Re: Observacións

2008-06-25 Conversa Adrián Chaves
O Mar, 24-06-2008 ás 11:14 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
 2008/6/23 Xosé xoseca...@gmail.com:

[...]

  Preferencia da construción estar a + infinitivo sobre estar + xerundio 
  por
  ter menor visibilidade
 
 Teño preferencia polo segunda forma xa que é a que uso a diario. O de
 ter menor visibilidade non me parece unha boa razón.

O mesmo digo.

  Substituo as aspas sinxelas (') polas dobres () porque as primeiras non
  existen en galego.

Eu o certo é que nunca atrás o usara en galego, así que non me
sorprende.

[...]

  correo-e - correo electrónico (correo-e é un calco de e-mail e non ten
  uso real en galego)
 
 A veces hai que usar algo máis curto ca correo electrónico. Se
 preferides usar email por min vale.

Pois gústame así, correo electrónico para cando sexa posible e email
para cando se precise un termo surto.

[...]

  URL é masculino (Localizador Uniforme de Recursos)
 
 Si, ainda que a min sempre me dixeron que era porque enderezo tamén
 era masculino.

Isto si que non o sabía eu. Eu son (era) dos de a URL. Pero certo é
que ten máis sentido usalo en masculino en galego, polo de enderezo
máis que pola tradución literal na miña opinión.

  Contents - Contido, non contidos (anglicismo o contido da mensaxe, non 
  os
  contidos da mensaxe)
 
 Coincido.

Isto si que debera ir no glosario, que eu non me decataría.

Un saúdo!
Adrián Chaves

Re: Observacións

2008-06-25 Conversa mvillarino
O Mércores 25 Xuño 2008 08:23, Adrián Chaves escribiu:
   URL é masculino (Localizador Uniforme de Recursos)
 
  Si, ainda que a min sempre me dixeron que era porque enderezo tamén
  era masculino.

 Isto si que non o sabía eu. Eu son (era) dos de a URL. Pero certo é
 que ten máis sentido usalo en masculino en galego, polo de enderezo
 máis que pola tradución literal na miña opinión.

Se non lembro mal, no snl da udc hai un documento que trata da utilización das 
maiúsculas, siglas acrónimos, e asuntos relacionados. Penso que o liguei 
desde a guía de estilo. Non está de máis darlle un tento.

   Contents - Contido, non contidos (anglicismo o contido da mensaxe,
   non os contidos da mensaxe)
 
  Coincido.

 Isto si que debera ir no glosario, que eu non me decataría.
Xa tardades...

   Adrián Chaves
[Off-topic] Tu non serás de pontecesures ou así, non?
-- 
Best regards,
MV

Re: Observacións

2008-06-25 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/25 mvillarino mvillar...@gmail.com:

Ata onde eu sei anda por vigo. Fastidiate marce :)

Xa sei que hai xente á que non lle gusta nada que rule info súa por
internet, pero a aqueles ós que non lle importe moito, que se poñan no
mapa de tradutores:
http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8hl=enmsa=0msid=109621810617065507417.00044fd9b70271e3b5d0bll=42.674359,-8.138123spn=0.852159,2.768555t=pz=9

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: Observacións

2008-06-24 Conversa Leandro Regueiro
2008/6/23 Xosé xoseca...@gmail.com:
 Acabo de traducir KMail. Como pedia Marce, comento as cousas que fun anotando:

 filtraxe - filtrado (non aparece nen no IRIndo nen no VOLGA)

Téñoo visto, pero creo que nunca a usei. Nesta opción sempre tiven
dúbidas. Sería bo engadilo ó glosario.

 aturar (support) - permitir, aceptar, recoñecer, admitir: This isn't
 supported-Non se permite/acepta/recoñece/admite isto

O de soportar está moi estendido. Habería que debatelo. Ademais xa non
é a primeira vez que unha opción en principio non válida se termina
incorporando ó léxico dun idioma.

 Preferencia da construción estar a + infinitivo sobre estar + xerundio por
 ter menor visibilidade

Teño preferencia polo segunda forma xa que é a que uso a diario. O de
ter menor visibilidade non me parece unha boa razón.

 Substituo as aspas sinxelas (') polas dobres () porque as primeiras non
 existen en galego.

Iso non cho sabia!!

 plantel - modelo (non aparece nen no IRIndo nen no VOLGA)

Nunca vin plantel, que é iso?

 correo-e - correo electrónico (correo-e é un calco de e-mail e non ten
 uso real en galego)

A veces hai que usar algo máis curto ca correo electrónico. Se
preferides usar email por min vale.

 Abortar - Cancelar

Uso abortar onde aparece abort e cancelar onde aparece cancel.

 URL é masculino (Localizador Uniforme de Recursos)

Si, ainda que a min sempre me dixeron que era porque enderezo tamén
era masculino.

 Contents - Contido, non contidos (anglicismo o contido da mensaxe, non os
 contidos da mensaxe)

Coincido.

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: Observacións

2008-06-24 Conversa mvillarino
 Acabo de traducir KMail. Como pedia Marce, comento as cousas que fun 
 anotando:
A ver se o envío hoxe, onte esgotouseme a batería do portatil antes tempo.

 Preferencia da construción estar a + infinitivo sobre estar + xerundio 
 por
 ter menor visibilidade

 Teño preferencia polo segunda forma xa que é a que uso a diario. O de
 ter menor visibilidade non me parece unha boa razón.

Sendo ambas as dúas gramaticalmente correctas non vexo porque hai que
xustificar ren.
Hai que ser sistemático coa alternativa escollida, iso sí.

 plantel - modelo (non aparece nen no IRIndo nen no VOLGA)

 Nunca vin plantel, que é iso?

Pais aparecía nas traducións anteriores ao 2005. Supoño que serían de
J. Bravo et al. Creo que as que queden estarán en kdepim, que é o
módulo que non sufriu unha revisión a fondo até agora, que se puxo
xosé.

 Contents - Contido, non contidos (anglicismo o contido da mensaxe, non os
 contidos da mensaxe)

 Coincido.

Cagüen. vaia, terei que facer unha revisión dos meus ficheiros.

Re: Observacións

2008-06-23 Conversa mvillarino
O Luns 23 Xuño 2008 18:13, Xosé escribiu:
 filtraxe - filtrado (non aparece nen no IRIndo nen no VOLGA)
Anótoma
 aturar (support) - permitir, aceptar, recoñecer, admitir: This isn't
 supported-Non se permite/acepta/recoñece/admite isto
O de empregar soportar/estar soportado está moi extendido. Xa veremos de 
ir mudándoas.
 
 Contents - Contido, non contidos (anglicismo o contido da mensaxe, non
 os contidos da mensaxe)
Esta tamén ma anoto.
-- 
Best regards,
MV