envío de novo dende o enderezo correcto (perdón)

2011-02-13 Conversa Ulfe
reproduzo a mensaxe a continuación, perdón polo erro:

Moi boas!

Lamentabelmente preciso de quitarme da rolda de correo, non sei se hai
un xeito éstandar de facelo pero non o coñezo, ese e o motivo desta
mensaxe.

Debido ao meu actual (e merdoso) traballo véxome na imposibilidade de
traducir, xa que apenas teño tempo libre, levo case un ano intentando
facer algún oco sen éxito (e non esaxero), ademais acumúlanseme as
mensaxes da rolda ao non poder lelas e actúan coma spam, xa que me
dicifultan atopar as mensaxes da familia.

Supoño que nun posíbel futuro non haberá problema de volver entrar na
rolda, pero por agora rogaría que se me dese de baixa.

Foi un auténtico pracer. Moitísimas grazas e un grande saudo! :)

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: envío de novo dende o enderezo correcto (perdón)

2011-02-13 Conversa Miguel Bouzada
Feita a baixa na lista

2011/2/13 Ulfe ulfe1...@secretarias.com

 reproduzo a mensaxe a continuación, perdón polo erro:

 Moi boas!

 Lamentabelmente preciso de quitarme da rolda de correo, non sei se hai
 un xeito éstandar de facelo pero non o coñezo, ese e o motivo desta
 mensaxe.

 Debido ao meu actual (e merdoso) traballo véxome na imposibilidade de
 traducir, xa que apenas teño tempo libre, levo case un ano intentando
 facer algún oco sen éxito (e non esaxero), ademais acumúlanseme as
 mensaxes da rolda ao non poder lelas e actúan coma spam, xa que me
 dicifultan atopar as mensaxes da familia.

 Supoño que nun posíbel futuro non haberá problema de volver entrar na
 rolda, pero por agora rogaría que se me dese de baixa.

 Foi un auténtico pracer. Moitísimas grazas e un grande saudo! :)

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Dende

2009-10-19 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Ola rapaces,

estou completando traducións de gnome e vexo moitas veces desde, fallo
garrafal en galego, xa que desde é un castelanismo.

Digo que é un castelanismo porque teño tido moitas discusións co meu
profesor de galego por defender desde no instituto. Ao final tiven que
caer da burra e facerlle caso de que dende é correcto en galego.

Quero deixalo claro aquí para que todos vaiamos polo mesmo camiño. En
calquera caso quero que mo ratifique así mr. Méixome e o seu coñecemento
máis extenso da lingua.

Saúdos
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrblQoACgkQmLtmJqKk+bh3GgCeOgt6TmOgjqC/lkpmRFjaI2bR
SdsAoIr8mhJy6ZPDy/4DMXyNie4xMnpH
=wxRn
-END PGP SIGNATURE-

Re: Dende

2009-10-19 Conversa José Manuel Castroagudín Silva
Non é por levar a contraria (ou non é só por levar a contraria, vaia),
pero semella que ambas son válidas. E ata creo recordar que alguén me
dixera algunha vez que 'desde' era a recomendada... Pero non recordo
quen mo dixera (se é que alguén mo dixo e non o soñei)...

http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp (buscar 'dende' ou
'desde' aí mesmo)

Ta loguiño,

2009/10/19, Fran Dieguez lis...@mabishu.com:

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Antón Méixome
desde (que), dende (que)

A forma recomendada pola RAG é a primeira, desde. A segunda
considérase unha variante pero tamén válida.

De ningunha forma, ningunha delas é un castelanismo nin ten ningún
defecto xenético

Desde  lat. de + ex + de
Dende  lat. de + inde

Hai exemplos do uso ESCRITO con dende e desde  ata na Crónica
Troiana, e mesmo antes dese 1373 dC, carallo:
C. Troiana ouuo resposta dos deoses que sse pares fosse a greçia et
dende adussesse moller toda troya... seeria perdido
C. Troiana desde oie mays pode dizer Troylos que lle non esta ben sua señora

Fonte: http://sli.uvigo.es/DDGM/

Hoxe en día o uso de dende queda circunscrito a pequenas zonas de
Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
Xeración Nós.

Non sei qué tipo de profesores andan por aí, sinceramente :-(

Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
desde. A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).

Desde o punto de vista dunha tradución, si que é hoxe en día un
criterio xeral optar por empregar sempre a mesma, polo menos durante
un texto concreto.

P.S.

Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
que... non tedes medida humana.

2009/10/19 José Manuel Castroagudín Silva chavescesu...@gmail.com:

2009-10-19 Conversa damufo

Boas:

Antón Méixome escribiu:

Xunto o que eu pensaba.

Daquela seguimos con desde, non?

2009-10-19 Conversa Leandro Regueiro
 Hoxe en día o uso de dende queda circunscrito a pequenas zonas de
 Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
 especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
 Xeración Nós.

Pola zona de Touro úsase dende bastante. Teño a dúbida de se non
será influencia da TVG...

 Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
 desde. A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
 concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).

Eu sempre tendín a usar dende porque hai moita xente que ten a
dúbida de se desde é ou non castelanismo e así aforro problemas,
digo traballo :)

 Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
 que... non tedes medida humana.

Non é culpa nosa, botar a andar unha asociación implica cousas como esta...

Ata logo,
 Leandro Regueiro

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Leandro Regueiro escribiu:

Falando con keko esta mañán a súa zona tamén fai uso extensivo na fala e
escrita de dende.

Toda a miña zona fala e escribe dende, a discusión co meu profesor no
seu día veu encamiñada por tomarme o que viña nos libros (defensa de
desde) como algo incambiábel.

Preguntei en Lareta.net para ver o que saco de aí. Pícame a curisidade
se somos catro monos os que empregamos dende en galego e sentimos como
algo forzado empregar desde. Ou se pola contra a maioría da xente
emprega desde.

Saúdos
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrchXoACgkQmLtmJqKk+bj+BQCeNFXsuXSsuDqcS75JbEyr72Fr
s9gAnR6pRe98bCE5k5Bocmmhb0Xh4wBV
=BAK0
-END PGP SIGNATURE-

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Leandro Regueiro
2009/10/19 Fran Dieguez lis...@mabishu.com:

Pola zona de Touro, home o uso non é exactamente o mesmo, pero case
metade e metade...

Ata logo,
Leandro Regueiro

Re: Dende

2009-10-19 Conversa José Manuel Castroagudín Silva
Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se escribe.
Así:
- escríbese dende, pero pronúnciase desde
- escríbese gato pero lese jato (non, non se le ghato. na miña terra non)
- escríbese concello pero lese ayuntamiento
- escríbese xanela pero lese ventana

e máis casos aínda. Así que, se cadra, non che pode axudar moito, jejeje

2009/10/19, Fran Dieguez lis...@mabishu.com:
 -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
 Hash: SHA1

 Leandro Regueiro escribiu:
 Hoxe en día o uso de dende queda circunscrito a pequenas zonas de
 Galicia (creo que polo noreste) e certo uso na literatura,
 especialmente polos criterios diferencialistas dos nosos clásicos da
 Xeración Nós.

 Pola zona de Touro úsase dende bastante. Teño a dúbida de se non
 será influencia da TVG...

 Tanto en castelán como en portugués a preposición estándar, hoxe, é
 desde. A preferencia da RAG é simplemente por ser a maioritaria e
 concorrente coas linguas románicas veciñas (tamén o catalán).

 Eu sempre tendín a usar dende porque hai moita xente que ten a
 dúbida de se desde é ou non castelanismo e así aforro problemas,
 digo traballo :)

 Acabo de chegar e atópome cunha hemorraxia de correos transcendentais
 que... non tedes medida humana.

 Non é culpa nosa, botar a andar unha asociación implica cousas como
 esta...

 Ata logo,
  Leandro Regueiro

 Falando con keko esta mañán a súa zona tamén fai uso extensivo na fala e
 escrita de dende.

 Toda a miña zona fala e escribe dende, a discusión co meu profesor no
 seu día veu encamiñada por tomarme o que viña nos libros (defensa de
 desde) como algo incambiábel.

 Preguntei en Lareta.net para ver o que saco de aí. Pícame a curisidade
 se somos catro monos os que empregamos dende en galego e sentimos como
 algo forzado empregar desde. Ou se pola contra a maioría da xente
 emprega desde.

 Saúdos
 - --
 Fran Diéguez
 http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
 GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

 -BEGIN PGP SIGNATURE-
 Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
 Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

 iEYEARECAAYFAkrchXoACgkQmLtmJqKk+bj+BQCeNFXsuXSsuDqcS75JbEyr72Fr
 s9gAnR6pRe98bCE5k5Bocmmhb0Xh4wBV
 =BAK0
 -END PGP SIGNATURE-

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
 Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se escribe.
 Así:
Bueno pero e que a túa zona é moi particular, tedes de todo... vos si
que facedes tersiverxación da lingua :P

que si seseo total, que si gheada... Eu vivo a escasos 15 kilómetros e a
cousa é moi distinta, non sei porqué... pero é así.

 - escríbese dende, pero pronúnciase desde
dende escrita e fala
 - escríbese gato pero lese jato (non, non se le ghato. na miña terra non)
aquí si coincidimos poucas veces se emprega a gheada pero en ghato é
obrigatorio. Pasa ghato de aií!!!
 - escríbese concello pero lese ayuntamiento
aquí tamén coincidimos pero agora doume de conta que os rapaces pequenos
 cando falan galego... empregan concello.
 - escríbese xanela pero lese ventana
Aquí xanela/ventana/fiestra non significan o mesmo. Teñollo explicado a
moitos e varias veces.

Fiestra: simplemente as da casa. Necesariamente grandes.
Xanelas: ocos pequenos na corte das vacas para deixar pasar o aire para
respiraren. Ten certa connotación negativa.
Ventana: non se emprega nunca de feito se considera un castelanismo.

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrciCMACgkQmLtmJqKk+bi2LwCeMfXCAsZGcsSpJOApu2FZz2vx
tN0AnRfb16URVEfEMSHfl8BoLSxRYkxU
=5QSN
-END PGP SIGNATURE-

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Miguel Bouzada
2009/10/19 Fran Dieguez lis...@mabishu.com

 -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
 Hash: SHA1

 José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
  Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se
 escribe.
  Así:
 Bueno pero e que a túa zona é moi particular, tedes de todo... vos si
 que facedes tersiverxación da lingua :P

 que si seseo total, que si gheada... Eu vivo a escasos 15 kilómetros e a
 cousa é moi distinta, non sei porqué... pero é así.

  - escríbese dende, pero pronúnciase desde
 dende escrita e fala
  - escríbese gato pero lese jato (non, non se le ghato. na miña terra
 non)
 aquí si coincidimos poucas veces se emprega a gheada pero en ghato é
 obrigatorio. Pasa ghato de aií!!!
  - escríbese concello pero lese ayuntamiento
 aquí tamén coincidimos pero agora doume de conta que os rapaces pequenos
  cando falan galego... empregan concello.
  - escríbese xanela pero lese ventana
 Aquí xanela/ventana/fiestra non significan o mesmo. Teñollo explicado a
 moitos e varias veces.

 Fiestra: simplemente as da casa. Necesariamente grandes.
 Xanelas: ocos pequenos na corte das vacas para deixar pasar o aire para
 respiraren. Ten certa connotación negativa.
 Ventana: non se emprega nunca de feito se considera un castelanismo.

A miña casa tiña fiestras e xanelas e dende a miña fiestra, sendo cativo
chimpaba para unha xanela.

 - --
 Fran Diéguez
 http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
 GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

 -BEGIN PGP SIGNATURE-
 Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
 Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

 iEYEARECAAYFAkrciCMACgkQmLtmJqKk+bi2LwCeMfXCAsZGcsSpJOApu2FZz2vx
 tN0AnRfb16URVEfEMSHfl8BoLSxRYkxU
 =5QSN
 -END PGP SIGNATURE-

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
 Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se
  escribe. Así:
 - escríbese dende, pero pronúnciase desde
 - escríbese gato pero lese jato (non, non se le ghato. na miña terra
  non) - escríbese concello pero lese ayuntamiento
 - escríbese xanela pero lese ventana
 
 e máis casos aínda. Así que, se cadra, non che pode axudar moito, jejeje

Pois eu dende que decidimos (ou lin nalgures) que a preferencia na escrita era 
desde, escribo desde (nas traducións polo menos) e pronuncio /dende/. Pero 
tamén pronuncio /pra/ e escribo para, /gracias/ - grazas, etc.

Re: Dende

2009-10-19 Conversa Manuel A Vazquez
Ola a todos:
Eu coido que debemos seguir a normativa, que acepta os dous termos. O lóxico 
sería que na mesma tradución se empregase ou sempre desde ou sempre dende. 
Entendémonos e ademais temos riqueza léxica...
Por exemplo, por aquí en Ourense, xente que falou sempre en galego nunca 
utiliza palabras rematadas en -bel. E a normativa acepta -ble e -bel. Se por 
estilo adóitase empregar -bel, pois paréceme ben, pero alguén que use -ble non 
está a meter a pata. Eu desde logo non empreguei nin emprego a terminación -bel.
Un saúdo:

 Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es

- Mensaje original 
De: Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com
Para: proxecto@trasno.net
Enviado: lun,19 octubre, 2009 20:23
Asunto: Re: Dende

 Na miña terra pasa co galego como co inglés: lese distinto a como se
  escribe. Así:
 - escríbese dende, pero pronúnciase desde
 - escríbese gato pero lese jato (non, non se le ghato. na miña terra
  non) - escríbese concello pero lese ayuntamiento
 - escríbese xanela pero lese ventana
 
 e máis casos aínda. Así que, se cadra, non che pode axudar moito, jejeje

Pois eu dende que decidimos (ou lin nalgures) que a preferencia na escrita era 
desde, escribo desde (nas traducións polo menos) e pronuncio /dende/. Pero 
tamén pronuncio /pra/ e escribo para, /gracias/ - grazas, etc.

--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: Saida dende Vigo

2009-10-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
  Eu teño previsto sair de Vigo as 12:15 no tren para chegar a Santiago as
  13:40
 
  alguén máis vai facer esa viaxe?
 
 Eu sabereino esta noite. Meu pai vai cuns compañeiros en coche a Lugo, pero
 aínda non sei a hora nin se poderán deixarme en Santiago polo camiño. Así e
 todo, a volta é case seguro que hei tela que facer collendo o tren.

Pois nada, eu tamén collo o mesmo tren. E xusto agora tiñan que poñerse os de 
Renfe a fozar no sitio web... Bueno, mañá pola mañá vexo os detalles. Quedamos 
nalgures ou acordamos algo para recoñecernos? XD

Re: Saida dende Vigo

2009-10-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
 vellete, canoso, barriguo e con tiranres, levarei  a carteira do netbook da
 xgn
 o tren sae as 12:15, o billete ida e volta son 13 € mais menos e según a
  que hora volvamos pode ter un plus de 2 € máis
 precisas mais datos?

XD Non, con eses imaxino que nos apañaremos. Eu sen afeitar, melena, e de 
negro.

Re: Saida dende Vigo

2009-10-17 Conversa Miguel Bouzada
2009/10/16 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com

  vellete, canoso, barriguo e con tiranres, levarei  a carteira do netbook
 da
  xgn
  o tren sae as 12:15, o billete ida e volta son 13 € mais menos e según a
   que hora volvamos pode ter un plus de 2 € máis
  precisas mais datos?

 XD Non, con eses imaxino que nos apañaremos. Eu sen afeitar, melena, e de
 negro.

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

vemonos entón mañán

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Saida dende Vigo

2009-10-16 Conversa Miguel Bouzada
Eu teño previsto sair de Vigo as 12:15 no tren para chegar a Santiago as
13:40

alguén máis vai facer esa viaxe?

Para volver temos o último tren as 21:33 a non ser que poidamos estar
tranquilos se alguén volve, que as presas do xoves pasado (despois dunha
enriquecedora charleta que fixo perder a noción do tempo) non me apetece
volver a repetilas :-) (nonsí Anton?)

-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org

Re: Saida dende Vigo

2009-10-16 Conversa Adrián Chaves Fernández

Malo será, ho!