2010/7/1 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com> > Teño un par de dúbidas sobre unhas frases ou termos que non sei exactamente > cales poñer, ou se exactamente é indeferente empregar un ou outro. > > Por exemplo: > > O termo é *Updating*. Cal poño? *Actualizando* ou* A actualiza*r? O mesmo > caso para* Iniciando* ou *A iniciar*,etc... Isto o comento porque nos > resursos veñen das dúas maneiras; entón non sei cal escoller. É indiferente? >
Ambas formas son correctas pero se está a principio de frase ou onde só haxa ese verbo, só sería correcto o uso do xerundio clásico: Actualizando O uso do xerundio perifŕástico necesita sempre que haxa un verbo auxiliar : ESTAR +A + actualizar. Daquela comezar unha frase "A actualizar fontes de software" é incorrecto. Desgraciadamente non podes neste momento localizar no lurker de Trasno o fío onde se discutiu a corrección desa tradución. > > Tamén coas palabras rematadas en "ble" e "bel" como: *dispoñible* (* > dispoñíbel*). Cal soedes empregar vós? Porque as dúas son correctas según > a normativa non? > Ambas formas son correctas. Por criterio de norma gramatical debe empregarse na mesma tradución (de aplicativo) unha ou a outra. A forma máis estandarizada de tradución agora mesmo é usar -bel (dispoñíbel) > E por último, teño moitas dúbidas de cando empregar o til na conxunción do > "a" (á). Hai algún pdf ou manual que o explique ben? > Home http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_O_artigo pero intúo que os problemas non son eses senón cando tes que usar, ou non, a preposición A (non conxunción) que se combina co artigo A Informar á usuaria (A+A) > Informar a usuaria (A) Nestes casos toma como norma práctica o seguinte: en galego non se utiliza a preposición A nos Complementos directos agás cando ese complemento sexa un nome propio. Informar á Compañía Telefónica Certamente o resultado pode chamar un pouco a atención sobre todo a falantes novos porque temos ese castelanismo moi metido. > Un saúdo, e perdoade polas preguntas que ao mellor xa estades acostumos a > leer ;) > > PD: perdoade por non poñer [TERMINOLOXÍA] en *Asunto* pero e que levo unha > semana intentando enviar esta mensaxe e dame erro. Non sei se desta vez irá > jaja! > > > > -- > http://trasno.net/ > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > http://www.jabberes.org/ > > Un saúdo! > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > Proxecto@trasno.net > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > >
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto