[KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa mvillarino
Olá,
como ando curto de tempo, serei algo máis telegráfico do normal:

1.- Temos KDE4.1. Isto significa que agora trunk/l10n-kde4 é para 4.2
e branches/stable/l10n-kde4 para 4.1, tédeo en conta para o traballo
que fagades de agora en diante. Se non se explicita, entendo que os
ficheiros que enviades através de min son de trunk.

2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas.
Consultainas, e flipai.

3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
errados.

4.- Convén ir completando módulos, en concreto koffice (van pola beta
9) e kdepim. Kdeedu levará máis tempo, a ver se lle imos dando
despois.

5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.

[1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

Que vaia ben,

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro

Dao por descontado, acabo de facelo. A miña noraboa ó equipo. Estades
ó 92%, o que ven sendo o sexto idioma máis traducido.

 3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
 moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
 errados.

Isto creo que case iria por tódalas traducións feitas no Proxecto Trasno.

 5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
 entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
 para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
 conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
 ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.

 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

Home, en principio non vexo moi ben cal é o problema, ainda que ainda
non me metin neses mundos. O máis preto que estiven de traducir
documentación con .po foron os titoriais de Inkscape, que veñen en
formato SVG (subconxunto de XML o mesmo ca Docbook) e só habia que ter
dúas cousas máis en mente: ser consistente ca terminoloxía usada na
tradución da GUI e ter en conta as novas etiquetas e marcas que
aparecian nas cadeas.

 Que vaia ben,

Igualmente.

Ata logo,
  Leandro Regueiro

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa mvillarino
 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

 Home, en principio non vexo moi ben cal é o problema, ainda que ainda
 non me metin neses mundos. O máis preto que estiven de traducir
 documentación con .po foron os titoriais de Inkscape, que veñen en
 formato SVG (subconxunto de XML o mesmo ca Docbook) e só habia que ter
 dúas cousas máis en mente: ser consistente ca terminoloxía usada na
 tradución da GUI e ter en conta as novas etiquetas e marcas que
 aparecian nas cadeas.

Pois iso mesmo: é crítico ter activada a comprobación das etiquetas ao
vivo, e a ser posíbel meter as etiquetas mediante atallos de teclado
(para non confundirse nelas). Ademais hai problemas en manter a
consistencia entre os textos da gui, e o que a documentación di que
son os textos da gui.
E por riba está todo o proceso de compilación, que o máis normal é que
casque catro ou cinco veces antes de que a cousa vaia indo. Isto si
que é desesperante.

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa Leandro Regueiro
2008/7/24 mvillarino mvillar...@gmail.com:

Certo. Creo que o gtranslator a ten ou a ía ter. O kbabel creo que
tiña. O Poedit creo que non. O da consistencia creo que vai ser o gran
problema.

Respecto do da compilación non vexo problema, sempre que non se meta a
zoca cas etiquetas.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa Miguel Branco
O Thursday 24 July 2008 10:43:36 mvillarino escribiu:
 Olá,
 como ando curto de tempo, serei algo máis telegráfico do normal:

 1.- Temos KDE4.1. Isto significa que agora trunk/l10n-kde4 é para 4.2
 e branches/stable/l10n-kde4 para 4.1, tédeo en conta para o traballo
 que fagades de agora en diante. Se non se explicita, entendo que os
 ficheiros que enviades através de min son de trunk.

si, lin o anuncio onte. Apuntado. Non teño nada de kde 4.1 listo, estiven 
tamén con de todo menos isto. 

 2.- Agora mesmo está o proceso a anovar as estatísticas.
 Consultainas, e flipai.

Autofelicitate xq moito do mérito tm é teu. Eu autocongratúlome e felicitovos 
a todos!. 6º hehehe!

 3.- Ollo coa configuración que poñedes da lista de correo e idioma. En
 moitos casos está ou o nome do idioma, ou o enderezo, ou ambos os dous
 errados.

 4.- Convén ir completando módulos, en concreto koffice (van pola beta
 9) e kdepim. Kdeedu levará máis tempo, a ver se lle imos dando
 despois.

si, intentarei darlle: agora que esas cadeas que quedan en kspread danme dor 
de moas. Mais, tm creo que tm temos un problema que é que hai demasiadas liñas 
fuzzy. Creo que é un punto fraco nas tradución que debemos millorar, pois x 
experiencia, xeralmente as fuzzy están mal, moi mal. Tamén creo que KDEPIM é 
un módulo esencial que convén rematar E revisar. Eu fixen a revisión do 
Koffice e penso que debería conter poucos erros.

 5.- Non está de máis que vaiades tonteando coa documentación. Temos
 entre un 8 e un 15 % feito, pero faltan uns detalles infraestruturais
 para poder estar listos para tirar para diante, aínda así, tendo en
 conta as peculiaridades [1] da tradución de docbooks mediante
 ficheiros po, por favor, ide dándolle unha ollada.

 [1]Para acabarlle coa paciencia a un santo.

 Que vaia ben,

Só dicir que levo como 10 días co KDE 4.1 (inda RC1) e coas tradución e vese, 
IMHO, unha tradución boa, con poucos erros (algún tonto hai) e bastante 
uniforme!. 

EN canto ó KDE 4.1,e é opinión persoal, as versión de KDE 4.X de Kubuntu soen 
sar malas: están mal construidas. A mellor implementación de KDE4 que provei 
foi Opensuse, sen dúbida. Con KDE 4.1 RC1 só tiven con Suse un par de crashes 
menores. Fédora ten unha implentación bastante decente, tm.

Re: [KDE] Varias cousas

2008-07-24 Conversa mvillarino
 si, lin o anuncio onte. Apuntado. Non teño nada de kde 4.1 listo, estiven
 tamén con de todo menos isto.

Sen problema, co mecanismo summit de Kaslav illic ou co sistema diff
de Lokalise podes traducir trunk e reaproveitar nunha patada para
stable. Eu é o que fago, co summit, así que non vos preocupedes, todo
o que enviedes para trunk que sexa reaproveitábel acabará en stable.
Na seguinte vez que nos vexamos, teño que contarvos como é a cousa (se
non seguides kde-l10n-doc, claro)

 si, intentarei darlle: agora que esas cadeas que quedan en kspread danme dor
 de moas. Mais, tm creo que tm temos un problema que é que hai demasiadas
 liñas fuzzy. Creo que é un punto fraco nas tradución que debemos millorar,
 pois x experiencia, xeralmente as fuzzy están mal, moi mal.

As de kspread deberían estar mais ou menos ben --semanticamente
falando--: antes ca ti, un ano ou así antes de que apareceses,
adicábame eu a koffice, e cheguei a ter o kspread completo daquela (de
ahí que comezase coa documentación), agora ben, non garanto que siga
os termos nen as túas escollas normativas nen o teu estilo.
Recorda que falta moi pouco para sacar koffice2.

Tamén creo que
 KDEPIM é un módulo esencial que convén rematar E revisar. Eu fixen a
 revisión do Koffice e penso que debería conter poucos erros.
Ok, Xosé está a darlle moi duramente a kdepim.

 EN canto ó KDE 4.1,e é opinión persoal, as versión de KDE 4.X de Kubuntu
 soen sar malas: están mal construidas. A mellor implementación de KDE4 que
 provei foi Opensuse, sen dúbida. Con KDE 4.1 RC1 só tiven con Suse un par de
 crashes menores. Fédora ten unha implentación bastante decente, tm.
Non podo opinar, eu até que Ana e compañía non teñan listos os
paquetes para Debian estábel (Lenny, supoño), non o poderei probar, só
trasteei un pouco un día nun kubuntu, e
non quedei defrauduado: funcionaba.

E se atopas erros avisa, ho!