Mon, Apr 10, 2000 at 11:18:11PM +0200, Francisco X. Vázquez escribiu:
>¿Existe algunha limitación no longo das liñas?
>
>Exemplo:
> msgid "Crop & Resize Information"
> msgstr "Información de recorte e redimensionado"
>
>A traducción é bastante máis longa ca o orixinal ¿Supon algun problema?.
>Hai casos nos que se nota máis.
Iso depende de onde vaia ir a cadea. Se é dun botón que ten que
ser pequeno, pois si afecta. Pero en xeral non hai ningún problema, Gtk+ e
calquera widget para as X están feitos para adaptarse a distintas
lonxitudes das etiquetas de texto.
>¿Existe limitación no número de liñas precisas para traducir un parrafo?
>
>Exemplo:
>
>msgid ""
>"Did you notice any error messages\n"
>"in the console window? If not, installation\n"
>"was successful! Otherwise, quit and investigate\n"
>"the possible reason...\n"
>#Catro liñas
>
>msgstr ""
>"¿Veu algunha mensaxe de erro na fiestra de consola?\n"
^^^ (Por certo, é "viu") :-)))
>"Se non, ¡a instalación foi satisfactoria! Doutro xeito, saia\n"
>"e investigue a posible razón...\n"
>#Tres liñas
>
>¿Podese traducir nun número de liñas menor ou ten que ser igual?
Podes traducilo co número de liñas que che faga falla, sexan máis
ou menos. O único importante é que as dúas rematen ou non rematen en "\n",
non poden ser diferentes.
Neste caso, cando vexas "\n" á metade das 4 liñas, normalmente será
porque o fixeron para unha fiestra que ten o tamaño axustado. Neste caso,
o "saia" iría mellor na seguinte liña.
>Graciñas e ata outra. (-:
O que ti queiras. :-)
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mesaxe