On Wednesday 12 September 2001 21:11, you wrote:
> Xoán Pedracova escrebeu:

> Eu poñia en dubida o da aceptación da norma precisamente porque sempre
> escoitei falar un pouco mal da RAG, cousas como "non fan nada, os unicos
> que fan algo son os do ILG" e cousas polo estilo, probablemente tamen
> lin algunha opinión de Rivas sobre o tema.
> Eu deso non teño moita idea e prefiro non opinar, pero o da nova norma
> parecia boa idea e
> poderia contentar aos escritores e "intelectuais" que viñan reclamando
> dende hai tempo un meirande achegamento ó portugues. Incluso o
> presidente do Consello da cultura galega (¿era asi?), Carlos Casares,
> defendia o achegamento, e eso que el escribe as suas columnas nun galego
> moi pouco normativo.

  Supoño que xa coñecedes un site que hai sobre o conflicto normativo, por se 
alguen non o coñece escrebo o seu enderezo

        http://questione.multimania.com

Ten moita información, e permite facer-se unha boa idea das distintas 
posturas.


> >>> Se mo permitides eu vou apostar a que a RAG non a aproba, e menos
> >>> despois dos comentarios que xa fixeron alguns politicos coma o meu
> >>> tocallo.

  Unha pergunta, de verdade alguen pensa por aco que a opinión de Francisco 
Váquez é relevante para algo relativo ao galego? (fora da sua desaparición, 
claro está).

Un saudo
        Ramón
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a