Teño un par de dúbidas sobre unhas frases ou termos que non sei exactamente cales poñer, ou se exactamente é indeferente empregar un ou outro.
Por exemplo: O termo é *Updating*. Cal poño? *Actualizando* ou* A actualiza*r? O mesmo caso para* Iniciando* ou *A iniciar*,etc... Isto o comento porque nos resursos veñen das dúas maneiras; entón non sei cal escoller. É indiferente? Tamén coas palabras rematadas en "ble" e "bel" como: *dispoñible* (* dispoñíbel*). Cal soedes empregar vós? Porque as dúas son correctas según a normativa non? E por último, teño moitas dúbidas de cando empregar o til na conxunción do "a" (á). Hai algún pdf ou manual que o explique ben? Un saúdo, e perdoade polas preguntas que ao mellor xa estades acostumos a leer ;) PD: perdoade por non poñer [TERMINOLOXÍA] en *Asunto* pero e que levo unha semana intentando enviar esta mensaxe e dame erro. Non sei se desta vez irá jaja! -- http://trasno.net/ http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto http://www.jabberes.org/ Un saúdo!
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

