2010/7/23 Anxo Outeiral Vidal <bassbal...@gmail.com>:
> Boas xa rematei coa tradución do Liferea e de seguido vou poñer frases ou
> palabras das que teño dúbidas.
>
> Estas dúbidas veñen debido a que nos recursos non veñen as definicións ou
> son confusas e non sei que opción escoller, polo que preciso a vosa axuda.
> link cosmos --> universo de ligazóns ?
> Adds a new feed list source. --> Engade unha nova fonte á lista de fontes.?
> (penso que xa está correcta, pero saber a vosa opinión)

Eu entendo que sería máis ben "engade unha nova orixe de listas de
fontes de novas"

> Online/Offline Button  -->  Botón de con conexión/sen conexión  ou Botón de
> conectar/desconectar ?

Eu escollería a segunda opción.

> Que fago co seguinte? teño que substituir en por gl ou dexalo como está?
> Porque supostamente son as páxinas de axuda,etc... :
>
> topics_en.html
> reference_en.html
> faq_en.html

Se eses ficheiros non teñen tradución ao galego deberías deixalos tal cal.

> feedlist.opml

Creo que isto se deixa igual...

> Agora ben a "chicha" jeje.
>
> A palabra que non sei que tradución poñer é enclosure, xa que nos resursos
> non ven nada. Mirando outras traducións puiden ver que:
>
> En castelán a traducen como: adxunto/os
> En portugués e portugués do Brasil a traducen como: compoñente/es
> En catalán a traducen como: adxunto/os
>
> Traducir enclosure por adxunto non o vexo moi ben, xa que a palabra
> Attachments a teño traducida coma adxuntos.

Pois segundo o último consenso, se non lembro mal, debería ser
"attachment"="anexo".

Indo ao de "enclosure", vexo que en
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/enclosure e
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/enclosures mostra que se traduciu
como "anexo", quitando un caso. Tamén supoño que é isto
http://en.wikipedia.org/wiki/RSS_enclosure do que estamos a falar onde
me quedo ca frase "Unlike e-mail attachments, enclosures are merely
hyperlinks to files, the actual file data is not embedded into the
feed.".

> Agora poño todas as frases que conteñen enclosure e que nun principio as
> traducín coma compoñente:
>
>
> \"%s\" is not a valid enclosure type config file! --> «%s» non é un ficheiro
> válido de configuración de compoñentes!
>
> Enclosure download FAILED: \"%s\"  -->  Fallou a descarga do compoñente:
> «%s»
>
> Enclosure download finished: \"%s\"  -->  Rematou a descarga do compoñente:
> «%s»
>
> Open Enclosure... --> Abrir compoñente...
>
> <span weight=\"bold\">Downloading Enclosures</span> --> <span
> weight=\"bold\">A descargar compoñentes</span>
>
> <span weight=\"bold\">Opening Enclosures</span> -->  <span
> weight=\"bold\">Abrindo compoñentes</span>
>
> Downloading Enclosure --> A descargar compoñente
>
> Downloading an enclosure of type:  -->  A descargar un compoñente de tipo:
>
> Enclosures  -->  Compoñentes
>
> What should Liferea do with this enclosure? Please enter the command you
> want to be executed below. Downloaded enclosures will be supplied as an
> argument for this command:  --> Que debería facer Liferea con este
> compoñente? Por favor introduza abaixo o comando que desexa executar. Os
> compoñentes descargados serán empregados como argumento para esta orde:
>
> _Automatically download all enclosures of this feed.  -->  Descargar
> _automaticamente todos os compoñentes desta fonte.
>
> _Do this automatically for enclosures like this from now on.  -->  _Facer
> isto automaticamente para compoñentes coma este de agora en adiante.
>
> _Pass URL and do not download enclosure.  -->  _Pasar o URL e non descargar
> o compoñente.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a