Re: Mensaxes dos pot (mais)

2000-04-14 Conversa Jacobo Tarrio
O Tue 11 Apr 2000 23:47:34 +0200, Francisco X. Vázquez escribía:

> msgid "/Xtns/Animation"
> Que ou ó principio pensaba que eran paths ou algo asi, pero parece que
> son as cadeas dos menús do GIMP.  Se é asi podense traducir sen medo
> ¿nonsi?

 Si, son menús; parecen cadeas da "Fábrica de Menús" de GTK+ :-)

 Así que traduce, traduce sen medo :-D

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)

The views of this writer are not the ones of GPUL or the University of Corunna
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez


=?ISO-8859-1?Q?Alberto_Garc=EDa?= escribió:

> > doutra. Por iso moitas veces meto castelanismos e outras veces "variantes
> > dialectais".
>
> Home, eu penso que o normal sería usar galego normativo cando sexa
> posible, aínda que coas normativas é bastante difícil estar 100% seguro.
> Polo menos coa da Xunta.

Se é  o que digo eu, se meto castelanismos e asi e por despiste, por estar 
demasiado
acostumado a eles, non por outra cousa, eh. ;-)

Abur.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Alberto García
On Wed, 12 Apr 2000, Francisco X. Vázquez wrote:

> > Mmmm, teriamos que nos preguntar se esas variedades dialectais
> > poden ou non poden estar nas traduccións... Tamén son galego, ¿non?
> Por suposto que son galego, outra cousa é que sexa normativo. Eu procurarei
> adaptarme o máis posible á normativa, o que pasa é que hai tantas cousas que 
> estou
> cansado de velas/oilas dun xeito que nin se me pasa pola cabeza que poidan ser
> doutra. Por iso moitas veces meto castelanismos e outras veces "variantes
> dialectais".

Home, eu penso que o normal sería usar galego normativo cando sexa
posible, aínda que coas normativas é bastante difícil estar 100% seguro.
Polo menos coa da Xunta.

Lémonos

email:bert...@yahoo.com   -= Alberto García =-
http://www.cryogen.com/berto
Clave pública PGP disponible Fidonet: 2:348/105.108

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez


Jesus Bravo Alvarez escribió:

> Mmmm, teriamos que nos preguntar se esas variedades dialectais
> poden ou non poden estar nas traduccións... Tamén son galego, ¿non?

Por suposto que son galego, outra cousa é que sexa normativo. Eu procurarei
adaptarme o máis posible á normativa, o que pasa é que hai tantas cousas que 
estou
cansado de velas/oilas dun xeito que nin se me pasa pola cabeza que poidan ser
doutra. Por iso moitas veces meto castelanismos e outras veces "variantes
dialectais".

Teño que decir que o de "veu" dixen que era unha variante dialectal pero ben 
pode
ser un castelanismo, eh.  ;-). Non teño nin idea.


> Non me expliquei. X')
>
> Quero decir, que se no orixinal a división entre liñas non chega ó
> final (como é habitual), senón que está na metade da liña, normalmente é
> porque calcularon que calcularon que ese sería o tamaño da fiestra onde
> aparece esa mensaxe.
>
> O mellor é manter no msgstr máis ou menos esa anchura que ten o
> msgid.

Vale, agora si que te entendín, graciñas.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Tue, Apr 11, 2000 at 12:05:41AM +0200, Francisco X. Vázquez escribiu:

>> >¿Existe limitación no número de liñas precisas para traducir un parrafo?
>> >"¿Veu algunha mensaxe de erro na fiestra de consola?\n"
>>^^^ (Por certo, é "viu") :-)))
>
>Ejem, sonche cousas das variantes dialectais :-/ Xa correxiei. Tes que
>comprender que un esta acostumado a falar asi e escapanselle alguns erros. :-(

Mmmm, teriamos que nos preguntar se esas variedades dialectais
poden ou non poden estar nas traduccións... Tamén son galego, ¿non?

>> Neste caso, cando vexas "\n" á metade das 4 liñas, normalmente será
>> porque o fixeron para unha fiestra que ten o tamaño axustado.  Neste caso,
>> o "saia" iría mellor na seguinte liña.
>
>Non te entendo moi ben, a meirande parte das mensaxes longas levan \n ó rematar
>cada liña. :-?
>¿Queres decir que é mellor ocupar máis liñas ca poñer liñas máis longas?

Non me expliquei. X')

Quero decir, que se no orixinal a división entre liñas non chega ó
final (como é habitual), senón que está na metade da liña, normalmente é
porque calcularon que calcularon que ese sería o tamaño da fiestra onde
aparece esa mensaxe.

O mellor é manter no msgstr máis ou menos esa anchura que ten o
msgid.

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Francisco X. Vázquez


Jesus Bravo Alvarez escribió:

> Mon, Apr 10, 2000 at 11:18:11PM +0200, Francisco X. Vázquez escribiu:
>
> >¿Existe algunha limitación no longo das liñas?
> Iso depende de onde vaia ir a cadea.  Se é dun botón que ten que
> ser pequeno, pois si afecta.  Pero en xeral non hai ningún problema, Gtk+ e
> calquera widget para as X están feitos para adaptarse a distintas
> lonxitudes das etiquetas de texto.

Cando é un botón, é  normalmente unha cadea de unha palabra ou ben unha
abreviatura e xa procuro traducilo o máis reducido posible.

> >¿Existe limitación no número de liñas precisas para traducir un parrafo?
> >"¿Veu algunha mensaxe de erro na fiestra de consola?\n"
>^^^ (Por certo, é "viu") :-)))

Ejem, sonche cousas das variantes dialectais :-/ Xa correxiei. Tes que
comprender que un esta acostumado a falar asi e escapanselle alguns erros. :-(

> >"Se non, ¡a instalación foi satisfactoria! Doutro xeito, saia\n"
> >"e investigue a posible razón...\n"
> >#Tres liñas
> >
> >¿Podese traducir nun número de liñas menor ou ten que ser igual?
>
> Podes traducilo co número de liñas que che faga falla, sexan máis
> ou menos.  O único importante é que as dúas rematen ou non rematen en "\n",
> non poden ser diferentes.

Vale, eso cumprino.

> Neste caso, cando vexas "\n" á metade das 4 liñas, normalmente será
> porque o fixeron para unha fiestra que ten o tamaño axustado.  Neste caso,
> o "saia" iría mellor na seguinte liña.

Non te entendo moi ben, a meirande parte das mensaxes longas levan \n ó rematar
cada liña. :-?
¿Queres decir que é mellor ocupar máis liñas ca poñer liñas máis longas?

>
> >Graciñas e ata outra. (-:
>
> O que ti queiras. :-)

-(|:-)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe


Re: mensaxes dos pot

2000-04-14 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Mon, Apr 10, 2000 at 11:18:11PM +0200, Francisco X. Vázquez escribiu:

>¿Existe algunha limitación no longo das liñas?
>
>Exemplo:
>msgid "Crop & Resize Information"
>msgstr "Información de recorte e redimensionado"
>
>A traducción é bastante máis longa ca o orixinal ¿Supon algun problema?.
>Hai casos nos que se nota máis.

Iso depende de onde vaia ir a cadea.  Se é dun botón que ten que
ser pequeno, pois si afecta.  Pero en xeral non hai ningún problema, Gtk+ e
calquera widget para as X están feitos para adaptarse a distintas
lonxitudes das etiquetas de texto.

>¿Existe limitación no número de liñas precisas para traducir un parrafo?
>
>Exemplo:
>
>msgid ""
>"Did you notice any error messages\n"
>"in the console window? If not, installation\n"
>"was successful! Otherwise, quit and investigate\n"
>"the possible reason...\n"
>#Catro liñas
>
>msgstr ""
>"¿Veu algunha mensaxe de erro na fiestra de consola?\n"
   ^^^ (Por certo, é "viu") :-)))
>"Se non, ¡a instalación foi satisfactoria! Doutro xeito, saia\n"
>"e investigue a posible razón...\n"
>#Tres liñas
>
>¿Podese traducir nun número de liñas menor ou ten que ser igual?

Podes traducilo co número de liñas que che faga falla, sexan máis
ou menos.  O único importante é que as dúas rematen ou non rematen en "\n",
non poden ser diferentes.

Neste caso, cando vexas "\n" á metade das 4 liñas, normalmente será
porque o fixeron para unha fiestra que ten o tamaño axustado.  Neste caso,
o "saia" iría mellor na seguinte liña.

>Graciñas e ata outra. (-:

O que ti queiras. :-)

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe