Ola: A tradución quedou onde a deixaron os anteriores responsables. O que sucedeu despois é que se engadiron cadeas do portugués e o resultado, ao meu parecer, é lamentable. Instalei a versión 2.2 en servidor propio para uso co meu alumnado, o resultado é que a tradución ao galego non a podo, nin penso que debo, usar con eles. A Consellería de Educación coido que emprega, en webs dinámicas, a versión 1.8.5, que ten unha tradución axeitada. O sistema de tradución de moodle precisa dun mantedor ou mantedores. Alguén se anima? Na medida das miñas posibilidades podo colaborar, pero non me sinto con enerxía e dedicación necesaria como para mantar a mesma. Un saúdo: Manuel A. Vázquez
2012/5/16 Ramon Antonio Parada <[email protected]>: > > > Ola, > estou buscando o mantedor da traducción galega do Moodle ou alguen que quera > selo. Actualmente o proxecto figura coma sen mantedor > ( http://docs.moodle.org/dev/Language_packs_without_maintainer ). Na lista > de traductores figuran varios > ( http://docs.moodle.org/22/en/Translation_credits#Galician ) así que me > gustaría saber se hai alguen máis traducindo. Eu estou facendo traduccións, > que preciso que sexan aprobadas rápido, pero non ante a miña falta de > experiencia en traducción posiblemente teñamos un candidato mellor. > > Un saudo, > Ramón > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

