2010/7/1 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>

>
>
> 2010/7/1 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>
> 2010/7/1 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com>
>>
>>> Teño un par de dúbidas sobre unhas frases ou termos que non sei
>>> exactamente cales poñer, ou se exactamente é indeferente empregar un ou
>>> outro.
>>>
>>> Por exemplo:
>>>
>>> O termo é *Updating*. Cal poño? *Actualizando* ou* A actualiza*r? O
>>> mesmo caso para* Iniciando* ou *A iniciar*,etc... Isto o comento porque
>>> nos resursos veñen das dúas maneiras; entón non sei cal escoller. É
>>> indiferente?
>>>
>>
>> Ambas formas son correctas pero se está a principio de frase ou onde só
>> haxa ese verbo, só sería correcto o uso do xerundio clásico: Actualizando
>>
>> O uso do xerundio perifŕástico necesita sempre que haxa un verbo auxiliar
>> : ESTAR +A + actualizar. Daquela comezar unha frase "A actualizar fontes de
>> software" é incorrecto.
>>
>> Desgraciadamente non podes neste momento localizar no lurker de Trasno o
>> fío onde se discutiu a corrección desa tradución.
>>
>>
>>
>>>
>>> Tamén coas palabras rematadas en "ble" e "bel" como:  *dispoñible* (*
>>> dispoñíbel*). Cal soedes empregar vós? Porque as dúas son correctas
>>> según a normativa non?
>>>
>>
>> Ambas formas son correctas. Por criterio de norma gramatical debe
>> empregarse na mesma tradución (de aplicativo) unha ou a outra. A forma máis
>> estandarizada de tradución agora mesmo é usar -bel (dispoñíbel)
>>
>
> Estás seguro disto? Porque eu, de todo o software en galego que emprego, o
> único sitio no que o vin é en KDE.
>

Pois non fixen estatísticas. Con uso, rigoroso de -bel, están

- OOo.org (norma de equipo)
- Gnome (norma de equipo)
- Ubuntu (norma de equipo)
- Mozilla (norma de equipo)
- VirtualBox
- Gimp
- VLC...

A isto me refiro e non quero entrar en polémicas ao respecto do número de
tradutores nin das preferencias persoais. Falo de traducións. Pode que haxa
moitos aplicativos con -ble, non o dubido pero a maioría dos grandes
proxectos están aplicando neste momento -bel de modo sistemático.

Como excepción MOI notable diría que as traducións de Microsoft van con
-ble. Segundo a guía de estilo de Microsoft (2008):


   1.

   Suffixes –*ble* and *–bel*

 Although both suffixes are equally correct, the –*bel* form (*preferíbel*)
should be avoided. As the preferable option,suffix –*ble* will be used (*
preferible*).






>
>
>>
>>
>>
>>> E por último, teño moitas dúbidas de cando empregar o til na conxunción
>>> do "a" (á). Hai algún pdf ou manual que o explique ben?
>>>
>>
>> Home
>>  http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_O_artigo
>>
>> pero intúo que os problemas non son eses senón cando tes que usar, ou non,
>> a preposición A (non conxunción) que se combina co artigo A
>>
>> Informar á usuaria (A+A) > Informar a usuaria (A)
>>
>> Nestes casos toma como norma práctica o seguinte: en galego non se utiliza
>> a preposición A nos Complementos directos agás cando ese complemento sexa un
>> nome propio.
>>
>> Informar á Compañía Telefónica
>>
>> Certamente o resultado pode chamar un pouco a atención sobre todo a
>> falantes novos porque temos ese castelanismo moi metido.
>>
>>
>>
>>
>>> Un saúdo, e perdoade polas preguntas que ao mellor xa estades acostumos a
>>> leer ;)
>>>
>>> PD: perdoade por non poñer [TERMINOLOXÍA] en *Asunto* pero e que levo
>>> unha semana intentando enviar esta mensaxe e dame erro. Non sei se desta vez
>>> irá jaja!
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> http://trasno.net/
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> http://www.jabberes.org/
>>>
>>> Un saúdo!
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a