Re: Proxectos de tradución

2013-05-30 Conversa Leandro Regueiro
2013/5/29 Cristian Estévez Hermida :
> Xa vexo que a cousa está complicada. A verdade, eu actualmente tampouco
> dispoño de cinco a dez horas a semana para adicarlle a proxectos de
> traduccións alleos á carreira. Encantaríame poder colaborar como tradutor,
> pero moito me temo que non vou poder ser o único que leve o proxecto, nin
> moito menos ter a regularidade que algo así exise, polo menos por agora.
> Sintoo moito.
> Quizais debería adicarme a outro proxecto. Falouse nesta mesma cadea de
> LibreOffice e Inkscape, dos que son usuarios. Quizais podería adicarme a
> algún deses proxectos.

Para LibreOffice suxíroche inscribirte tamén na súa rolda de correo e
enviar unha mensaxe presentándote (a rolda «discuss»). Tes os datos
sobre como facelo aquí
https://wiki.documentfoundation.org/Local_Mailing_Lists/gl Para
traducir podes facelo en
https://translations.documentfoundation.org/gl/libo_ui/

Respecto de Mozilla, xa falamos noutro fío, e non hai moito, sobre a
posibilidade de mover as traducións (de algúns proxectos, xa non se
poden mover todos) ao Pootle: http://mozilla.locamotion.org/ Iso
permitiríanos simplemente traducir e revisar sen preocuparse de
remitir as traducións. E xa sei que o traballo de coordinador esixe
outros esforzos, pero polo menos quitar do medio, na medida do
posible, o de ter que trafegar con mercurial.

Deica

> 2013/5/29 Enrique Estévez Fernández 
>>
>> Boas.
>>
>> Non é tan sinxelo traducir en Mozilla. A min tardaron un ano en aceptarme
>> o primeiro envío con traducións. Ademais todo é máis complexo ca iso. Se
>> queres ser o coordinador vas ter que controlar con sistemas de control de
>> versións, de entrada con mercurial e svn. Terás que facer mérito ata que
>> acepten as túas traducións.
>>
>> Se queres animarte, eu tentarei axudarche, pero nas próximas semanas
>> estarei desconectado, co que conta comigo para finais de xuño, antes
>> imposible. Primeiro vou tentar actualizar todas as traducións e despois
>> voume de vacacións.
>>
>> Información sobre a tradución de Mozilla:
>> https://wiki.mozilla.org/L10n:Localization_Teams
>> https://wiki.mozilla.org/L10n:Starting_a_localization
>>
>> https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Initial_setup
>>
>> https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Translation_phase
>>
>> Bótalle un ollo e xa me dis que che parece. Comentarche que cada 6 semanas
>> sae unha nova versión de todos os produtos, co que cada seis semanas hai
>> moito choio. Determinadas páxinas web tamén é obrigatorio traducilas, para
>> que che conserven ou saquen as versión oficiais en galego. Calculo unha
>> media de 5 horas de traballo a semana, o ideal son 10, para levar todo ao
>> día, tempo que eu agora non lle podo adicar.
>>
>> Saúdos.
>>
>>
>> 2013/5/29 Cristian Estévez Hermida 
>>>
>>> Creo que o podo facer. A fin de contas, isto é un proxecto de software
>>> libre, así que ante as dúbidas podo contar con Trasno e coa comunidade en
>>> xeral para que me axude :)
>>> Que debería facer? Poñerme en contacto con anterior coordinador?
>>>
>>>
>>> 2013/5/29 Miguel Branco 

 Máis que benvido!,

 O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
 tradutor, de primeiras). Que che parecería?


 2013/5/29 Leandro Regueiro 
>
> 2013/5/29 Miguel Bouzada :
> > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida 
> >>
> >> Ola,
> >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por
> >> aquel
> >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por
> >> mor das
> >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
> >> conque xa
> >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
> >> información
> >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
> >> caída.
> >> Foi algún dos membros de Trasno?
> >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un
> >> novo
> >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba
> >> un novo
> >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador
> >> que uso
> >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
> >
> > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que
> > Google
> > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan
> > en
> > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)
> > ou se é
> > que simplemente pasan de todo.
> >
> > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como
> > digo,
> > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.
>
> WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
> Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.
>
> En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
> novo tr

Re: Proxectos de tradución

2013-05-29 Conversa Cristian Estévez Hermida
Xa vexo que a cousa está complicada. A verdade, eu actualmente tampouco
dispoño de cinco a dez horas a semana para adicarlle a proxectos de
traduccións alleos á carreira. Encantaríame poder colaborar como tradutor,
pero moito me temo que non vou poder ser o único que leve o proxecto, nin
moito menos ter a regularidade que algo así exise, polo menos por agora.
Sintoo moito.
Quizais debería adicarme a outro proxecto. Falouse nesta mesma cadea de
LibreOffice e Inkscape, dos que son usuarios. Quizais podería adicarme a
algún deses proxectos.


2013/5/29 Enrique Estévez Fernández 

> Boas.
>
> Non é tan sinxelo traducir en Mozilla. A min tardaron un ano en aceptarme
> o primeiro envío con traducións. Ademais todo é máis complexo ca iso. Se
> queres ser o coordinador vas ter que controlar con sistemas de control de
> versións, de entrada con mercurial e svn. Terás que facer mérito ata que
> acepten as túas traducións.
>
> Se queres animarte, eu tentarei axudarche, pero nas próximas semanas
> estarei desconectado, co que conta comigo para finais de xuño, antes
> imposible. Primeiro vou tentar actualizar todas as traducións e despois
> voume de vacacións.
>
> Información sobre a tradución de Mozilla:
> https://wiki.mozilla.org/L10n:Localization_Teams
> https://wiki.mozilla.org/L10n:Starting_a_localization
>
> https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Initial_setup
>
> https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Translation_phase
>
> Bótalle un ollo e xa me dis que che parece. Comentarche que cada 6 semanas
> sae unha nova versión de todos os produtos, co que cada seis semanas hai
> moito choio. Determinadas páxinas web tamén é obrigatorio traducilas, para
> que che conserven ou saquen as versión oficiais en galego. Calculo unha
> media de 5 horas de traballo a semana, o ideal son 10, para levar todo ao
> día, tempo que eu agora non lle podo adicar.
>
> Saúdos.
>
>
> 2013/5/29 Cristian Estévez Hermida 
>
>> Creo que o podo facer. A fin de contas, isto é un proxecto de software
>> libre, así que ante as dúbidas podo contar con Trasno e coa comunidade en
>> xeral para que me axude :)
>> Que debería facer? Poñerme en contacto con anterior coordinador?
>>
>>
>> 2013/5/29 Miguel Branco 
>>
>>> Máis que benvido!,
>>>
>>> O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
>>> tradutor, de primeiras). Que che parecería?
>>>
>>>
>>> 2013/5/29 Leandro Regueiro 
>>>
 2013/5/29 Miguel Bouzada :
 > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida 
 >>
 >> Ola,
 >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por
 aquel
 >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por
 mor das
 >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
 conque xa
 >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
 información
 >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
 caída.
 >> Foi algún dos membros de Trasno?
 >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un
 novo
 >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba
 un novo
 >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador
 que uso
 >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
 >
 > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
 > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan
 en
 > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)
  ou se é
 > que simplemente pasan de todo.
 >
 > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como
 digo,
 > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.

 WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
 Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.

 En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
 novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
 novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
 bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
 simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
 buscar un xeito de simplificalo.

 Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
 días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
 que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
 suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
 proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
 Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
 actualmente, como Inkscape ou Fedora.

 Deica
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://l

Re: Proxectos de tradución

2013-05-29 Conversa Enrique Estévez Fernández
Boas.

Non é tan sinxelo traducir en Mozilla. A min tardaron un ano en aceptarme o
primeiro envío con traducións. Ademais todo é máis complexo ca iso. Se
queres ser o coordinador vas ter que controlar con sistemas de control de
versións, de entrada con mercurial e svn. Terás que facer mérito ata que
acepten as túas traducións.

Se queres animarte, eu tentarei axudarche, pero nas próximas semanas
estarei desconectado, co que conta comigo para finais de xuño, antes
imposible. Primeiro vou tentar actualizar todas as traducións e despois
voume de vacacións.

Información sobre a tradución de Mozilla:
https://wiki.mozilla.org/L10n:Localization_Teams
https://wiki.mozilla.org/L10n:Starting_a_localization
https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Initial_setup
https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Translation_phase

Bótalle un ollo e xa me dis que che parece. Comentarche que cada 6 semanas
sae unha nova versión de todos os produtos, co que cada seis semanas hai
moito choio. Determinadas páxinas web tamén é obrigatorio traducilas, para
que che conserven ou saquen as versión oficiais en galego. Calculo unha
media de 5 horas de traballo a semana, o ideal son 10, para levar todo ao
día, tempo que eu agora non lle podo adicar.

Saúdos.


2013/5/29 Cristian Estévez Hermida 

> Creo que o podo facer. A fin de contas, isto é un proxecto de software
> libre, así que ante as dúbidas podo contar con Trasno e coa comunidade en
> xeral para que me axude :)
> Que debería facer? Poñerme en contacto con anterior coordinador?
>
>
> 2013/5/29 Miguel Branco 
>
>> Máis que benvido!,
>>
>> O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
>> tradutor, de primeiras). Que che parecería?
>>
>>
>> 2013/5/29 Leandro Regueiro 
>>
>>> 2013/5/29 Miguel Bouzada :
>>> > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida 
>>> >>
>>> >> Ola,
>>> >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por
>>> aquel
>>> >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por
>>> mor das
>>> >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
>>> conque xa
>>> >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
>>> información
>>> >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
>>> caída.
>>> >> Foi algún dos membros de Trasno?
>>> >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un
>>> novo
>>> >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba
>>> un novo
>>> >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador
>>> que uso
>>> >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>>> >
>>> > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
>>> > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
>>> > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou
>>> se é
>>> > que simplemente pasan de todo.
>>> >
>>> > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como
>>> digo,
>>> > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.
>>>
>>> WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
>>> Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.
>>>
>>> En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
>>> novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
>>> novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
>>> bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
>>> simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
>>> buscar un xeito de simplificalo.
>>>
>>> Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
>>> días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
>>> que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
>>> suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
>>> proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
>>> Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
>>> actualmente, como Inkscape ou Fedora.
>>>
>>> Deica
>>> ___
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>> ___
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Proxectos de tradución

2013-05-29 Conversa Cristian Estévez Hermida
Creo que o podo facer. A fin de contas, isto é un proxecto de software
libre, así que ante as dúbidas podo contar con Trasno e coa comunidade en
xeral para que me axude :)
Que debería facer? Poñerme en contacto con anterior coordinador?


2013/5/29 Miguel Branco 

> Máis que benvido!,
>
> O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
> tradutor, de primeiras). Que che parecería?
>
>
> 2013/5/29 Leandro Regueiro 
>
>> 2013/5/29 Miguel Bouzada :
>> > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida 
>> >>
>> >> Ola,
>> >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por
>> aquel
>> >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por
>> mor das
>> >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
>> conque xa
>> >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
>> información
>> >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
>> caída.
>> >> Foi algún dos membros de Trasno?
>> >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un
>> novo
>> >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un
>> novo
>> >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador
>> que uso
>> >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>> >
>> > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
>> > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
>> > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou
>> se é
>> > que simplemente pasan de todo.
>> >
>> > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como digo,
>> > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.
>>
>> WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
>> Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.
>>
>> En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
>> novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
>> novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
>> bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
>> simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
>> buscar un xeito de simplificalo.
>>
>> Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
>> días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
>> que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
>> suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
>> proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
>> Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
>> actualmente, como Inkscape ou Fedora.
>>
>> Deica
>> ___
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Proxectos de tradución

2013-05-29 Conversa Miguel Branco
Máis que benvido!,

O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
tradutor, de primeiras). Que che parecería?


2013/5/29 Leandro Regueiro 

> 2013/5/29 Miguel Bouzada :
> > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida 
> >>
> >> Ola,
> >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por aquel
> >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por mor
> das
> >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
> conque xa
> >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
> información
> >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
> caída.
> >> Foi algún dos membros de Trasno?
> >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un novo
> >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un
> novo
> >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador que
> uso
> >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
> >
> > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
> > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
> > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou
> se é
> > que simplemente pasan de todo.
> >
> > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como digo,
> > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.
>
> WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
> Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.
>
> En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
> novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
> novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
> bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
> simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
> buscar un xeito de simplificalo.
>
> Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
> días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
> que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
> suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
> proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
> Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
> actualmente, como Inkscape ou Fedora.
>
> Deica
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Proxectos de tradución

2013-05-29 Conversa Leandro Regueiro
2013/5/29 Miguel Bouzada :
> 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida 
>>
>> Ola,
>> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por aquel
>> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por mor das
>> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime conque xa
>> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha información
>> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está caída.
>> Foi algún dos membros de Trasno?
>> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un novo
>> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un novo
>> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador que uso
>> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>
> Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
> pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
> facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou se é
> que simplemente pasan de todo.
>
> Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como digo,
> está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.

WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.

En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
buscar un xeito de simplificalo.

Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
actualmente, como Inkscape ou Fedora.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Proxectos de tradución

2013-05-29 Conversa Miguel Bouzada
2013/5/28 Cristian Estévez Hermida 

> Ola,
> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por aquel
> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por mor das
> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime conque xa
> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha información
> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está caída.
> Foi algún dos membros de Trasno?
> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un novo
> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un novo
> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador que uso
> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>

Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou se é
que simplemente pasan de todo.

Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como digo,
está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.


>
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Proxectos de tradución

2013-05-28 Conversa Cristian Estévez Hermida
Ola,
fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por aquel
entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por mor das
miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime conque xa
está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha información
de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está caída.
Foi algún dos membros de Trasno?
Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un novo
proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un novo
tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador que uso
de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Proxectos de tradución onde colaborar

2011-09-05 Conversa Fran Dieguez
Ola a tod@s,

Fago un pequeno resumo nos proxectos que conhezo para ver o seu estado e
para o que se queira animar onde colaborar.

 - En GNOME estamos buscando xente para completar o GIMP (unhas 1000
cadeas) e así completar a experiencia de usuario en Galego do GNOME.
[1]

Ultimamente (a falta da documentación) estamos traballando arreo para
ter todo traducido (e acadar o ansiado 100% de tradución en tódolos
módulos). Convídovos a pasar pola páxina do grupo Galego de tradución do
GNOME [2] para ollar os progresos e colaborar se o vedes oportuno.

 - Ademáis en Transifex hai dous proxectos con falta de carinho
(traducións mediante)

Shotwell [3]

e un moi doado para os que son novatos no tema da tradución:
share-mime-info [4]

 - Non sei cal é o tradutor que levaba o checkbox en Launchpad pero
tamén precisa de completar a tradución (eu estiven traducindo algo pero
agora co lanzamento de GNOME á volta da esquina non podo completar máis. [5]

 - En Launchpad, POLO MOMENTO, non hai moito máis que traducir xa que a
maioría dos ficheiros pertencen a GNOME e que xa tenho completado na súa
orixe. Porén pregaría a quen estea máis por Launchpad que revise para
completar as novas cadeas exclusivas de Ubuntu que vaian aparecendo.

Xa me diredes se alguén se anima a todo este traballo.

[1] http://l10n.gnome.org/languages/gl/gnome-gimp/ui/
[2] http://l10n.gnome.org/teams/gl/
[3]
https://www.transifex.net/projects/p/shotwell/resource/shotwell-core/l/gl/
[4]
https://www.transifex.net/projects/p/shared-mime-info/r/all-resources/l/gl/
[5]
https://translations.launchpad.net/ubuntu/oneiric/+source/checkbox/+pots/checkbox/gl/+translate
-- 
Fran Dieguez
Coordinator of GNOME L10n Galician Team & GNOME member
l10n.gnome.org/teams/gl - frandieg...@ubuntu.com
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto