Xabier. Impecable resumo.

 Pola vosa parte, un dos escasísimos actos de cidadanía que teña visto
 ultimamente. Pola súa estou seguro de que non se dan conta do que fan
 e pensan que lles saíu moi ben.
 Ademais alégrome de que en todo este tema non teña aparecido por
 ningunha parte nin unha ínfima partícula de lama política.


 2011/2/24 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
  Bó resumo... todo dentro do guión previsto :-D
 
 
  2011/2/24 Xabier Villar xabier.vil...@gmail.com
 
  Ola a todos!
 
  como saberedes, hoxe as 19:00 era a presentación do que se veu en
  chamar
  Vive en galego, que básicamente é algún tipo de colaboración da que non
  temos constancia explícita de en que consiste entre a Xunta e Microsoft
  para, sete meses despois do seu lanzamento, poder dispoñer dun engadido
  que
  se debería instalar porriba do Windows7 para telo en galego. Tratándose
  dun
  sistema privativo, nun principio a min (e supoño que a todos os destas
  listas) resúltame indiferente. Excepto en dous puntos:
  - A colaboración (non explicitada) dun organismo público cunha compañía
  multinacional e multimillonaria, provéndolle recursos que desde a
  comunidade
  de tradutores se leva tempo pedindo sen éxito, e sen saber se o
  traballo
  feito por organismos dependentes da administración pública (léase
  Termigal),
  vai revertir no aproveitamento público de tal traballo
  - O desprezo que supón para unha comunidade de voluntarios que levan
  dende
  fai mais dunha década traballando para lograr a galeguización do
  software
  libre, cun apoio mais que mellorábel, e que consegue logros moito mais
  importantes sen necesidade de tanta dilación e sen o apoio debido das
  institucións públicas. (Poño como exemplo http://trasno.net/node/6
 
  http://trasno.net/content/acaba-de-publicarse-opensuse-113-e-t%C3%A9mola-en-galego
 
  http://trasno.net/content/saiu-mandriva-linux-20101-e-t%C3%A9mola-en-galego
 
  http://trasno.net/content/meego-acada-o-100-na-s%C3%BAa-localizaci%C3%B3n-ao-galego-da-man-de-proxecto-trasno
 
  http://trasno.net/content/o-navegador-chromium-e-o-so-chromeos-traducidos-ao-galego
  e outros só no último ano e medio. Céntrome en Trasno por ser o que
  coñezo
  de primeira man, pero non esquezo a labor doutros proxectos)
 
  Como consideramos que nos toca de cheo, Leandro Regueiro e eu, membros
  de
  Trasno, acudimos a presentación para tentar informarnos e ver de obter
  respostas dos principais implicados
 
  A crónica en vivo ( e en plan carallán, que lle queredes. Como diría
  Castelao, hai que rir, que a cousa é seria) funa subido ó twitter :
  http://twitter.com/#!/Xabier_V
 
  E agora mais en serio espero transmitirvos o ocorrido e as miñas
  conclusións (confío en que Leandro, moito mais ó tanto ca min, poida
  aportar
  algo cando teña tempo)
 
  A presentación transcorreu co guión esperado: presentación dunha
  estrela
  do panorama televisivo galego, pequena actuación de Susana Seivane e
  comezo
  das intervencións.
 
  En primeiro lugar falou a xerente de Relacións Institucionais de
  Microsoft
  Ibérica, Montserrat Pardo Bayona. Digamos que se limitou ó seu papel de
  comercial. O único salientable a título persoal é que tentou facelo en
  galego sen conseguilo. Valoro o esforzo, pero dado o resultado tería
  sido
  moito mais produtivo e respectuoso que o tivese feito en castelán,
  dígoo con
  total sinceridade e sen afán de crítica. O que si critico é que o seu
  discurso en torno á necesidad de poder escoger me recordou moito os
  postulados de GB, o que digamos que non me sentou nada ben
 
  Seguiulle un vídeo protagonizado polo presentador facendo o papel de
  executivo traballando e facendo videoconferencia coa casa onde súa nai
  está
  facendo o caldo, con remate final da familia arredor da lareira e cun
  portátil. Supoño que pretendían transmitir a unión 

[Chroot jail]Non o sei traducir

2011-02-21 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:
Non sei como traducir este concepto... chroot jail.
Aquí vai o contexto:

To run the DHCP server in chroot jail, set
Run DHCP Server in Chroot Jail. Starting any daemon in a chroot jail
is more secure and strongly recommended.

Grazas
Manuel A. Vázquez
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Traducciones de Chromium en euskara y en galego

2010-12-23 Conversa Manuel Vázquez
Noraboa!!
Manuel A. Vázquez

El día 23 de diciembre de 2010 18:48, Miguel Bouzada
mbouz...@gmail.com escribió:
 Adxunto captura

 El 23 de diciembre de 2010 18:16, Fran Dieguez fran.dieg...@mabishu.com
 escribió:

 -- Forwarded message --
 From: David Planella david.plane...@ubuntu.com
 Date: Dec 20, 2010 2:32 PM
 Subject: Traducciones de Chromium en euskara y en galego
 To: Oier Mees oier89ri...@gmail.com, Fran Dieguez
 frandieg...@ubuntu.com

 Buenas,

 Simplemente quería decir ¡enhorabuena y buen trabajo!

 http://twitter.com/ubuntul10n/status/16846876695330816
 http://identi.ca/notice/60754346

 Un saludo,
 David.

 --
 David Planella
 Ubuntu Translations Coordinator
 www.ubuntu.com / www.davidplanella.wordpress.com
 www.identi.ca/dplanella / www.twitter.com/dplanella

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Cadeas afectadas polo cambio en separador en GNOME

2010-10-17 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:
Vanse coñecer os acordos aos que se chegou na discusión terminolóxica?
Sería importante darlle publicidade para realizar as modificacións
oportunas.
Un saúdo:
Manuel Vázquez

2010/10/17 Fran Dieguez lis...@mabishu.com:
 Ola rapaces,

 estiven facendo unha serie de comprobacións para ver o que supón cambiar
 o termo separador e aquí van os números:

 ➜  core  find . -name gl.po| awk '{ print grep -H separador $1 }'|sh|
 wc -l
 276

 ➜  extras  find . -name gl.po| awk '{ print grep -H separador $1 }'|
 sh|wc -l
 40


 Saudos
 --
 Enviado desde Ubuntu



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Verbas caristiosas tratadas

2010-10-17 Conversa Manuel Vázquez
Moitas grazas. Eu, como coordenador e tradutor en openSuse e tradutor
en KDE, tamén asumo os acordos que tomastes e realizarei as
modificacións oportunas.
Moitas grazas polo voso traballo.
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez

2010/10/17 Antón Méixome cert...@certima.net:
 Índice de palabras tratadas e solución. Non todos son termos, algunhas
 son decisións sobre o estilo. De momento sen explicacións pero ordeno
 as palabras da seguinte maneira:

 termo inglés ? palabras candidadatas  palabra acordada (tras consenso
 ou tras votación) + relacionadas de interese


 1. Tab
 (no sentido do widget gráfico das interfaces) ? separador, lingüeta,
 pestana, lapela, guía, *aba  lapela

           tabulación (para a acción)
           tabulador (a tecla)


 2. plugin ou plug-in
 (en releción con add-on, extension, complement, module) ? plugin,
 pluguin, complemento, engadido  complemento (en xeral) + engadido
 (cando é un complemento que engade, modifica o comportamento do
 programa). Plugin pasa a ser non recomendable.


 3. window
 ?xanela, fiestra, ventá  xanela . Decisión totalmente definitiva.


 4. attach
 ? adxuntar, anexar, xuntar, achegar  anexar

 5. attachement (o que acompaña un correo especialmente)
 ? *adxunto, anexo  anexo

            Queda como válido por ser tema diferente o modelo de
 comunicación por correo Un Achégolle (= Un  Saúda)


 6. inválid command, en relación tamén ilegal command

  command ?comando, orde  orde
  invalid ?incorrecto

     valid/invalid  correcto/incorrecto (en xeral).

     No caso de inválid, haberá casos en que se necesite distinguir
 matices entre o que non cumpre as regras e o que non funciona.
 Convén a adaptación ao caso/contexto. Neses casos pódese    usar: mal
 construído, non é válido, non válido

   ilegal  inceptábel

 7. grid
 ?grade, grella, reixa, cuadrícula  recoméndase grade... sen
 considerar grella como incorrecto.

 8. show, display
 ?mostrar, amosar  consideráse prematuro. Quedan ambas como válidas
 sen recomendar ningunha.

 9. hide
 ? ocultar, agochar, acochar  considérase prematuro

 10. insert
 ?inserir, introducir

    Especial coidado nas interfaces:
           insert your name  escriba o seu nome

 11. search
 ? buscar, procurar, *pesquisar, pescudar  buscar

      o subs. asociado será : busca (non procura)

 12. find
 ?buscar, atopar  atopar

 13. locate

 ?buscar, atopar, localizar  buscar, atopar ... pero con adaptación
 aos matices do contexto pode ser situar


 Incorporaranse ao Glósima como nun Glosario especial (Verbas
 caristiosas) xa que son termos ou decisións estilísticas transversais
 a toda a localización.

 Estas decisións supoñen un acordo e un compromiso ao mesmo tempo. Así
 o acordaron todos os presentes e especialmente os
 coordinadores-líderes vinculados con Trasno dos principais proxectos
 acordaron, palabra a palabra, a súa aplicación e uso sistemático.
 Aínda que o resultado parece magro en número de decisións para a
 cantidade de horas dedicadas de tal modo que practicamentes este
 asunto monopolizou o tempo da xornada, a realidade é que se asentaron
 métodos e criterios de decisión que nos van permitir ser moito máis
 produtivos a partir de agora na toma de decisións.

 Felicitémonos todos, especialmente polo autocontrol que nos levou a
 trascender decisións e tradicións unilaterais.

 Unha aperta,

 Antón Méixome
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: O mércores comezarán a repartirse os ordenador es do programa ABALAR

2010-10-07 Conversa Manuel Vázquez
Eu estou nun centro de primaria de Ourense (CEIP Prácticas) dos
seleccionados... Cando cheguen, conto como veñen... O que si sei é que
a infraestrutura wifi das aulas de quinto non está realizada, por
tanto, tardarán...
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez

2010/10/6 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:
 Ola,
 Visto que a dirección xeral non respondeu ao noso escrito e os portatiles xa
 estarán para repartirse... penso que hai que levar a outra fase o tema
 este.
 Alguén ten máis info de como van os sistemas finalmente?.

 2010/10/3 fran.dieg...@mabishu.com fran.dieg...@mabishu.com

 http://www.codigocero.com/O-mercores-comezaran-a-repartirse

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Proxecto Abalar

2010-09-20 Conversa Manuel Vázquez
Noraboa! Paréceme unha carta moi clara, en plan positivo, ofrecendo
sempre a nosa colaboración e, sobre todo, moi didáctica.
Un saúdo:
Manuel Vázquez

2010/9/20 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:

 Ola,
 A devandita carta envieina o Venres por correo certificado. Síntoo moito
 Fran, pero o enviado non se corresponde co voso borrador: crin que se lle
 debía dar outra aproximación á problemática. Ao longo de hoxe vou publicar a
 carta na web, bardante que haxa obxección.
 Vou publicar a carta en parte polas informacións (entendo que) erroneas que
 dende outros lados se deron a algún medio dixital. Se a información
 publicada se fixo só coa información que estabamos comentando aquí, entón
 estamos ante a) unha difamación ou b) ante unha dificultade de comprensión
 lectora. Se alguén dos que están rexistrados na lista ten outra información
 a mariores do proxecto abalar, sería interesante e positivo que a comentara
 aquí; dun xeito público e aberto, como todo o que comentamos aquí.
 Saúdos!
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Problemas técnicos na web

2010-07-03 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:
Eu sigo tendo problemas para visualizar trasno.net. O navegador
quédase conectando e está así todo o tempo. Onte só a puiden ver cando
lin a contestación de Miguel Bouzada. Unha hora despois, xa estivo
inaccesible e hoxe sigue igual. Non sei só me pasa a min.
Saúdos:
Manuel Vázquez

El día 2 de julio de 2010 12:09, Miguel Bouzada mbouzada en gmail.com 
escribió:


 El 2 de julio de 2010 11:38, Manuel Vázquez morogos en gmail.com escribió:

 Agora mesmo non vai...


 un minuto despois de escribir ese correo ya ía


 El día 1 de julio de 2010 22:10, Miguel Branco mgl.branco en gmail.com
 escribió:
  xa pensastes que morreramos xDDD
 
  2010/7/1 Antón Méixome certima en certima.net
 
 
  2010/7/1 Miguel Branco mgl.branco en gmail.com
 
  Tivemo-la web (e demais servizos) caidos un par de días. Delculpade as
  molestias.
  Superkudos a M Bouzada e Santi Rodriguez por poñela a andar de novo.
 
  Viva!! Xa me estaba agobiando :-)
 
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto en trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto en trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto en trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto en trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto en trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




Re: Problemas técnicos na web

2010-07-02 Conversa Manuel Vázquez
Agora mesmo non vai...

El día 1 de julio de 2010 22:10, Miguel Branco mgl.branco en gmail.com 
escribió:
 xa pensastes que morreramos xDDD

 2010/7/1 Antón Méixome certima en certima.net


 2010/7/1 Miguel Branco mgl.branco en gmail.com

 Tivemo-la web (e demais servizos) caidos un par de días. Delculpade as
 molestias.
 Superkudos a M Bouzada e Santi Rodriguez por poñela a andar de novo.

 Viva!! Xa me estaba agobiando :-)


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto en trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto en trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto en trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




GnuGP dos trasnegos

2010-05-18 Conversa Manuel Vázquez
A ver, colouse por aí un enpregar...
Saúdos

2010/5/18 Adrián Chaves Fernández adriyetichaves en gmail.com:
 Miguel Bouzada apañou unha páxina ben bonitiña para descargarmos as claves
 públicas dos trasnegos, así que xa sabedes: http://trasno.net/node/29

 (Nótese que envío esta mensaxe por pór a proba a miña sinatura na lista 
 máis
 que para outra cousa)

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto en trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




[Proxecto] Servizos do novo sitio web de Trasno

2010-05-16 Conversa Manuel Vázquez
Noraboa a todos os que colaborastes no novo portal e pola integración
de novos servizos.
Un saúdo:
Manuel Vázquez

2010/5/16 Miguel Branco mgl.branco en gmail.com:
 O Domingo 16 Maio 2010 11:46:24 Adrián Chaves Fernández escribiu:
 Se non o digo morro:entre o Glósima, o Pootle e o Tiboxe, estou abraiado. O
 de Glósima xa o vira cando quedamos en Santiago, así que non me sorprendeu
 tanto. Pero o Tiboxe de Fran O.O Quedei abraiado. Sóame de escoitar
 mencionar algo sobre a busca en varias fontes, pero non sabía que xa
 funcionaba. Fixen un par de buscas e verdadeiramente abraiante.

 É, é!. Aproveito para darvos os meus agradecementos aos que traballastes en
 todos eses novos servizos e na web. Superkudos a todos!. Débovos unha ronda 
 en
 canto nos vexamos!

 Queda moito traballo aínda, iso si. Rexistrádevos todos na web e editade as
 páxinas dos voso proxectos. Engadide na wiki todo canto queirades: eu comecei
 unha guía de localización pero está incompleta. Tamén, os que saibades de
 deseño gráfico e css-ing tedes traballo canto queirades :)

 Só como nota, a intención do foro é servir para recibir correccións de 
 erros e
 queixas de xente externa, non para usarmos nós a diario. Penso que o correo 
 é
 moito máis áxil.

 Saúdos!
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto en trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



Re: Proposta Logo

2010-03-09 Conversa Manuel Vázquez
O meu parecer:
1.- mbou000
2.- deni000
3.- mbra000

Sáudos


Re: [KDE][pootle] Statu quo et coetera

2010-01-08 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:

 anímomen: xa creei a ssh e estou analizando o resto; preguntarei sobre da
 marcha... pero adóptame como coordinador novel (becario) por unha temporada :)

Ben, entón xa mandamos os ficheiros traducidos a Miguel?
Un saúdo.
Manolo Vázquez


[Terminoloxía] Arranger

2009-12-30 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:
Rematei a tradución de Frescobaldi, un aplicativo para facilita a
edición partituras con LilyPond.
Teño unha dúbida, como non atopo a palabra para traducir arranger,
puxen persoa que fixo o arranxo.
Algunha suxestión?
Grazas a todos.
Manolo Vázquez


Re: [KDE] Statu quo

2009-11-29 Conversa Manuel Vázquez
Ola:
Apúntasme kde-multimedia e playground-multimedia?
Non me atrevo co extragear-multimedia porque semella moito para min, pero
podería facer algo segundo me digades.
Un saúdo:
Manolo Vázquez

2009/11/29 marce mvillar...@gmail.com

 O Sábado, 28 de Novembro de 2009 16:54:23 Miguel Branco escribiu:
  Así que, pensaba en ir revisando/completando módulos do extragear e da
 base
   de cara á SC 4.4, pois temos como ata finais de Xaneiro*, non?. Vou
   comezar por orde alfabético *excepto* que esteades a traballar neses
   módulos/me digáde-lo contrario.
 extragear-base
 extragear-graphics  -Xosé
 extragear-libs
 extragear-multimedia
 extragear-network
 extragear-office
 extragear-pim   -Xosé
 extragear-sdk
 extragear-security
 extragear-sysadmin
 extragear-toys
 extragear-utils
 kdeaccessibility-Marce
 kdeadmin -Marce
 kdeartwork  -Marce
 kdebase  -Marce
 kdeedu- Xosé
 kdegames   - Adrián
 kdegraphics
 kdelibs-Marce
 kdemultimedia
 kdenetwork - Xosé
 kdepim- Xosé
 kdepimlibs   - Xosé
 kdeplasma-addons  - ifreiria
 kdereview- Xosé
 kdesdk-Marce
 kdetoys   -Marce
 kdeutils   -Marce
 kdevelop -Marce
 kdevplatform   -Marce
 kdewebdev  -Marce (e aquí estou)
 koffice -Miguel
 playground-accessibility
 playground-artwork
 playground-base
 playground-devtools
 playground-edu
 playground-games
 playground-graphics
 playground-ioslaves
 playground-libs
 playground-multimedia
 playground-network   -Xosé
 playground-office
 playground-pim  -Xosé
 playground-sysadmin
 playground-utils
 qt   -Marce

 Nota: onde pon Marce quero dicir que pasei completando, revisando a
 ortografía
 e a gramática.
 Hai outro par de persoas por aí, pero non chegaron a enviar nada aínda.

 O Kexi que hai agora fíxeno probando a tradución automática co apertium.
 Hai
 outra versión (mellor) en kde3.



Re: [VOTACIÓN] Apoiamos ás OSL das Universidades Galegas?

2009-11-13 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:
Eu tamén voto a favor.
Saúdos.


[terminoloxía] Build Service

2009-11-12 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:
Build Service déixase así ou tradúcese como Servizo de compilación
(construción)?
Grazas.
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez


Re: [terminoloxía] Build Service

2009-11-12 Conversa Manuel Vázquez
Este é o contexto:
Get Software from the openSUSE Build Service
Pertence á páxina para descargarse openSUSE
Grazas

2009/11/12 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Ola a todos:
 Build Service déixase así ou tradúcese como Servizo de compilación
 (construción)?
 Grazas.
 Un saúdo:
 Manuel A. Vázquez

 No contexto axeitado, eu o traduciría como suxires.


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Re: novo por aquí

2009-10-31 Conversa Manuel Vázquez
Ola:
No noso centro o alumnado de Primaria traballa con firefox, openoffice e
demais software libre. O terceiro ciclo de Primaria traballa cun Moodle
adaptado para eles. O alumnado de secundaria publica na páxina web, que está
feita con Joomla. Os de Secundaria traballan con openSUSE para
familiarizarse con KDE e instala Ubuntu con GNOME para coñecer ese
escritorio. En áreas como Música ou Plástica emprégase Audacity, MusiScore,
Gimp e Inkscape. Todos os arrinques duais de todos os ordenadores funcionan,
é dicir, o openSUSE está totalmente operativo.
É dicir, hai centros onde hai sensibilidade polo tema. Pouco a pouco vanse
facendo cousas neste sentido. Isto é posible porque nos xuntamos un grupiño
de profesores e profesoras con certa inquedanza e que nos axudamos uns a
outros e facemos unha especie formación colaborativa entre nós. Porque da
administración educativa pouco podemos esperar, o 90% dos cursos de
formación están orientados a Windows ou teñen un cheire a Fiestras que
confunde...
Un saúdo

2009/10/31 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com

  No que eu estudo tamén. Iso si. Xamais o usei, os profesores non están
  preparados, so ensinan, cousas de MS e tamén falan de craquear, en
  fin... E se formulas a posibilidade de empregar SwL dinche, que se
  queres... pero que tamén tes que facelo cos produtos de MS, é dicir: Se
  es un pringao que queres traballar máis a cambio de nada, adiante. polo
  que se a un non lle sobra o tempo non traballa dobre para non obter
 nada.
  Ahh! o openoffice está en Español, o firefox está en español...

 A lingua cámbiase cuns clicks. O que me preocupa é iso, que de nada serve
 un
 dual boot se o boot dos profesores só ten un SO.


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Re: novo por aquí

2009-10-30 Conversa Manuel Vázquez
Ol:
Desde o lado doce da vida (Suse)[ grazas, marce], estamos con ganas de
darche toda a axuda que precises... Neste intre estamos no 66% da tradución
(hai algo máis dun ano estabamos no 11%), ademais hai cousas que debemos
revisar (hai ficheiros sen actualizar desde o 2002)... pero temos que
valorar unha cousa: openSUSE é o linux que se instala de xeito
predeterminado nos equipos que envía a Consellería de Educación a todos os
centros de Galicia, e está en castelán... E dada a política lingüística que
desgrazadamente se aveciña no eido educativo, non se pode axudar a
xustificar que o galego non estea presente nesta distribución. Por iso,
penso que sería pertinente para seguinte versión, a 11.3, coa axuda de
todos, propoñerse chegar ao 100% da tradución á nosa lingua.
Considerade a proposta.
Un saúdo:
Manolo Vázquez


2009/10/30 mvillarino mvillar...@gmail.com

  Polo momento, xa comecei instalando Lokalize e Subversion,

 Pois xa tes o máis difícil feito!

 e estoulle a
  botar un ollo á documentación que me indicastes; comecei a pelexar cos
  ficheiros PO,

 Eu pasaría un pouco desa documentación: non só é moi longa senón que
 moitas cousas na práctica non se ven.

 Mellor le directamente o manual do Lokalize, obtén os ficheiros PO que
 che interesen (se son de KDE, podes probar con algo do playground), e
 mándamos. Se tes problemas de sintaxe, ou algún outro erro gordo, xa
 cho irei dicindo. Se prefires ir polo lado doce da vida (Suse) [1], de
 certo que Leandro ou Miguel ou Xosé ou Manuel Alberto poderán darche
 algunha indicación máis.


 e vou seguir co manual de localización de Mancomún, que ten
  moi boa pinta.

 Un saúdo,

 [1] Jeje, collédelo?


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Re: [terminoloxia] NetBeans no proxecto trasno

2009-10-21 Conversa Manuel Vázquez
Ola a todos:
Nin en digalego nin en xerais aprarece ouvinte, vén oínte.
Un saúdo

2009/10/21 damufo dam...@gmail.com

 Boas:

 Leandro Regueiro escribiu:


 listener - ouínte ???

 ouvinte