Olá! Em efecto -- o livro chama-se "O fantástico mundo da LOGO", por Luca Novelli, e foi publicado por Xerais... pois coma arredor dos 80? Tenho-o aqui na casa, assi que se alguem o quere podo-lho emprestar. Aparte de ser uma xoia da bibliofilia informática, é bastante instrutivo e entretido de ler.
Até onde eu entendo, a LOGO é uma linguagem para *aprender* a programar, nom para aprender a linguagem em si e logo utilizala por aí. Desse jeito busca ensinar aos rapaces conceitos coma a recursividade, a iteraçom, as decissons condicionais, etc. Logo isso podem aplica-lo a outras linguagens. Nesse contexto, traducir os comandos é bo porque elimina uma barreira: a da linguagem. Entre teclear "prln" e "escreve" hai uma difereça importante, i é que os neno podem ler o programa com relativa facilidade. Um programa em LOGO é moi legíbel. No livro que tenho eu vem uma lista de comandos coa versom em inglés em várias das variantes da LOGO e a sua traduçom ao galego. Como dizia, empresto-lho a quem queira (com volta!). Denís. -- Denís Fernández Cabrera Gatonegro deseño http://gatonegro.me 2010/8/18 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>: > Lembro que Denís tiña un libro EN GALEGO de programación para cativos > baseado en LOGO bastante peculiar. > > Póñoo en CC para que nos dea conta disto. > > Saúdos > > O Sáb, 26-07-2008 ás 12:57 +0200, mvillarino escribiu: >> Boas, >> estou a revisar e completar a tradución do KTurtle, que ven sendo un entorno >> de programación para cativos en algo semellante a LOGO. >> >> Resulta que se supón que se deben (ou poden) traducir as palabras-chave do >> LOGO que emprega KTurtle, e a iso ando. >> As dúbidas son: >> 1.- Considerades oportuno traducilas? >> 2.- Existe algún tipo de convenio preexistente, referente a como se >> traducirían? >> >> 3.- A chicha: Os comandos LOGO de KTurtle son os que se enumeran na "táboa" >> que segue, xunto coa tradución que estou a barallar. Algún comentario? >> >> COMANDOS Kturtle idem en galego >> true certo >> false falso >> , (separador de lista) , >> . (separador decimal) . >> exit sair >> if se >> else caso_contrario >> repeat repetir >> while mentres >> for desde >> to até >> step en_pasos_de >> break sair_do_bucle >> return voltar >> wait agardar >> and e >> or ou >> not non >> learn aprender_a >> reset reiniciar >> clear limpar >> center centrar >> go ir >> gox irx >> goy iry >> forward avanzar >> backward recuar >> direction dirección >> turnleft xirarEsquerda >> turnright xirarDereita >> penwidth anchoLápis >> penup subirLápis >> pendown baixarLápis >> pencolor corTrazo >> canvascolor corLenzo >> canvassize tamañoLenzo >> spriteshow mostrarSapoconcho >> spritehide acocharSapoconcho >> print imprimir >> fontsize tamañoLetra >> random aleatorio >> getx posiciónX >> gety posiciónY >> message mensaxe >> ask perguntar >> pi pi >> tan tan >> sin sin >> cos cos >> arctan arctan >> arcsin arcsin >> arccos arccos >> sqrt raíz >> exp exp >> round redondear >> >> ALCUMES DOS COMANDOS >> ccl (clear) lp >> gx (GoX) ix >> gy (GoY) iy >> fw (forward) av >> bw (backward) rc >> dir (direction) dir >> tl (turnleft) xe >> tr (turnright) xd >> pw (penwidth) al >> pu (penup) sl >> pd (pendown) bl >> pc (pencolor) cl >> cc (canvascolor) clz >> cs (canvassize) tlz >> ss (spriteshow) msc >> sh (spritehide) asc >> rdn (random) alea >> -- >> Best regards, >> MV >> >> > > > _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto