2010/7/1 Antón Méixome <[email protected]> > 2010/7/1 Anxo Outeiral Vidal <[email protected]> > >> Teño un par de dúbidas sobre unhas frases ou termos que non sei >> exactamente cales poñer, ou se exactamente é indeferente empregar un ou >> outro. >> >> Por exemplo: >> >> O termo é *Updating*. Cal poño? *Actualizando* ou* A actualiza*r? O mesmo >> caso para* Iniciando* ou *A iniciar*,etc... Isto o comento porque nos >> resursos veñen das dúas maneiras; entón non sei cal escoller. É indiferente? >> > > Ambas formas son correctas pero se está a principio de frase ou onde só > haxa ese verbo, só sería correcto o uso do xerundio clásico: Actualizando > > O uso do xerundio perifŕástico necesita sempre que haxa un verbo auxiliar : > ESTAR +A + actualizar. Daquela comezar unha frase "A actualizar fontes de > software" é incorrecto. > > Desgraciadamente non podes neste momento localizar no lurker de Trasno o > fío onde se discutiu a corrección desa tradución. > > > >> >> Tamén coas palabras rematadas en "ble" e "bel" como: *dispoñible* (* >> dispoñíbel*). Cal soedes empregar vós? Porque as dúas son correctas según >> a normativa non? >> > > Ambas formas son correctas. Por criterio de norma gramatical debe > empregarse na mesma tradución (de aplicativo) unha ou a outra. A forma máis > estandarizada de tradución agora mesmo é usar -bel (dispoñíbel) >
Estás seguro disto? Porque eu, de todo o software en galego que emprego, o único sitio no que o vin é en KDE. > > > >> E por último, teño moitas dúbidas de cando empregar o til na conxunción do >> "a" (á). Hai algún pdf ou manual que o explique ben? >> > > Home > http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_O_artigo > > pero intúo que os problemas non son eses senón cando tes que usar, ou non, > a preposición A (non conxunción) que se combina co artigo A > > Informar á usuaria (A+A) > Informar a usuaria (A) > > Nestes casos toma como norma práctica o seguinte: en galego non se utiliza > a preposición A nos Complementos directos agás cando ese complemento sexa un > nome propio. > > Informar á Compañía Telefónica > > Certamente o resultado pode chamar un pouco a atención sobre todo a > falantes novos porque temos ese castelanismo moi metido. > > > > >> Un saúdo, e perdoade polas preguntas que ao mellor xa estades acostumos a >> leer ;) >> >> PD: perdoade por non poñer [TERMINOLOXÍA] en *Asunto* pero e que levo >> unha semana intentando enviar esta mensaxe e dame erro. Non sei se desta vez >> irá jaja! >> >> >> >> -- >> http://trasno.net/ >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> http://www.jabberes.org/ >> >> Un saúdo! >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

