En 2010/09/30 19:50, Leandro Regueiro escribiu:
> 2010/9/30 ifrit<ifrit en sonche.eu>:
>> Gracias Keko por contarnos os problemas que tes e a pouca resposta que
>> hai por parte de Mozilla... Unha mágoa. Tamén parece que hai pouco que
>> nós poidamos facer e que un cambio de coordinador tampouco
>> solucionaría moito (ademáis de restarnos seriedade e esas cousas)
>>
>> Como o vedes? Que podemos facer? En que estamos fallando?
>
> Eu creo que os que están fallando son os de Mozilla outra vez. Se
> despois de 6 meses Enrique aínda está agardando a que acepten todo o
> traballo que leva feito é cousa deles, non nosa, nin menos aínda de
> Enrique. Será cuestión de insistirlles outra vez.

Concordo co que comenta Leandro. Enrique, espero que non desistas, xa 
que estou seguro que estás a facer unha gran labor.
Queres que enviemos algun tipo de comunicación a mozilla? Estes só 
funcionan con presión. Xa está ben! tanto mareamento.
Por outra banda, se hai un .xpi coa tradución, eu optaría por poñelo 
nalgún sitio público para que poida ser descargado. Por unha banda o 
traballo pode aproveitarse e por outra se hai algunha cuestión pódese 
mirar de corrixir.


> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a