Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-18 Conversa Antón Méixome
2011/1/18 damufo :
> Na miña terra:
> Luzada (pero con seseo -> lusada)(amencer), axexo (anoitecer)
>
>

Precioso


> En 2011/01/17 18:15, Adrián Chaves Fernández escribiu:
>>
>> On Monday 17 January 2011 18:08:13 Miguel Bouzada wrote:
>>>
>>> Hai moitos anos, cando viaxaba de curioso pola Galicia interior, escoitei
>>> algunhas veces a expresión "medio home" referindose á posición do sol no
>>> horizonte, cando este está tras a líña do horizonte, cando está a
>>> agocharse
>>> ou a saír. No momento xusto anterior de tocalo, no anoitecer, ou de
>>> separarse del, no amencer, era cando o sol era "un home".
>>>
>>> comento esta figura por se dera algunha pauta para adoptar algún termo.
>>
>> Moi interesante, haberá que telo en conta á hora de revisar a tradución da
>> campaña na que aparecen as unidades dese tipo, pode que lle acaia xenial a
>> algunha tradución.
>> ___
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-18 Conversa damufo

Na miña terra:
Luzada (pero con seseo -> lusada)(amencer), axexo (anoitecer)


En 2011/01/17 18:15, Adrián Chaves Fernández escribiu:

On Monday 17 January 2011 18:08:13 Miguel Bouzada wrote:

Hai moitos anos, cando viaxaba de curioso pola Galicia interior, escoitei
algunhas veces a expresión "medio home" referindose á posición do sol no
horizonte, cando este está tras a líña do horizonte, cando está a agocharse
ou a saír. No momento xusto anterior de tocalo, no anoitecer, ou de
separarse del, no amencer, era cando o sol era "un home".

comento esta figura por se dera algunha pauta para adoptar algún termo.

Moi interesante, haberá que telo en conta á hora de revisar a tradución da
campaña na que aparecen as unidades dese tipo, pode que lle acaia xenial a
algunha tradución.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
On Monday 17 January 2011 18:08:13 Miguel Bouzada wrote:
> Hai moitos anos, cando viaxaba de curioso pola Galicia interior, escoitei
> algunhas veces a expresión "medio home" referindose á posición do sol no
> horizonte, cando este está tras a líña do horizonte, cando está a agocharse
> ou a saír. No momento xusto anterior de tocalo, no anoitecer, ou de
> separarse del, no amencer, era cando o sol era "un home".
> 
> comento esta figura por se dera algunha pauta para adoptar algún termo.

Moi interesante, haberá que telo en conta á hora de revisar a tradución da 
campaña na que aparecen as unidades dese tipo, pode que lle acaia xenial a 
algunha tradución.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa Miguel Bouzada
Hai moitos anos, cando viaxaba de curioso pola Galicia interior, escoitei
algunhas veces a expresión "medio home" referindose á posición do sol no
horizonte, cando este está tras a líña do horizonte, cando está a agocharse
ou a saír. No momento xusto anterior de tocalo, no anoitecer, ou de
separarse del, no amencer, era cando o sol era "un home".

comento esta figura por se dera algunha pauta para adoptar algún termo.


2011/1/17 Adrián Chaves Fernández 

> > > do estraviz
> > >
> > > Crepúsculo
> > > s. m.
> > > (1) Claridade que precede o nascer do Sol ou segue à posta do Sol:
> > > crepúscuto matutino e crepúsculo vespertino.
> > >
> > > Entón: crepusculares
> >
> > A min convénceme. Mágoa que cortaran o acceso ao Digalego, non me
> > gusta depender dunha única fonte.
>
> Hostia, ocorréraseme nun principio pero por algún motivo pensara que só se
> correspondía cun momento do día (ou amencer ou anoitecer, non os dous). A
> verdade é que «crepuscular» parece ideal. O VOLGa confirma a súa existencia
> como adxectivo, o DRAG que «crepúsculo» son ambos os dous cambios de día, e
> mesmo aparece no DdD. Salvo que a alguén se lle ocorra algo mellor, creo
> que
> queda :) (moi boa, Marce).
>
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
> > do estraviz
> > 
> > Crepúsculo
> > s. m.
> > (1) Claridade que precede o nascer do Sol ou segue à posta do Sol:
> > crepúscuto matutino e crepúsculo vespertino.
> > 
> > Entón: crepusculares
> 
> A min convénceme. Mágoa que cortaran o acceso ao Digalego, non me
> gusta depender dunha única fonte.

Hostia, ocorréraseme nun principio pero por algún motivo pensara que só se 
correspondía cun momento do día (ou amencer ou anoitecer, non os dous). A 
verdade é que «crepuscular» parece ideal. O VOLGa confirma a súa existencia 
como adxectivo, o DRAG que «crepúsculo» son ambos os dous cambios de día, e 
mesmo aparece no DdD. Salvo que a alguén se lle ocorra algo mellor, creo que 
queda :) (moi boa, Marce).


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa Leandro Regueiro
2011/1/17 mvillarino :
>> O caso é que agora engadiron unha cuarta aliñación moi rara (no sentido de 
>> que
>> apenas aparece no xogo, segundo teño entendido): “liminal”. As unidades desa
>> aliñación atacan mellor nos cambios de día, amencer e anoitecer (a secas, non
>> atacan peor noutros momentos).
>
> Se fosen autómatas programábeis diríase que reaccionan aos flancos
> tanto positivos como negativos.
>
>
>> Ocorréraseme «aureolar», como adxectivo de «aurora». Comenteillo hoxe á mañá 
>> a
>> uns compañeiros de clase, e dixéronme que iso en todo caso referiríase ás
>> aureolas (o da cabeza dos santos), e comprobándoo logo na Internet resulta 
>> que
>> se trata dun verbo transitivo que nada ten que ver coas auroras.
>
> A da cabeza dos santos foi a primeira aureola que se me veu á cabeza
> !!!. A que arrodea os mamilos a segunda
>
>> Así que de momento teño como posibilidades: transitorio, pasaxeiro, pasadío e
>> fuxidío. Opinións? Máis alternativas?
>
> do estraviz
>
> Crepúsculo
> s. m.
> (1) Claridade que precede o nascer do Sol ou segue à posta do Sol:
> crepúscuto matutino e crepúsculo vespertino.
>
> Entón: crepusculares

A min convénceme. Mágoa que cortaran o acceso ao Digalego, non me
gusta depender dunha única fonte.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa mvillarino
> O caso é que agora engadiron unha cuarta aliñación moi rara (no sentido de que
> apenas aparece no xogo, segundo teño entendido): “liminal”. As unidades desa
> aliñación atacan mellor nos cambios de día, amencer e anoitecer (a secas, non
> atacan peor noutros momentos).

Se fosen autómatas programábeis diríase que reaccionan aos flancos
tanto positivos como negativos.


> Ocorréraseme «aureolar», como adxectivo de «aurora». Comenteillo hoxe á mañá a
> uns compañeiros de clase, e dixéronme que iso en todo caso referiríase ás
> aureolas (o da cabeza dos santos), e comprobándoo logo na Internet resulta que
> se trata dun verbo transitivo que nada ten que ver coas auroras.

A da cabeza dos santos foi a primeira aureola que se me veu á cabeza
!!!. A que arrodea os mamilos a segunda

> Así que de momento teño como posibilidades: transitorio, pasaxeiro, pasadío e
> fuxidío. Opinións? Máis alternativas?

do estraviz

Crepúsculo
s. m.
(1) Claridade que precede o nascer do Sol ou segue à posta do Sol:
crepúscuto matutino e crepúsculo vespertino.

Entón: crepusculares
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


[Terminoloxía/Wesnoth] Liminal

2011-01-17 Conversa Adrián Chaves Fernández
Boas,

Para quen non estea familiarizado co xogo, dicir que cada unidade do xogo 
pertence sempre a unha “aliñación“ determinada, dividíndose en:
- legais ─atacan mellor polo día e peor pola noite─,
- caóticas ─atacan mellor pola noite e peor polo día─ e
- neutrais ─non lles afecta o momento do día─.

O caso é que agora engadiron unha cuarta aliñación moi rara (no sentido de que 
apenas aparece no xogo, segundo teño entendido): “liminal”. As unidades desa 
aliñación atacan mellor nos cambios de día, amencer e anoitecer (a secas, non 
atacan peor noutros momentos).

Ten que ser un adxectivo, sen ser necesario que o acompañe un substantivo 
(como adoita ocorrer coas habilidades e trazos do xogo na tradución ao 
galego), que exprese que a unidade está dalgunha maneira relacionada con iso, 
co cambio de día a noite e viceversa, como nun punto medio entre dúas 
realidades se o preferides.

Ocorréraseme «aureolar», como adxectivo de «aurora». Comenteillo hoxe á mañá a 
uns compañeiros de clase, e dixéronme que iso en todo caso referiríase ás 
aureolas (o da cabeza dos santos), e comprobándoo logo na Internet resulta que 
se trata dun verbo transitivo que nada ten que ver coas auroras.

Cando lles expliquei do que ía, suxeríronme buscar algún sinónimo de 
«transitorio». Ningún dos que vin no DRAG (provisional, temporal) me gustaron 
moito, pero o termo relacionado «pasaxeiro» pareceume interesante, como idea 
de «que vai de camiño entre o día e a noite». Ademais, como sinónimos deste 
último temos «pasadío» e «fuxidío» (palabra esta última que se emprega xa para 
dar nome á “elfa fuxidía”).

Así que de momento teño como posibilidades: transitorio, pasaxeiro, pasadío e 
fuxidío. Opinións? Máis alternativas?
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto