2010/10/1 damufo <damufo en gmail.com>:
> Boas:
>
> En 2010/10/01 12:09, Antón Méixome escribiu:
>>
>> De ningunha maneira penses en que sería mellor deixalo, Keko.
>> Estou totalmente en contra de cambiar a coordinación actual. Non hai
>> ningunha razón e nos debilitaría aínda máis.
>> Hai que esperar e insistir. Se pasa o tempo e a cousa non avanza
>> poderíamos apelar directamente ás persoas e deixarlle unha nota a
>> Tristan Nitot no seu blog
>> http://standblog.org/blog/
>>
>> Non me parece mala idea ter un lugar onde poder ver información para
>> usuarios, o xpi, e outras cousas reunidas.
>> Falo dun blog ou unha páxina sinxela. Trasno.net podería ser un bo
>> lugar (de aloxamento, sen máis).
>> Creo que ese é un dos nosos fallos como comunidade galega. Non ter
>> para Mozilla un lugar onde se poida ver a demanda que ten a versión
>> galega e o uso público (contadores, foro, etc) .
>>
> Xa temos a galician.mozdev.org. Eu penso que sería o mellor lugar onde por
> todo sobre os produtos mozilla, incluído o XPI.

E estou de acordo. Temos que utilizar o que xa temos. Pero hai que
darlle publicidade. Ninguén sabe que existe esa páxina. Facer un
Twitter e unha páxina en Facebook (en Tuenti?) axudaría a dar ó
proxecto algo de visibilidade (e ó mesmo tempo Mozilla podería ver que
hai unha comunidade con movemento)

http://www.spreadfirefox.com/socialmediatoolkit

>
>> Antón
>>
>> 2010/10/1 damufo<damufo en gmail.com>:
>>>
>>>
>>> En 2010/09/30 19:50, Leandro Regueiro escribiu:
>>>>
>>>> 2010/9/30 ifrit<ifrit en sonche.eu>:
>>>>>
>>>>> Gracias Keko por contarnos os problemas que tes e a pouca resposta que
>>>>> hai por parte de Mozilla... Unha mágoa. Tamén parece que hai pouco que
>>>>> nós poidamos facer e que un cambio de coordinador tampouco
>>>>> solucionaría moito (ademáis de restarnos seriedade e esas cousas)
>>>>>
>>>>> Como o vedes? Que podemos facer? En que estamos fallando?
>>>>
>>>> Eu creo que os que están fallando son os de Mozilla outra vez. Se
>>>> despois de 6 meses Enrique aínda está agardando a que acepten todo o
>>>> traballo que leva feito é cousa deles, non nosa, nin menos aínda de
>>>> Enrique. Será cuestión de insistirlles outra vez.
>>>
>>> Concordo co que comenta Leandro. Enrique, espero que non desistas, xa que
>>> estou seguro que estás a facer unha gran labor.
>>> Queres que enviemos algun tipo de comunicación a mozilla? Estes só
>>> funcionan
>>> con presión. Xa está ben! tanto mareamento.
>>> Por outra banda, se hai un .xpi coa tradución, eu optaría por poñelo
>>> nalgún
>>> sitio público para que poida ser descargado. Por unha banda o traballo
>>> pode
>>> aproveitarse e por outra se hai algunha cuestión pódese mirar de
>>> corrixir.
>>>
>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Galician mailing list
>>>> Galician en mozdev.org
>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
====================
Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
Visit our blog of fast food of the world: http://capitulocerdo.blogaliza.org
Visit my personal weblog: http://ifrit.blogaliza.org
Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
====================

Responderlle a