2008/6/23 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Acabo de traducir KMail. Como pedia Marce, comento as cousas que fun anotando:
>
> filtraxe -> filtrado (non aparece nen no IRIndo nen no VOLGA)

Téñoo visto, pero creo que nunca a usei. Nesta opción sempre tiven
dúbidas. Sería bo engadilo ó glosario.

> aturar (support) -> permitir, aceptar, recoñecer, admitir: "This isn't
> supported"->"Non se permite/acepta/recoñece/admite isto"

O de soportar está moi estendido. Habería que debatelo. Ademais xa non
é a primeira vez que unha opción en principio non válida se termina
incorporando ó léxico dun idioma.

> Preferencia da construción "estar a + infinitivo" sobre "estar + xerundio" por
> ter menor visibilidade

Teño preferencia polo segunda forma xa que é a que uso a diario. O de
ter menor visibilidade non me parece unha boa razón.

> Substituo as aspas sinxelas (') polas dobres (") porque as primeiras non
> existen en galego.

Iso non cho sabia!!

> plantel -> modelo (non aparece nen no IRIndo nen no VOLGA)

Nunca vin plantel, que é iso?

> correo-e -> correo electrónico ("correo-e" é un calco de "e-mail" e non ten
> uso real en galego)

A veces hai que usar algo máis curto ca correo electrónico. Se
preferides usar email por min vale.

> Abortar -> Cancelar

Uso abortar onde aparece abort e cancelar onde aparece cancel.

> URL é masculino ("Localizador Uniforme de Recursos")

Si, ainda que a min sempre me dixeron que era porque enderezo tamén
era masculino.

> Contents -> Contido, non contidos (anglicismo "o contido da mensaxe", non "os
> contidos da mensaxe")

Coincido.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a