mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola :-)

A ver se me podedes resolver unha dúbida que teño coa traducción do
GIMP.

¿Existe algunha limitación no longo das liñas?

Exemplo:
msgid Crop  Resize Information
msgstr Información de recorte e redimensionado

A traducción é bastante máis longa ca o orixinal ¿Supon algun problema?.
Hai casos nos que se nota máis.

¿Existe limitación no número de liñas precisas para traducir un parrafo?

Exemplo:

msgid 
Did you notice any error messages\n
in the console window? If not, installation\n
was successful! Otherwise, quit and investigate\n
the possible reason...\n
#Catro liñas

msgstr 
¿Veu algunha mensaxe de erro na fiestra de consola?\n
Se non, ¡a instalación foi satisfactoria! Doutro xeito, saia\n
e investigue a posible razón...\n
#Tres liñas

¿Podese traducir nun número de liñas menor ou ten que ser igual?

Graciñas e ata outra. (-:

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Mensaxes dos pot (mais)

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola:

No gimp.pot aparecen unhas mensaxes asi:

msgid /Xtns/Animation

Que ou ó principio pensaba que eran paths ou algo asi, pero parece que
son as cadeas dos menús do GIMP.  Se é asi podense traducir sen medo
¿nonsi?

JEMPLOS:

msgid /Xtns/Animation
msgstr /Extns/Animación
...
.../Xtns/Script-Fu/Logos
.../Extns/Script-Fu/Logotipos
...
.../Filters/Colours/Map
.../Filtros/Cores/Mapa

A ver se me podedes confirmar esto. Xa estou a bucar algo de informacion
sobre como traducir pots, tranquilos. ;-)

Abur.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez


Jesus Bravo Alvarez escribió:

 Mmmm, teriamos que nos preguntar se esas variedades dialectais
 poden ou non poden estar nas traduccións... Tamén son galego, ¿non?

Por suposto que son galego, outra cousa é que sexa normativo. Eu procurarei
adaptarme o máis posible á normativa, o que pasa é que hai tantas cousas que 
estou
cansado de velas/oilas dun xeito que nin se me pasa pola cabeza que poidan ser
doutra. Por iso moitas veces meto castelanismos e outras veces variantes
dialectais.

Teño que decir que o de veu dixen que era unha variante dialectal pero ben 
pode
ser un castelanismo, eh.  ;-). Non teño nin idea.


 Non me expliquei. X')

 Quero decir, que se no orixinal a división entre liñas non chega ó
 final (como é habitual), senón que está na metade da liña, normalmente é
 porque calcularon que calcularon que ese sería o tamaño da fiestra onde
 aparece esa mensaxe.

 O mellor é manter no msgstr máis ou menos esa anchura que ten o
 msgid.

Vale, agora si que te entendín, graciñas.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez


=?ISO-8859-1?Q?Alberto_Garc=EDa?= escribió:

  doutra. Por iso moitas veces meto castelanismos e outras veces variantes
  dialectais.

 Home, eu penso que o normal sería usar galego normativo cando sexa
 posible, aínda que coas normativas é bastante difícil estar 100% seguro.
 Polo menos coa da Xunta.

Se é  o que digo eu, se meto castelanismos e asi e por despiste, por estar 
demasiado
acostumado a eles, non por outra cousa, eh. ;-)

Abur.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: ¡Estatísticas!

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


Jacobo Tarrio escribió:

 * Paquetes novos, adoptados ou rematados dende a última revisión:

  cibertiendaJuan J. Sanchez
  gimp-perl  Francisco X. Vázquez
  gimp-libgimp   Francisco X. Vázquez
  gimp-std-plugins   Alexandre Riveira Gonzalez  ---(¡NON!)

Ejem, ante todo boas noites. Creo que ahi un peteno problema co dun traductor; o
que esta a traducir o gimp-std-plugins chamase Alexandre Riveira Fernandez, non
Gonzalez. Non é por nada pero e que se un dia mo atopo pola rua igual me bota a
culpa a min por decilo mal pero a los hechos me repito:

--Fragmento de mensaxe anterior---
[...]
Como xa dixen anteriormente imos traducir entre dous, Alexandre Riveira
Fernandez vai traducir o gimp-std-plugins.pot e eu o resto.
[...]

Ainda que é comprensible que te erraras se lle estabas a apretar un par de 
tuercas
ó grelo que boa falta lle facia.  XD

Abur xente, un saudo dende Brigantium.   [mailto:gran...@mundivia.es]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Re: Sourceforge

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


Jesus Bravo Alvarez escribió:

 Tue, Mar 28, 2000 at 12:09:31AM +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribiu:

  Eu voto por isto xa. :-D
 
 eu non o teño claro de todo ... non sei por qué pero non acaba de gustar
 (non o podo explicar). claro que sendo obxectivos, é o mellor que temos
 ata o momento ... :)))

 Manda carallo, pois máis non vas atopar...


Eu creo que comprendo a Creque, creo que lle gostaria que ficara todo na casa. 
Hai
que entendelo, o rapaz é do pais. Se erro xa mo diras, e Creque.
A min pasame un pouco eso, pero creo que esta é a mellor opción e por tanto voto
por iso.

Deica outra.



Re: Nomes

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


Manuel A. Fernandez Montecelo escribió:

 Jesus Bravo Alvarez wrote:

  Insisto, ¿algunha proposta?  Que non veña logo a xente a laiarse.
  :-DDD

 eu xa dixen que o complicado era buscar outro novo ;)

 ___
 Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com


Propoño usar Brainstorming ( cagalera mental ) para atopar un novo nome.

Tragalinux  --TRAducción ó GAlego de LINUX
Soliga --- Sistema Operativo Linux en GAlego
Progali --- PROxecto de GAleguización de LInux
O Noso Linux  --- Con connotacións historicas, recorda a A Nosa Terra
...

Agora tocavos a vos poñer máis, asi sexan novas ou estean baseadas nas miñas.
A ver se de aqui a unha ducia de mensaxes temos algo potable.

Deica outra.







Re: Páxina Web, recursos, e nome

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


Manuel A. Fernandez Montecelo escribió:

 Jacobo Tarrio wrote:
 
  O Tue 28 Mar 2000 23:37:59 +, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:
 
   claro, que se alguén fala co Rik va Riel para que lle vaia dicir a Fraga
   chacho, dami algo ... x
 
   Xa o tentou, pero andaban ocupados :-)

 hmmm, claro ... estaría botando unha soneca ... porque agora que non vai
 polo parlamento e non durme alí a sesta ... xDDD

 pois eu pensei que algo si que conseguira :///

Oye, estoy anonadado. ¿Alguen me pode explicar que diaños (con perdon) é todo 
iso de
que o Van Riel lle foi pedir non sei que a Don Manuel?

Ala ata outra e ¡Pola sombra!



Re: Nomes

2000-04-01 Conversa Francisco X. Vázquez


Manuel A. Fernandez Montecelo escribió:


  Propoño usar Brainstorming ( cagalera mental ) para atopar un novo nome.

 iso de brainstorming==cagalera mental é unha traducción así á sua
 maneira non? xDD


Home, eu antes de saber o nome tecnico a eso de xuntarse un feixe deles e soltar
paridas ata sacar algo limpo chamaballe asi, pero non quere decir que sexa
correcto, claro.


  Tragalinux  --TRAducción ó GAlego de LINUX
  Soliga --- Sistema Operativo Linux en GAlego
  Progali --- PROxecto de GAleguización de LInux
  O Noso Linux  --- Con connotacións historicas, recorda a A Nosa Terra
  ...

 home non sei, soan un pouco como a empresa de construcción ou de pensos
 ...


Non, se a min tamen. Sobre todo Soliga e Progali. Pero se vos poñedes cousas, o
primeiro que se vos ocurra, ten que sair algo en mais ou menos tempo.


  Agora tocavos a vos poñer máis, asi sexan novas ou estean baseadas nas 
  miñas.
  A ver se de aqui a unha ducia de mensaxes temos algo potable.

 é que xa os temos algo esgotados. linux_gz, gzlinux (ou substituíndo
 gz por gl se queredes) está usado, legal non é moi apropiado e está
 moi visto tanto pola similitude con lucas como pola obviedade do que
 significa.

 se se me ocorre algo xa o mandarei ... pero véxoo difícil.


galinux, gllinux, linuxga, linuxgl, linuxgz   a min soanme vulgares e de moi
pouca creatividade, para iso prefiro Legal (GALinux ten un pase).

Outras: (inspiradas nas primeiras que mandei)

-Progalicia
ou
-Proxecto Galicia  --- Proxecto de GAleguización de LInux e CompañIA.

Ata logo.



Listas

2000-03-25 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola:

Pareceme que se plantexou por aqui a posibilidade de crear varias
listas, creo que é preciso plantexarse cales van ser os usos do legal.

-Foro de discursión sobre traduccion.
-Foro de discursion sobre linguistica e normativas ( fijo, pero fijo de
fijeira).
-E posible que xente allea ós proxectos queira facer preguntas.
- 

Creo que deberiamos manter o numero de listas reducido, pero duas
listas poderian ser precisas; LeGal e LeGal_Misc. Na primeira falariase
de temas unicamente de traducción e na outra poderiase usar para temas
varios coma o tipico pique entre rexeneracionistas e reintegracionistas.
O dificil seria poñe-lo limite entre elas, e dicir, ¿o anterior tema de
Xanela-Fiestra serian temas fundamentais para traducción (lista LeGal)
ou non (LeGal_Misc)?

As posibles preguntas de xente allea os proxectos irian mellor á lista
principal ¿nonsi?.


En canto a normativa a utilizar eu aposto por unha total liberdade.
Tamen hai que ter en conta que cada grupo ten as suas normas, sei que
nas do gzlinux aceptase calquera normativa (en normativa oficial en
principio din as normas) pero descoñezo as do Gpul-traducción.

Non se me acordan máis temas asi que ata outra.  ;-)


Re: O Correo Galego

2000-03-18 Conversa Francisco X. Vázquez


Jesus Bravo Alvarez escribió:

 Ola,

 Como é habitual, os da prensa din o que queren cando hai noticias
 sobre informática.  Segundo O Correo Galego, Rik Van Riel vai anunciar hoxe
 a traducción do Linux ao galego. :-))

 http://www.elcorreogallego.es/periodico/2318/Area_de_Compostela/s1633.asp


Pois botadelle unha ollada a La voz de Galicia, eles din:

Nada menos que 64800 teclas pertenecientes a 600 ordenadores conectados en red.
No es la sede de la NASA , sino el encuentro Xuventude Galicia Net, el primer
Party informático que se celebra en Galicia [...]

¿Alguen lles di que non foi a primeira (digo o primeiro) party? XD  XD  XD

Francisco X Vázquez gran...@mundivia.es



--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Sobre a traducción do Gimp

2000-03-17 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola a todos:

Escribo para informar sobre como se esta a traduci-lo Gimp. O Gimp
son 4 pots:

-gimp.pot
-gimp-perl.pot
-gimp-libgimp.pot
-gimp-std-plugins.pot

Como xa dixen anteriormente imos traducir entre dous, Alexandre Riveira
Fernandez vai traducir o gimp-std-plugins.pot e eu o resto. Os paquetes
son o suficinte distintos como para que non haxa problemas de
traduccions distintas e cousas asi. Ademais ahi bo feedback entre os
dous traductores. Alex esta na lista dende hai algun tempo, podedes ver
a sua mensaxe de presentación se mirades nas mensaxes vellas, nel
ofreciase a axudar no que poidera.

Ben nada máis, saudos a todos ;-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe


Palabrotas.

2000-03-11 Conversa Francisco X. Vázquez
Ola:

Traducindo o gimp.pot surxironme un par de palabras que non sei moi ben
como traducir, a ver se entre todos as sacamos.

Shapeburst  -- Shape = forma ; burst = estoupar --- Traducino como
Resaltar Forma pero se se vos ocurre algo mellor pois decideo.

Shapeburst (dimpled)  --- Dimpled = que ten holluelos  ---
traducino como Resaltar forma (ocograbado) ¿¡Algo mellor!?

Hex Triplet  -- Ramon Flores traduciuno como Triplete hexa. Como
non sei a que se refire ese hex non sei como seria a traducción,
¿algunha idea?

Tamen aparece nunha mensaxe N/A, asi, tal como o escribo. Non sei
se se refire a Not Avaliable pero extrañame porque (de novo) mirando na
traducción á normativa AGAL de Ramon Flores aparece como N/C.

Ata outra. Francisco X. Vazquezmailto:gran...@mundivia.es

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe