Re: Posible nova normativa

2001-09-13 Conversa Ramón Flores d'as Seixas
On Wednesday 12 September 2001 21:11, you wrote:
 Xoán Pedracova escrebeu:

 Eu poñia en dubida o da aceptación da norma precisamente porque sempre
 escoitei falar un pouco mal da RAG, cousas como non fan nada, os unicos
 que fan algo son os do ILG e cousas polo estilo, probablemente tamen
 lin algunha opinión de Rivas sobre o tema.
 Eu deso non teño moita idea e prefiro non opinar, pero o da nova norma
 parecia boa idea e
 poderia contentar aos escritores e intelectuais que viñan reclamando
 dende hai tempo un meirande achegamento ó portugues. Incluso o
 presidente do Consello da cultura galega (¿era asi?), Carlos Casares,
 defendia o achegamento, e eso que el escribe as suas columnas nun galego
 moi pouco normativo.

  Supoño que xa coñecedes un site que hai sobre o conflicto normativo, por se 
alguen non o coñece escrebo o seu enderezo

http://questione.multimania.com

Ten moita información, e permite facer-se unha boa idea das distintas 
posturas.

  Se mo permitides eu vou apostar a que a RAG non a aproba, e menos
  despois dos comentarios que xa fixeron alguns politicos coma o meu
  tocallo.

  Unha pergunta, de verdade alguen pensa por aco que a opinión de Francisco 
Váquez é relevante para algo relativo ao galego? (fora da sua desaparición, 
claro está).

Un saudo
Ramón
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-13 Conversa Xosé

  humm, home, mira o ILG e Universidade de Santiago son a Satísima
  Dualidade, polo que eu reduciría a cousa aos Departamentos de Língua 
  Galega. O que me preocupa é esa cova de dinosaurios (ollo, isto leva-o
  dicindo muito tempo o Manolo Rivas) que é a R.A.G., que non o  é só da
  nosa língua, senón de muitas cousas máis.

A RAG NOM é umha académia da língua. NOM existe umha académia da língua en 
Galiza. Só por asimilación coa espanhola se pode pensar que é Real Académia 
Galega [da Língua]; nem sequer os seus membros som lingüístas. Da RAG 
fóron-se vários quando decidiu apoiar a normativa preparada polo ILG (e, de 
passage, destruir os textos xa impressos e nom distribuídos da normativa 
anterior).

Do que nos devemos alegrar é de que, após 20 anos de cerraçom, comece a agir 
algo em certas instituiçons. Nem que dizer que as motivaçons nom som
lingüísticas, senom de balanço político.

De qualquer maneira, as diferenças nom som substanciais e a grande maioria 
das traduçons feitas seguem a ser válidas. Proponho NOM revisar as traduçons 
feitas até agora, senom continuar fazendo máis novas, e só máis tarde, talvez 
nas próximas versións das aplicaçons, introducir as modificaçons no sentido 
positivo que sugerem. Alguém pensou em rematar umha distribuiçom 
completamente galega coa que presentarmo-nos diante de, por exemplo, a Xunta?

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-13 Conversa Fco. X. Vázquez
Ramón Flores d'as Seixas wrote:

   Se mo permitides eu vou apostar a que a RAG non a aproba, e menos
   despois dos comentarios que xa fixeron alguns politicos coma o meu
   tocallo.
 
   Unha pergunta, de verdade alguen pensa por aco que a opinión de Francisco
 Váquez é relevante para algo relativo ao galego? (fora da sua desaparición,
 claro está).

A opinion dunha soa persoa non deberia ser relevante, pero se as suas
ideas e a mania de misturalo todo son compartidas por moita xente e
sobre todo por politicos, daquela si que xa pode ser influencia sobre os
organos que regulan o galego.

De calquera xeito cando puxen o comentario era un pouco en plan de coña
e agardo que ninguen lle preste mais importancia da que ten nin que vos
pareza demasiado fora de lugar.

Ben, deixo o tema e voulle botar unha ollada a un .po que teño por aí.

Saudos. ;-)
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal 
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-13 Conversa Roberto Suarez Soto
O día 13/Sep/2001, Xosé escribía:

 Do que nos devemos alegrar é de que, após 20 anos de cerraçom, comece a agir 
 algo em certas instituiçons. Nem que dizer que as motivaçons nom som
 lingüísticas, senom de balanço político.

Ben. Hai xente que pensa que a cerraçom comezará agora se a nova
normativa é aprobada :-)

-- 
  Roberto Suarez Soto  ·My yellow in this case is not so mellow
ask...@gpul.org·   In fact I'm trying to say
   Corgo/Lugo/Galicia/Spain·It's frightened like me
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-12 Conversa Alberto García
O martes 11/09/2001 ás 23:53, Jesus Bravo Alvarez dicía...

   Este artigo de Vieiros parece ser a única referencia na rede sobre
 o asunto (que raro, coa presencia tan abrumadora que ten o galego en
 internet...) :)

Pois vaia. ¿Qué imos facer, adaptar todas as traduccións?

Lémonos

mailto:bert...@yahoo.com  -= Alberto García =-
http://www.geocities.com/bertogg
Clave pública PGP disponible Fidonet: 2:348/105.108
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-12 Conversa Ramón Flores d'as Seixas
On Tuesday 11 September 2001 23:53, you wrote:
 Ola,

   Este artigo de Vieiros parece ser a única referencia na rede sobre
 o asunto (que raro, coa presencia tan abrumadora que ten o galego en
 internet...) :)

   http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=62N=17534

N'A Nosa Terra  (http://www.anosaterra.com) tamén falan do tema, 
extendendo-se algo máis. Porén a información sobre o acordo é basicamente a 
mesma que a que aparece en vieiros.

Un saudo
Ramón

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-12 Conversa Xoán Pedracova

jeje...
	Cousa boa, asi o meu pai deixará de me chamar lusista :) Canto ao 
de adaptar as traducións, penso que ha ser máis ben unha simple (ou non 
tanto... :/) corrección. Hai unha história que me preocupa. Inclui isto 
os verbos? Por exemplo: falaches/falache ou cousas desas. O artigo d'A 
Nosa Terra non é muito explícito ao respeito.

	A todo isto, coñezo as normas desta lista, asi que non quero 
discutir nen meter cizaña nela, se alguén se molesta que colla esta 
mensaxe e que a poña no balde do lixo XD, só que este asunto parece-me 
de importáncia.

Un saudiño

El martes, 11 septiembre, 2001, a las 11:53 , Jesus Bravo Alvarez 
escribió:

Ola,

Este artigo de Vieiros parece ser a única referencia na rede sobre
o asunto (que raro, coa presencia tan abrumadora que ten o galego en
internet...) :)

http://www.vieiros.com/noticia.asp?Ed=62N=17534

--
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-12 Conversa Fco. X. Vázquez
Alberto García wrote:
 
 O martes 11/09/2001 ás 23:53, Jesus Bravo Alvarez dicía...
 
Este artigo de Vieiros parece ser a única referencia na rede sobre
  o asunto (que raro, coa presencia tan abrumadora que ten o galego en
  internet...) :)
 
 Pois vaia. ¿Qué imos facer, adaptar todas as traduccións?
 
Non creo que se haxa que preocupar tan axiña, que esto ainda ten que
pasar polas mans da Real Academia que é a que decidira se se aproba ou
non xa que son eles os únicos que teñen poder de decisión sobre o
galego. Non hai que esquencer que este é un proxecto alleo á (¿aa?)
academia.

De calquera xeito, segundo o que lin na Voz, calquera texto escrito
correctamente na normativa oficial actual seria correcto (ainda que
secadra non o recomendado) na nova, que para algo pretende ser de
consenso.

Se mo permitides eu vou apostar a que a RAG non a aproba, e menos
despois dos comentarios que xa fixeron alguns politicos coma o meu
tocallo.

Saudos.

PD: Os datos poden non seren de todo correctos
A última parte é opinión persoal
En caso de dubida pregunte antes de protestar.
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal 
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-12 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Mércores 12 de Setembro de 2001 ás 17:43, Xoán dicía:

   Cousa boa, asi o meu pai deixará de me chamar lusista :) Canto ao 
de adaptar as traducións, penso que ha ser máis ben unha simple (ou non 
tanto... :/) corrección.

Depende do tipo de modificacións que sexan.  Se son cousas que se
poden corrixir medio-automaticamente (buscar-substituír), non será moito
problema.  Outra historia sería p.ex se cambian as regras de acentuación
(sería-seria), pero polo que mirei non hai nada diso. :?

Hai unha história que me preocupa. Inclui isto 
os verbos? Por exemplo: falaches/falache ou cousas desas. O artigo d'A 
Nosa Terra non é muito explícito ao respeito.

Pois non parece haber máis sitios onde falen disto, así que teremos
que esperar...

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-12 Conversa Jesus Bravo Alvarez
O Mércores 12 de Setembro de 2001 ás 18:30, Fco. dicía:

 Pois vaia. ¿Qué imos facer, adaptar todas as traduccións?
Non creo que se haxa que preocupar tan axiña, que esto ainda ten que
pasar polas mans da Real Academia que é a que decidira se se aproba ou
non xa que son eles os únicos que teñen poder de decisión sobre o
galego. Non hai que esquencer que este é un proxecto alleo á (¿aa?)
academia.

Xa, é alleo pero foron os departamentos de galego das tres
universidades e o ILG.  Non teñen precisamente pouca importancia. ;)

Se mo permitides eu vou apostar a que a RAG non a aproba, e menos
despois dos comentarios que xa fixeron alguns politicos coma o meu
tocallo.

X-DDD  Ben, podemos facer unha aposta logo. :D

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe

Re: Posible nova normativa

2001-09-12 Conversa Alberto García
El miércoles 12/09/2001 a las 18:30, Fco. X. Vázquez decía...

  Pois vaia. ¿Qué imos facer, adaptar todas as traduccións?
 Non creo que se haxa que preocupar tan axiña, que esto ainda ten que

Xa, xa, pero hai que pensar con visión de futuro :P

 De calquera xeito, segundo o que lin na Voz, calquera texto escrito
 correctamente na normativa oficial actual seria correcto (ainda que
 secadra non o recomendado) na nova, que para algo pretende ser de
 consenso.

Ah, ok.