Re: envío de novo dende o enderezo correcto (perdón)

2011-02-13 Conversa Miguel Bouzada
Feita a baixa na lista

2011/2/13 Ulfe 

> reproduzo a mensaxe a continuación, perdón polo erro:
>
> Moi boas!
>
> Lamentabelmente preciso de quitarme da rolda de correo, non sei se hai
> un xeito éstandar de facelo pero non o coñezo, ese e o motivo desta
> mensaxe.
>
> Debido ao meu actual (e "merdoso") traballo véxome na imposibilidade de
> traducir, xa que apenas teño tempo libre, levo case un ano intentando
> facer algún oco sen éxito (e non esaxero), ademais acumúlanseme as
> mensaxes da rolda ao non poder lelas e actúan coma "spam", xa que me
> dicifultan atopar as mensaxes da familia.
>
> Supoño que nun posíbel futuro non haberá problema de volver entrar na
> rolda, pero por agora rogaría que se me dese de baixa.
>
> Foi un auténtico pracer. Moitísimas grazas e un grande saudo! :)
>
>
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

envío de novo dende o enderezo correcto (perdón)

2011-02-13 Conversa Ulfe
reproduzo a mensaxe a continuación, perdón polo erro:

Moi boas!

Lamentabelmente preciso de quitarme da rolda de correo, non sei se hai
un xeito éstandar de facelo pero non o coñezo, ese e o motivo desta
mensaxe.

Debido ao meu actual (e "merdoso") traballo véxome na imposibilidade de
traducir, xa que apenas teño tempo libre, levo case un ano intentando
facer algún oco sen éxito (e non esaxero), ademais acumúlanseme as
mensaxes da rolda ao non poder lelas e actúan coma "spam", xa que me
dicifultan atopar as mensaxes da familia.

Supoño que nun posíbel futuro non haberá problema de volver entrar na
rolda, pero por agora rogaría que se me dese de baixa.

Foi un auténtico pracer. Moitísimas grazas e un grande saudo! :)

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Manuel A Vazquez
Ola a todos:
Eu coido que debemos seguir a normativa, que acepta os dous termos. O lóxico 
sería que na mesma tradución se empregase ou sempre desde ou sempre dende. 
Entendémonos e ademais temos riqueza léxica...
Por exemplo, por aquí en Ourense, xente que falou sempre en galego nunca 
utiliza palabras rematadas en -bel. E a normativa acepta -ble e -bel. Se por 
estilo adóitase empregar -bel, pois paréceme ben, pero alguén que use -ble non 
está a meter a pata. Eu desde logo non empreguei nin emprego a terminación -bel.
Un saúdo:

 Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es

- Mensaje original 
De: Adrián Chaves Fernández 
Para: proxecto@trasno.net
Enviado: lun,19 octubre, 2009 20:23
Asunto: Re: Dende

> Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se
>  escribe. Así:
> - escríbese "dende", pero pronúnciase "desde"
> - escríbese "gato" pero lese "jato" (non, non se le ghato. na miña terra
>  non) - escríbese "concello" pero lese "ayuntamiento"
> - escríbese "xanela" pero lese "ventana"
> 
> e máis casos aínda. Así que, se cadra, non che pode axudar moito, jejeje

Pois eu dende que decidimos (ou lin nalgures) que a preferencia na escrita era 
"desde", escribo "desde" (nas traducións polo menos) e pronuncio /dende/. Pero 
tamén pronuncio /pra/ e escribo "para", /gracias/ - "grazas", etc.

--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández

2009-10-19 Conversa Miguel Bouzada
2009/10/19 Fran Dieguez 

> -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
> Hash: SHA1
>
> José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> > Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se
> escribe.
> > Así:
> Bueno pero e que a túa zona é moi particular, tedes de todo... vos si
> que facedes tersiverxación da lingua :P
>
> que si seseo total, que si gheada... Eu vivo a escasos 15 kilómetros e a
> cousa é moi distinta, non sei porqué... pero é así.
>
> > - escríbese "dende", pero pronúnciase "desde"
> dende escrita e fala
> > - escríbese "gato" pero lese "jato" (non, non se le ghato. na miña terra
> non)
> aquí si coincidimos poucas veces se emprega a gheada pero en ghato é
> obrigatorio. Pasa ghato de aií!!!
> > - escríbese "concello" pero lese "ayuntamiento"
> aquí tamén coincidimos pero agora doume de conta que os rapaces pequenos
>  "cando falan galego"... empregan concello.
> > - escríbese "xanela" pero lese "ventana"
> Aquí xanela/ventana/fiestra non significan o mesmo. Teñollo explicado a
> moitos e varias veces.
>
> Fiestra: simplemente as da casa. Necesariamente grandes.
> Xanelas: ocos pequenos na corte das vacas para deixar pasar o aire para
> respiraren. Ten certa connotación negativa.
> Ventana: non se emprega nunca de feito se considera un castelanismo.
>

A miña casa tiña fiestras e xanelas e dende a miña fiestra, sendo cativo
chimpaba para unha xanela.

>
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -BEGIN PGP SIGNATURE-
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>
> iEYEARECAAYFAkrciCMACgkQmLtmJqKk+bi2LwCeMfXCAsZGcsSpJOApu2FZz2vx
> tN0AnRfb16URVEfEMSHfl8BoLSxRYkxU
> =5QSN
> -END PGP SIGNATURE-
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se escribe.
> Así:
Bueno pero e que a túa zona é moi particular, tedes de todo... vos si
que facedes tersiverxación da lingua :P

que si seseo total, que si gheada... Eu vivo a escasos 15 kilómetros e a
cousa é moi distinta, non sei porqué... pero é así.

> - escríbese "dende", pero pronúnciase "desde"
dende escrita e fala
> - escríbese "gato" pero lese "jato" (non, non se le ghato. na miña terra non)
aquí si coincidimos poucas veces se emprega a gheada pero en ghato é
obrigatorio. Pasa ghato de aií!!!
> - escríbese "concello" pero lese "ayuntamiento"
aquí tamén coincidimos pero agora doume de conta que os rapaces pequenos
 "cando falan galego"... empregan concello.
> - escríbese "xanela" pero lese "ventana"
Aquí xanela/ventana/fiestra non significan o mesmo. Teñollo explicado a
moitos e varias veces.

Fiestra: simplemente as da casa. Necesariamente grandes.
Xanelas: ocos pequenos na corte das vacas para deixar pasar o aire para
respiraren. Ten certa connotación negativa.
Ventana: non se emprega nunca de feito se considera un castelanismo.

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrciCMACgkQmLtmJqKk+bi2LwCeMfXCAsZGcsSpJOApu2FZz2vx
tN0AnRfb16URVEfEMSHfl8BoLSxRYkxU
=5QSN
-END PGP SIGNATURE-

Re: Dende

2009-10-19 Conversa José Manuel Castroagudín Silva
Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se escribe.
Así:
- escríbese "dende", pero pronúnciase "desde"
- escríbese "gato" pero lese "jato" (non, non se le ghato. na miña terra non)
- escríbese "concello" pero lese "ayuntamiento"
- escríbese "xanela" pero lese "ventana"

e máis casos aínda. Así que, se cadra, non che pode axudar moito, jejeje

2009/10/19, Fran Dieguez :
> -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
> Hash: SHA1
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>>> Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de
>>> Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
>>> especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
>>> Xeración Nós.
>>
>> Pola zona de Touro úsase "dende" bastante. Teño a dúbida de se non
>> será influencia da TVG...
>>
>>
>>> Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
>>> "desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
>>> concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).
>>
>> Eu sempre tendín a usar "dende" porque hai moita xente que ten a
>> dúbida de se "desde" é ou non castelanismo e así aforro problemas,
>> digo traballo :)
>>
>>> Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
>>> que... non tedes medida humana.
>>
>> Non é culpa nosa, botar a andar unha asociación implica cousas como
>> esta...
>>
>> Ata logo,
>>  Leandro Regueiro
>>
>>
> Falando con keko esta mañán a súa zona tamén fai uso extensivo na fala e
> escrita de dende.
>
> Toda a miña zona fala e escribe dende, a discusión co meu profesor no
> seu día veu encamiñada por tomarme o que viña nos libros (defensa de
> desde) como algo incambiábel.
>
> Preguntei en Lareta.net para ver o que saco de aí. Pícame a curisidade
> se somos catro monos os que empregamos dende en galego e sentimos como
> algo forzado empregar "desde". Ou se pola contra a maioría da xente
> emprega "desde".
>
> Saúdos
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -BEGIN PGP SIGNATURE-
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>
> iEYEARECAAYFAkrchXoACgkQmLtmJqKk+bj+BQCeNFXsuXSsuDqcS75JbEyr72Fr
> s9gAnR6pRe98bCE5k5Bocmmhb0Xh4wBV
> =BAK0
> -END PGP SIGNATURE-
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Leandro Regueiro
2009/10/19 Fran Dieguez :
> -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
> Hash: SHA1
>
> Leandro Regueiro escribiu:
>>> Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de
>>> Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
>>> especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
>>> Xeración Nós.
>>
>> Pola zona de Touro úsase "dende" bastante. Teño a dúbida de se non
>> será influencia da TVG...
>>
>>
>>> Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
>>> "desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
>>> concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).
>>
>> Eu sempre tendín a usar "dende" porque hai moita xente que ten a
>> dúbida de se "desde" é ou non castelanismo e así aforro problemas,
>> digo traballo :)
>
> Falando con keko esta mañán a súa zona tamén fai uso extensivo na fala e
> escrita de dende.
>
> Toda a miña zona fala e escribe dende, a discusión co meu profesor no
> seu día veu encamiñada por tomarme o que viña nos libros (defensa de
> desde) como algo incambiábel.
>
> Preguntei en Lareta.net para ver o que saco de aí. Pícame a curisidade
> se somos catro monos os que empregamos dende en galego e sentimos como
> algo forzado empregar "desde". Ou se pola contra a maioría da xente
> emprega "desde".

Pola zona de Touro, home o uso non é exactamente o mesmo, pero case
metade e metade...

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Leandro Regueiro escribiu:
>> Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de
>> Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
>> especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
>> Xeración Nós.
> 
> Pola zona de Touro úsase "dende" bastante. Teño a dúbida de se non
> será influencia da TVG...
> 
> 
>> Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
>> "desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
>> concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).
> 
> Eu sempre tendín a usar "dende" porque hai moita xente que ten a
> dúbida de se "desde" é ou non castelanismo e así aforro problemas,
> digo traballo :)
> 
>> Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
>> que... non tedes medida humana.
> 
> Non é culpa nosa, botar a andar unha asociación implica cousas como esta...
> 
> Ata logo,
>  Leandro Regueiro
> 
> 
Falando con keko esta mañán a súa zona tamén fai uso extensivo na fala e
escrita de dende.

Toda a miña zona fala e escribe dende, a discusión co meu profesor no
seu día veu encamiñada por tomarme o que viña nos libros (defensa de
desde) como algo incambiábel.

Preguntei en Lareta.net para ver o que saco de aí. Pícame a curisidade
se somos catro monos os que empregamos dende en galego e sentimos como
algo forzado empregar "desde". Ou se pola contra a maioría da xente
emprega "desde".

Saúdos
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrchXoACgkQmLtmJqKk+bj+BQCeNFXsuXSsuDqcS75JbEyr72Fr
s9gAnR6pRe98bCE5k5Bocmmhb0Xh4wBV
=BAK0
-END PGP SIGNATURE-

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Leandro Regueiro
> Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de
> Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
> especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
> Xeración Nós.

Pola zona de Touro úsase "dende" bastante. Teño a dúbida de se non
será influencia da TVG...

> Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
> "desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
> concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).

Eu sempre tendín a usar "dende" porque hai moita xente que ten a
dúbida de se "desde" é ou non castelanismo e así aforro problemas,
digo traballo :)

> Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
> que... non tedes medida humana.

Non é culpa nosa, botar a andar unha asociación implica cousas como esta...

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: Dende

2009-10-19 Conversa damufo

Boas:

Antón Méixome escribiu:

desde (que), dende (que)

A forma recomendada pola RAG é a primeira, desde. A segunda
considérase unha variante pero tamén válida.

De ningunha forma, ningunha delas é un castelanismo nin ten ningún
"defecto" xenético

Desde > lat. de + ex + de
Dende > lat. de + inde

Hai exemplos do uso ESCRITO con "dende e desde " ata na Crónica
Troiana, e mesmo antes dese 1373 dC, carallo:
C. Troiana "ouuo resposta dos deoses que sse pares fosse a greçia et
dende adussesse moller toda troya... seeria perdido"
C. Troiana "desde oie mays pode dizer Troylos que lle non esta ben sua señora"

Fonte: http://sli.uvigo.es/DDGM/

Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de
Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
Xeración Nós.

Non sei qué "tipo" de profesores andan por aí, sinceramente :-(

Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
"desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).

Desde o punto de vista dunha tradución, si que é hoxe en día un
criterio xeral optar por empregar sempre a mesma, polo menos durante
un texto concreto.

P.S.

Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
que... non tedes medida humana.

Xunto o que eu pensaba.

Daquela seguimos con "desde", non?

2009/10/19 José Manuel Castroagudín Silva :

Non é por levar a contraria (ou non é só por levar a contraria, vaia),
pero semella que ambas son válidas. E ata creo recordar que alguén me
dixera algunha vez que 'desde' era a recomendada... Pero non recordo
quen mo dixera (se é que alguén mo dixo e non o soñei)...

http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp (buscar 'dende' ou
'desde' aí mesmo)

Ta loguiño,

2009/10/19, Fran Dieguez :

-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Ola rapaces,

estou completando traducións de gnome e vexo moitas veces "desde", fallo
garrafal en galego, xa que desde é un castelanismo.

Digo que é un castelanismo porque teño tido moitas discusións co meu
profesor de galego por defender desde no instituto. Ao final tiven que
caer da burra e facerlle caso de que "dende" é correcto en galego.

Quero deixalo claro aquí para que todos vaiamos polo mesmo camiño. En
calquera caso quero que mo ratifique así mr. Méixome e o seu coñecemento
máis extenso da lingua.

Saúdos
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrblQoACgkQmLtmJqKk+bh3GgCeOgt6TmOgjqC/lkpmRFjaI2bR
SdsAoIr8mhJy6ZPDy/4DMXyNie4xMnpH
=wxRn
-END PGP SIGNATURE-

--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

--
Saúde,

Chaves - http://chav.es

--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Antón Méixome
desde (que), dende (que)

A forma recomendada pola RAG é a primeira, desde. A segunda
considérase unha variante pero tamén válida.

De ningunha forma, ningunha delas é un castelanismo nin ten ningún
"defecto" xenético

Desde > lat. de + ex + de
Dende > lat. de + inde

Hai exemplos do uso ESCRITO con "dende e desde " ata na Crónica
Troiana, e mesmo antes dese 1373 dC, carallo:
C. Troiana "ouuo resposta dos deoses que sse pares fosse a greçia et
dende adussesse moller toda troya... seeria perdido"
C. Troiana "desde oie mays pode dizer Troylos que lle non esta ben sua señora"

Fonte: http://sli.uvigo.es/DDGM/

Hoxe en día o uso de "dende" queda circunscrito a pequenas zonas de
Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
Xeración Nós.

Non sei qué "tipo" de profesores andan por aí, sinceramente :-(

Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
"desde". A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).

Desde o punto de vista dunha tradución, si que é hoxe en día un
criterio xeral optar por empregar sempre a mesma, polo menos durante
un texto concreto.

P.S.

Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
que... non tedes medida humana.

2009/10/19 José Manuel Castroagudín Silva :
> Non é por levar a contraria (ou non é só por levar a contraria, vaia),
> pero semella que ambas son válidas. E ata creo recordar que alguén me
> dixera algunha vez que 'desde' era a recomendada... Pero non recordo
> quen mo dixera (se é que alguén mo dixo e non o soñei)...
>
> http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp (buscar 'dende' ou
> 'desde' aí mesmo)
>
>
> Ta loguiño,
>
> 2009/10/19, Fran Dieguez :
>> -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
>> Hash: SHA1
>>
>> Ola rapaces,
>>
>> estou completando traducións de gnome e vexo moitas veces "desde", fallo
>> garrafal en galego, xa que desde é un castelanismo.
>>
>> Digo que é un castelanismo porque teño tido moitas discusións co meu
>> profesor de galego por defender desde no instituto. Ao final tiven que
>> caer da burra e facerlle caso de que "dende" é correcto en galego.
>>
>> Quero deixalo claro aquí para que todos vaiamos polo mesmo camiño. En
>> calquera caso quero que mo ratifique así mr. Méixome e o seu coñecemento
>> máis extenso da lingua.
>>
>> Saúdos
>> - --
>> Fran Diéguez
>> http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
>> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>>
>>
>> -BEGIN PGP SIGNATURE-
>> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
>> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>>
>> iEYEARECAAYFAkrblQoACgkQmLtmJqKk+bh3GgCeOgt6TmOgjqC/lkpmRFjaI2bR
>> SdsAoIr8mhJy6ZPDy/4DMXyNie4xMnpH
>> =wxRn
>> -END PGP SIGNATURE-
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>>
>
>
> --
> Saúde,
>
> Chaves - http://chav.es
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Re: Dende

2009-10-19 Conversa José Manuel Castroagudín Silva
Non é por levar a contraria (ou non é só por levar a contraria, vaia),
pero semella que ambas son válidas. E ata creo recordar que alguén me
dixera algunha vez que 'desde' era a recomendada... Pero non recordo
quen mo dixera (se é que alguén mo dixo e non o soñei)...

http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp (buscar 'dende' ou
'desde' aí mesmo)

Ta loguiño,

2009/10/19, Fran Dieguez :
> -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
> Hash: SHA1
>
> Ola rapaces,
>
> estou completando traducións de gnome e vexo moitas veces "desde", fallo
> garrafal en galego, xa que desde é un castelanismo.
>
> Digo que é un castelanismo porque teño tido moitas discusións co meu
> profesor de galego por defender desde no instituto. Ao final tiven que
> caer da burra e facerlle caso de que "dende" é correcto en galego.
>
> Quero deixalo claro aquí para que todos vaiamos polo mesmo camiño. En
> calquera caso quero que mo ratifique así mr. Méixome e o seu coñecemento
> máis extenso da lingua.
>
> Saúdos
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -BEGIN PGP SIGNATURE-
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>
> iEYEARECAAYFAkrblQoACgkQmLtmJqKk+bh3GgCeOgt6TmOgjqC/lkpmRFjaI2bR
> SdsAoIr8mhJy6ZPDy/4DMXyNie4xMnpH
> =wxRn
> -END PGP SIGNATURE-
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Dende

2009-10-19 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Ola rapaces,

estou completando traducións de gnome e vexo moitas veces "desde", fallo
garrafal en galego, xa que desde é un castelanismo.

Digo que é un castelanismo porque teño tido moitas discusións co meu
profesor de galego por defender desde no instituto. Ao final tiven que
caer da burra e facerlle caso de que "dende" é correcto en galego.

Quero deixalo claro aquí para que todos vaiamos polo mesmo camiño. En
calquera caso quero que mo ratifique así mr. Méixome e o seu coñecemento
máis extenso da lingua.

Saúdos
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrblQoACgkQmLtmJqKk+bh3GgCeOgt6TmOgjqC/lkpmRFjaI2bR
SdsAoIr8mhJy6ZPDy/4DMXyNie4xMnpH
=wxRn
-END PGP SIGNATURE-

Re: Saida dende Vigo

2009-10-17 Conversa Miguel Bouzada
2009/10/16 Adrián Chaves Fernández 

> > vellete, canoso, barriguo e con tiranres, levarei  a carteira do netbook
> da
> > xgn
> > o tren sae as 12:15, o billete ida e volta son 13 € mais menos e según a
> >  que hora volvamos pode ter un plus de 2 € máis
> > precisas mais datos?
>
> XD Non, con eses imaxino que nos apañaremos. Eu sen afeitar, melena, e de
> negro.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

vemonos entón mañán

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Re: Saida dende Vigo

2009-10-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
> vellete, canoso, barriguo e con tiranres, levarei  a carteira do netbook da
> xgn
> o tren sae as 12:15, o billete ida e volta son 13 € mais menos e según a
>  que hora volvamos pode ter un plus de 2 € máis
> precisas mais datos?

XD Non, con eses imaxino que nos apañaremos. Eu sen afeitar, melena, e de 
negro.

Re: Saida dende Vigo

2009-10-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
> > Eu teño previsto sair de Vigo as 12:15 no tren para chegar a Santiago as
> > 13:40
> >
> > alguén máis vai facer esa viaxe?
> 
> Eu sabereino esta noite. Meu pai vai cuns compañeiros en coche a Lugo, pero
> aínda non sei a hora nin se poderán deixarme en Santiago polo camiño. Así e
> todo, a volta é case seguro que hei tela que facer collendo o tren.

Pois nada, eu tamén collo o mesmo tren. E xusto agora tiñan que poñerse os de 
Renfe a fozar no sitio web... Bueno, mañá pola mañá vexo os detalles. Quedamos 
nalgures ou acordamos algo para recoñecernos? XD

Re: Saida dende Vigo

2009-10-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Eu teño previsto sair de Vigo as 12:15 no tren para chegar a Santiago as
> 13:40
> 
> alguén máis vai facer esa viaxe?

Eu sabereino esta noite. Meu pai vai cuns compañeiros en coche a Lugo, pero 
aínda non sei a hora nin se poderán deixarme en Santiago polo camiño. Así e 
todo, a volta é case seguro que hei tela que facer collendo o tren.

> Para volver temos o último tren as 21:33 a non ser que poidamos estar
> tranquilos se alguén volve, que as presas do xoves pasado (despois dunha
> enriquecedora charleta que fixo perder a noción do tempo) non me apetece
> volver a repetilas :-) (nonsí Anton?)

Malo será, ho!

Saida dende Vigo

2009-10-16 Conversa Miguel Bouzada
Eu teño previsto sair de Vigo as 12:15 no tren para chegar a Santiago as
13:40

alguén máis vai facer esa viaxe?

Para volver temos o último tren as 21:33 a non ser que poidamos estar
tranquilos se alguén volve, que as presas do xoves pasado (despois dunha
enriquecedora charleta que fixo perder a noción do tempo) non me apetece
volver a repetilas :-) (nonsí Anton?)