Re: PFC

2011-01-17 Conversa Fran Dieguez
Ola Marce,

O Lun, 17-01-2011 ás 10:03 +0100, mvillarino escribiu:
 
 creo que se falou algunha vez de que se presentaron propostas de
 proxectos fin de carreira.
 
Si, comenteino eu.

 Podedes dar máis detalles ?(do estilo, que parte corresponde a trasno,
 quen e como presenta a solicitude, onde, etc) 

Os proxectos foron presentados pola OSLUSC na USC, a parte que lle
corresponde a Trasno é de definir os requisitos mínimos para que os
produtos nos sexan de valía, xa que imos ser os principais usuarios.

Coméntoche o PFC que se aceptou e ten proxectando asignado desta vez.
Basicamente falamos dun servidor de TMX Open Source que poida xestionar
os seguintes elementos:

  - Usuarios
- Grupos
- Permisos
  - Proxectos
- Versions
- Apps de proxectos
   - Unidades de tradución
  - Idiomas

O servidor estará feito en PHP e terá un servizo web, probabelmente REST
para a consulta das unidades de tradución segundo os criterios
anteriores.

A idea e que se converta nun servizo máis de Trasno e que poida estar
dispoñíbel por exemplo desde memorias.trasno.net. 

Ademais o proxecto tamén contempla a creación dun engadido para o
Gtranslator que consulte dito servizo web e forneza suxestións sobre as
cadeas a traducir. Este estará feito en Python aproveitando a sinxeleza
da biblioteca libpeas para crear ditos engadidos.

Agardo isto aclare as túas dúbidas.

Saúdos

-- 
Fran Diéguez
Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: PFC

2011-01-17 Conversa mvillarino
 Os proxectos foron presentados pola OSLUSC na USC, a parte que lle

A pregunta non ía tnato banda deste Pfc en concreto como pola de
coñecer quen, onde, cando, como etc pode presentar algún tipo de
solicitude para que se faga un pfc en concreto ... uséase, para poder
facer unha solicitude destas.

E non, non estaría relacionado coa l10n desta volta...
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: PFC

2011-01-17 Conversa Fran Dieguez
O procedemento é sinxelo se tes contacto con un profesor da carreira en
cuestión.

Dito profesor fará de director nominal, aínda que non participe da
dirección efectiva do mesmo. Tendo este paso feito tes que cumprimentar
un impreso onde se describe moi brevemente en que consistirá o proxecto.

Titulo,
descrición de non mais de 300 palabras,
director,
e pouco máis.

ese proxecto é elixido por un alumno e asígnaselle.

Sen máis.

O Lun, 17-01-2011 ás 12:34 +0100, mvillarino escribiu:
  Os proxectos foron presentados pola OSLUSC na USC, a parte que lle
 
 A pregunta non ía tnato banda deste Pfc en concreto como pola de
 coñecer quen, onde, cando, como etc pode presentar algún tipo de
 solicitude para que se faga un pfc en concreto ... uséase, para poder
 facer unha solicitude destas.
 
 E non, non estaría relacionado coa l10n desta volta...
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Fran Diéguez
Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Qt - Unity] Mandeeeeeee?

2011-01-17 Conversa Fran Dieguez
Recollen todas as tradus feitas na anterior para a nova baseada en QT.
Ainda que din que vai haber cambios nesta


O Lun, 17-01-2011 ás 16:59 +0100, mvillarino escribiu:
 Alguén que ande no allo: afecta isto algo á l10n das qt ou a l10n das
 qt á de unity ?
 
 http://www.muylinux.com/2011/01/15/unity-2d-en-qt-como-opcion-para-ubuntu-11-04/
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Fran Diéguez
Ubuntu Member and coordinator of Galician L10n Team of GNOME
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


[Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
Boas,

Para quen non estea familiarizado co xogo, dicir que cada unidade do xogo 
pertence sempre a unha “aliñación“ determinada, dividíndose en:
- legais ─atacan mellor polo día e peor pola noite─,
- caóticas ─atacan mellor pola noite e peor polo día─ e
- neutrais ─non lles afecta o momento do día─.

O caso é que agora engadiron unha cuarta aliñación moi rara (no sentido de que 
apenas aparece no xogo, segundo teño entendido): “liminal”. As unidades desa 
aliñación atacan mellor nos cambios de día, amencer e anoitecer (a secas, non 
atacan peor noutros momentos).

Ten que ser un adxectivo, sen ser necesario que o acompañe un substantivo 
(como adoita ocorrer coas habilidades e trazos do xogo na tradución ao 
galego), que exprese que a unidade está dalgunha maneira relacionada con iso, 
co cambio de día a noite e viceversa, como nun punto medio entre dúas 
realidades se o preferides.

Ocorréraseme «aureolar», como adxectivo de «aurora». Comenteillo hoxe á mañá a 
uns compañeiros de clase, e dixéronme que iso en todo caso referiríase ás 
aureolas (o da cabeza dos santos), e comprobándoo logo na Internet resulta que 
se trata dun verbo transitivo que nada ten que ver coas auroras.

Cando lles expliquei do que ía, suxeríronme buscar algún sinónimo de 
«transitorio». Ningún dos que vin no DRAG (provisional, temporal) me gustaron 
moito, pero o termo relacionado «pasaxeiro» pareceume interesante, como idea 
de «que vai de camiño entre o día e a noite». Ademais, como sinónimos deste 
último temos «pasadío» e «fuxidío» (palabra esta última que se emprega xa para 
dar nome á “elfa fuxidía”).

Así que de momento teño como posibilidades: transitorio, pasaxeiro, pasadío e 
fuxidío. Opinións? Máis alternativas?
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Unha axudiña preciso

2011-01-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
On Monday 17 January 2011 15:07:43 mvillarino wrote:
 ... de alguén con Lokalize da SC 4.5 ou posterior
 
 podedes confirmar que isto https://bugs.kde.org/show_bug.cgi?id=257626
 está implementado ?

Se te refires ao de ter varios ficheiros TBX, na 1.2 de Lokalize (KDE SC 4.6 RC 
2) está. No que respecta ás prioridades por ficheiro, non parece.

De todos xeitos, creo que as prioridades en función da cadea orixe deberían 
como mínimo ir por diante das da orde dos ficheiros TBX (só contar a orde para 
dúas cadeas orixe idénticas).
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa mvillarino
 O caso é que agora engadiron unha cuarta aliñación moi rara (no sentido de que
 apenas aparece no xogo, segundo teño entendido): “liminal”. As unidades desa
 aliñación atacan mellor nos cambios de día, amencer e anoitecer (a secas, non
 atacan peor noutros momentos).

Se fosen autómatas programábeis diríase que reaccionan aos flancos
tanto positivos como negativos.


 Ocorréraseme «aureolar», como adxectivo de «aurora». Comenteillo hoxe á mañá a
 uns compañeiros de clase, e dixéronme que iso en todo caso referiríase ás
 aureolas (o da cabeza dos santos), e comprobándoo logo na Internet resulta que
 se trata dun verbo transitivo que nada ten que ver coas auroras.

A da cabeza dos santos foi a primeira aureola que se me veu á cabeza
!!!. A que arrodea os mamilos a segunda

 Así que de momento teño como posibilidades: transitorio, pasaxeiro, pasadío e
 fuxidío. Opinións? Máis alternativas?

do estraviz

Crepúsculo
s. m.
(1) Claridade que precede o nascer do Sol ou segue à posta do Sol:
crepúscuto matutino e crepúsculo vespertino.

Entón: crepusculares
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxia] pad, stylus, eraser

2011-01-17 Conversa Leandro Regueiro
2011/1/15 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 On Saturday 15 January 2011 11:29:43 Antón Méixome wrote:
 Documentación

 tablet
 http://www.usc.es/~snlus/term/UIP/arquivo/numero_138.htm
 http://www.digatic.com/es/node/4138

 A miña proposta

 tableta, pantalla (dixitalizadora)
 lápis (dixitalizador), estilográfica (electrónica)
 goma (de borrar), borrador

 Eu optaría por «tableta (dixitalizadora)» por ser «pantalla» moi xenérico,
 «lapis (dixitalizador)» (sen motivo xustificable) e «goma (de borrar)» por ter
 «borrador» un segundo significado como “draft” que podería ao mellor dar
 problemas nalgún caso (se algún programa mestura correo electrónico e uso de
 tableta dixitalizadora, por exemplo).

Poñamos algunha referencia:

http://en.wikipedia.org/wiki/Graphic_tablet -
http://gl.wikipedia.org/wiki/Tabo%C3%AD%C3%B1a_gr%C3%A1fica (téñoo
gardado como http://gl.wikipedia.org/wiki/Tableta_gr%C3%A1fica pero
polo visto cambiaron o nome)

http://en.wikipedia.org/wiki/Stylus_%28computing%29 que en
http://gl.wikipedia.org/wiki/Tabo%C3%AD%C3%B1a_gr%C3%A1fica lle chaman
«estilete» que non sei se será unha boa tradución. Se mal non lembro
este choio tamén se usa nalgúns PDA.

Eu traduciria «eraser» como «goma» polo que comentaban de «borrador».

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
  do estraviz
  
  Crepúsculo
  s. m.
  (1) Claridade que precede o nascer do Sol ou segue à posta do Sol:
  crepúscuto matutino e crepúsculo vespertino.
  
  Entón: crepusculares
 
 A min convénceme. Mágoa que cortaran o acceso ao Digalego, non me
 gusta depender dunha única fonte.

Hostia, ocorréraseme nun principio pero por algún motivo pensara que só se 
correspondía cun momento do día (ou amencer ou anoitecer, non os dous). A 
verdade é que «crepuscular» parece ideal. O VOLGa confirma a súa existencia 
como adxectivo, o DRAG que «crepúsculo» son ambos os dous cambios de día, e 
mesmo aparece no DdD. Salvo que a alguén se lle ocorra algo mellor, creo que 
queda :) (moi boa, Marce).


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Unha axudiña preciso

2011-01-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
On Monday 17 January 2011 17:35:13 mvillarino wrote:
 Eis o caso: npi.
 
 Pero pódese comprobar que use datos de varias mmtt diferentes creando
 un proxecto novo e povoando a súa mmtt con cousas con peculiaridades
 (por exemplo, as traducións xtest), e logo no proxecto real, vendo se
 propón suxestións dese proxecto
 O xtest é ese idioma falso que se usa pero non para comprobar que na
 interface non queden textos sen i18n. Contén os mesmos textos que no
 en_us, antecedidos e seguidos de xx (p. ex File - xxFilexx).
 Como polo xeito de obtelo (agás cousas da periodicidade) está sempre
 ao 100%, calquera mensaxe sen tradución debería recuperar as mensaxes
 da mt dese proxecto

Eu asumín que está integrado pola imaxe anexa, máis nada (así que pode que me 
equivoque e só use un de cada vez, pero como non hai ningún «Escoller» asumo 
que non, que os usa todos).attachment: glosarios.png___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa Miguel Bouzada
Hai moitos anos, cando viaxaba de curioso pola Galicia interior, escoitei
algunhas veces a expresión medio home referindose á posición do sol no
horizonte, cando este está tras a líña do horizonte, cando está a agocharse
ou a saír. No momento xusto anterior de tocalo, no anoitecer, ou de
separarse del, no amencer, era cando o sol era un home.

comento esta figura por se dera algunha pauta para adoptar algún termo.


2011/1/17 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com

   do estraviz
  
   Crepúsculo
   s. m.
   (1) Claridade que precede o nascer do Sol ou segue à posta do Sol:
   crepúscuto matutino e crepúsculo vespertino.
  
   Entón: crepusculares
 
  A min convénceme. Mágoa que cortaran o acceso ao Digalego, non me
  gusta depender dunha única fonte.

 Hostia, ocorréraseme nun principio pero por algún motivo pensara que só se
 correspondía cun momento do día (ou amencer ou anoitecer, non os dous). A
 verdade é que «crepuscular» parece ideal. O VOLGa confirma a súa existencia
 como adxectivo, o DRAG que «crepúsculo» son ambos os dous cambios de día, e
 mesmo aparece no DdD. Salvo que a alguén se lle ocorra algo mellor, creo
 que
 queda :) (moi boa, Marce).


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Unha axudiña preciso

2011-01-17 Conversa mvillarino
 E si, penso que para os glosarios (terminoloxía) debería haber algo 
 semellante.

Pois como non llo digas aos desenvolventes, non creo que o vaian
implementar...

Varios glosarios por proxecto:
https://bugs.kde.org/show_bug.cgi?id=257721

Máis información relevante nos glosarios:
https://bugs.kde.org/show_bug.cgi?id=257720

Distancia mínina nas consultas á MT:
https://bugs.kde.org/show_bug.cgi?id=257719

MT mellorada:
https://bugs.kde.org/show_bug.cgi?id=257628
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Presentación Anxo

2011-01-17 Conversa Anxo TAto
Ola!

Gracias a todos polo recibimento. Que ben atopar por aquí alguén de Touro!

Xa baixei o gettext, poñereime en contacto cos desenvolvedores de Pondus
para ver o sistema de tradución e se o está traducindo alguén, etc. Supoño
que axiña terei dúbidas para preguntarvos.


Saúdos
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto