> boas,
> 
> xa teño máis ou menos listos os dous ficheiros principais da tradución
> de Enigmail e fun tomando algunhas de cousas que non teño moi claras, aí
> van:
> 
> unfortunately -> desafortunadamente

Desafortunadamente está ben, pero se non che convence sempre tes "por 
desgraza".
> warning -> atención?

Tamén "advertencia", que pode resultar máis axeitado en certos contextos.

> highly recommend?

Recomendar encarecidamente?

> check box (no contexto de: please check box if...)

Marcar a caixa, por exemplo.

> debugging -> depuración?

Si, creo que é axeitado.

> TEMP environment variable - variábel de contorno TEMP

Ía propoñer «variable de ambiente», pero aínda me convence menos.

> locked -> bloqueada? (Compose window is locked - a ventá de composición
> está bloqueada?)

Non dou imaxinado o contexto nun programa de correo electrónico.

> -abort -> abortar?. non me gusta moito. cancelar tamén ven ao caso, pero
> non sei se por norma utilizades "abortar". p.e: Send operation aborted.

Eu usaría «cancelar».

> -> cancelouse o envío?

A min sóame ben

> -inline -> en liña??

Pero non co sentido de conectado, así que ás veces imaxino que sería posible 
(nalgún contexto) a forma «na liña».

> -check box -> marcar opción?

Ao mellor non se refire á acción, senón á caixa que se pode marcar.

> -Do you wish to proceed? - Quere proceder?

Proceder, continuar, proseguir...

> -unsend messages folder - carpeta de mensaxes sen enviar?

*Cartafol de mensaxes sen enviar (e paréceme correcto)

> -retry - reintentar?? retentar?? tentar de novo?

Volver intentar, intentar de novo...

> -delete -> eliminar ou borrar?

Como vexas.

> -untrusted -> non confiábel?

Supoño que segundo o contexto expresaríase dunha ou outra forma.

> - enbedded - embebida???

Integrada, inserida...

> - invalid - inválido, ou non válido?

Incorrecto probablemente sexa o máis axeitado na meirande parte dos casos 
(invalid command = orde incorrecta != comando inválido = policías tolleitos )

> - Please note that - ¿?

«Tea en conta que»?

> - revoke - revogar?

Supoño que segundo o contexto poderían utilizarse outras formas de expresar a 
mesma acción

> clipboard - portapapeis?

Portarretallos (está no glosario)

> sucessful - esta palabra utilízase moitas veces, sempre no contexto de
> que algo saiu ben, claro. pe: decryption was successful. polo xeral, a
> miña traducción para estes casos foi un "fíxose tal cousa con éxito"
> mais non me acaba de gustar. p.e: descifrado con éxito. tamén pensei no
> "correctamente" -> descifrado correctamente.
> que me suxerides?

Eu uso correctamente. Diría que «successful» é neses contextos un false 
friend.

> failed to.. - do mesmo xeito que successful, temos o "failed to" para
> indicar que a cousa non foi ben. a miña escolla foi "houbo un erro
> facendo tal cousa". Failed to initialize Enigmail. -> Houbo un erro ao
> arrancar Enigmail.
> suxestións?

Eu en vez de «Houbo un erro» adoito empregar «Non se puido», pero iso xa é 
cuestión de gustos.

> "Error - tal e cual". moitas veces aparece este texto, que eu traducín
> como: "Erro - tal e cual", mais penso que tal vez fose mellor un "Houbo
> un erro en tal e cual".
> suxestións?

Pois agora que o mencionas, nunca reparara na posibilidade de traducir iso dun 
modo distinto a "erro". Creo que vou comezar a facelo, pero eu persoalmente 
optarei por «Produciuse un erro» en vez de «Houbo un erro».


Un saúdo!

Responderlle a