Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-07 Conversa Dani
Boas: Grazas a todos pola axuda. Comento como quedou a cousa. > Eu entendo que no caso 3 faise un  "ou" (or) cos filtros, e no > caso 4  un "e" (and). > Alias: é correcto "diferir con"? > > > > Estou de acordo con esta interpretación > Fixen unha proba unha vez traducido e resulta qu

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-07 Conversa Leandro Regueiro
O 13:29 do 7 de abril de 2018, Leandro Regueiro escribiu: > Ola, > respondo por abaixo. > > > O 11:44 do 7 de abril de 2018, Antón Méixome escribiu: >> Si, queda claro >> >> Corrixe: >> que difiran con → que difiran de >> >> con respecto a match, cando funciona co sentido de buscar e atopar >>

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-07 Conversa Leandro Regueiro
Ola, respondo por abaixo. O 11:44 do 7 de abril de 2018, Antón Méixome escribiu: > Si, queda claro > > Corrixe: > que difiran con → que difiran de > > con respecto a match, cando funciona co sentido de buscar e atopar > > Poderían tamén utilizarse " casar/non casar con" e dunha maneira xa moi

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-07 Conversa Antón Méixome
Si, queda claro Corrixe: que difiran con → que difiran de con respecto a match, cando funciona co sentido de buscar e atopar Poderían tamén utilizarse " casar/non casar con" e dunha maneira xa moi especializada do verbo "que (non) ocorran con" A min concordar/discordar non me parece boa elecci

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-07 Conversa Dani
Boas: Inciso, antese de preguntar todo isto estiven a pensar como traducir match/no match barallei: concordar/discordar e coincidir/deferir Cos coñecementos que teño, calquera das dúas opción pareceu válida, por optar por unha optei por coincidir/diferir Non sei se fixen ben. Volvendo ó asunto,

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-06 Conversa Antón Méixome
O 21:39 do 6 de abril de 2018, mvillarino escribiu: > Eu entendo que no caso 3 faise un "ou" (or) cos filtros, e no caso 4 un > "e" (and). > Alias: é correcto "diferir con"? > > Estou de acordo con esta interpretación De todas maneiras, seguro que non haberá un erro no orixinal 3 (none por on

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-06 Conversa mvillarino
Eu entendo que no caso 3 faise un "ou" (or) cos filtros, e no caso 4 un "e" (and). Alias: é correcto "diferir con"? O 6 abr, 2018 21:12, "Dani" escribiu: > Boas: > > Penso que xa o pillei (ou iso espero...), tiven que facer a táboa de > abaixo para. > > Filtros/opcións > Casos-> | 1

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-06 Conversa Dani
Boas: Penso que xa o pillei (ou iso espero...), tiven que facer a táboa de abaixo para. Filtros/opcións Casos->  |   1  |  2   |  3    | filtro1  | coincide | no coincide  |  non coincide | filtro2  | coincide | coincide |  non coincide | filtro3  | coinci

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-06 Conversa Miguel Bouzada
Eu concordo coa interpretación de Marcos 3 Filtrar os elementos que coincidan con ningún dos seguintes Xa que nos construímos con dobre negación, o correcto é Filtrar os elementos que NON coincidan con ningún dos seguintes O 17:29 do 6 de abril de 2018, Dani escribiu: > Boas: > > O caso é qu

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-06 Conversa Dani
Boas: O caso é que se supón que as catro son distintas pois hai que traducir as catro: 1 Filter out items matching all of the following Filtrar os elementos que coincidan con todos os seguintes 2 Filter out items matching any of the following Filtrar os elementos que coincidan con calquera dos

Re: Axuda compresión opcións filtro

2018-04-06 Conversa Marcos Lans
3 > Filter out items matching none of the following > Filtrar os elementos que difiran con todos os seguintes > > 4 > Filter out items matching not all of the following > Filtra os elementos que difiran con todos os seguintes Entendo que a 4 significa filtrar os elementos que non coincidan con

Axuda compresión opcións filtro

2018-04-06 Conversa Dani
Boas: A ver se alguén me pode axudar... Teño estas opcións de filtro coas traducións correspondentes (supoño que algunha tradución non estará ben...) 1 Filter out items matching all of the following Filtrar os elementos que coincidan con todos os seguintes 2 Filter out items matching any of the