Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-09-05 Conversa mvillarino
Pedido push: o que che manda automaticamente o fornecedor srn que exista pedido do cliente. Pedido pull: o que envía o fornecedor porque llo pediu o cliente. No contexto das noticicacións, entendo que a push corresponde ao que un lego denominaría notificación ou avisa, e unha pull a unha resposta.

Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-09-01 Conversa Adrian Chaves
O que describes é o que tiña en mente, igual non o expresei ben. Pero entendo que a opción de traer/levar é coherente co que describes. On 2020-09-01 19:38, pd wrote: > On Mon, Aug 24, 2020 at 10:15 PM Adrian Chaves > wrote: > >> Eu non o acabo de ver. >> >> Os dous tipos de notificacións

Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-09-01 Conversa pd
On Mon, Aug 24, 2020 at 10:15 PM Adrian Chaves wrote: > Eu non o acabo de ver. > > Os dous tipos de notificacións son notificacións do cliente ao servidor, > a única diferencia é quen toma a iniciativa para que se produza a > entrega, se o servidor (push) ou o cliente (pull). Polo tanto as dúas

Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-08-25 Conversa Xosé
Moi ben explicado, Adrián. Resumo  as túas propostas, engado as do glosario de Bouzada e os meus catro patacos: PUSH - PULL * transmisión automática - transmisión manual * Notificación transmitida por iniciativa do servidor - notificación transmitida por iniciativa do cliente * notificación

Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-08-25 Conversa Miguel Bouzada
Sobre as reflexións de Adrian. Respecto ao de manual vs. automático da wikipedia en catalán non vexo que estea acertada a escolla en función da orixe da solicitude. Puxar e tirar, no uso cotiá, non sempre son antónimas, depende sempre do contexto. Sobre «turrar» habitual na aldea na que me

Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-08-24 Conversa Adrian Chaves
Eu non o acabo de ver. Os dous tipos de notificacións son notificacións do cliente ao servidor, a única diferencia é quen toma a iniciativa para que se produza a entrega, se o servidor (push) ou o cliente (pull). Polo tanto as dúas serían «notificacións do servidor», e ningunha delas sería

Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-08-08 Conversa Leandro Regueiro
Ola, Pois aínda que non sexan traducións perfectas non se me ocorre nada mellor. Saúdos, Leandro Regueiro O xov., 6 de ago. de 2020 ás 12:40, Miguel Bouzada () escribiu: > Non me desgusta nada a opción: > > push notificaion → notificación do servidor > > pull notification → notificación do

Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-08-06 Conversa Miguel Bouzada
Non me desgusta nada a opción: push notificaion → notificación do servidor pull notification → notificación do cliente IMHO que sexa do... no canto de ao... é máis claro e directo, aínda que pode que nalgún contexto acaia o outro par O mér., 5 de ago. de 2020 ás 20:13, pd () escribiu: > unha

Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-08-05 Conversa pd
unha traducción simple baseada no significado do concepto sería "notificación ao cliente" (ou "notificación do servidor") para as notificacións push e "notificación ao servidor" (ou "notificación do cliente") para as notificacións pull Isto asume implícitamente unha arquitectura cliente/servidor

Re: [Terminoloxía] Push notification

2020-08-04 Conversa mvillarino
En loxistica e xestión de stocks atópase a mesma dicotomía push/pull en relación aos pedidos. O 10:57, mar., 4/08/2020, Miguel Bouzada escribiu: > Cada vez atopo máis a presenza de «push notification» e non temos unha > tradución para iso, ata o de agora limitabame a traducilo por «notificación