Leandro Regueiro escribiu:
2008/7/29 mvillarino <[email protected]>:
2008/7/29 Leandro Regueiro <[email protected]>:
Ou sexa, que basicamente pasaches das ideas propostas polos demais :)
Insisto nas ideas aportadas por min, ainda que chegue tarde, coma
sempre.
Eche o bon que ten ser un borde egocéntrico :-)
Xa, algo bo tiña que ter :)
Ata logo,
Non te me escapas aínda; Cousas pendentes (e non teño toda a vida para
adicala a un programa):
-- Estades a ter en conta o público ao que vai destinado o programa? O
texto termo non só ten que ser semanticamente correcto, senón que ten
que ser fácil de aprender e escreber (de ahí o de suprimir as tildes)
Se o miras dese xeito... tamén os podes estar inducindo a non escribir
ben, mellor dito, nun futuro cando lles boten á cara a eses raparigos
que non saben escribir ben dirán: todo foi culpa dese borde
egocéntrico :)
Eu penso que se do que se trata é de ensinar a programar (corrixideme se
non é esa unha das finalidade de logo), e partindo desta premisa entendo
que a maioría das linguaxes non permiten acentos (non coñezo ningunha
pero seguro que algunha hai que os permita) polo que entendo máis que
xustificado que non se usen acentos á hora de programar.
-- Quédame a dúbida de se é apropriado utilizar camelCase e a unión de
palabras co _ .
Se queres estupidizar ós cativos simplifica todo ó máximo :)
Para funcións eu usaría _ tal como indica a guia de estilo de python que
tan ben coñeces. Python parecese en que tamén é unha linguaxe moi simple
e facil de ler (aínda que pode complicarse e facer cousas incribles)
-- Learn: Pois a min resúltame máis natural dicir "aprender a facer
algo" que "aprender facer algo", ou "aprende fai algo".
certo, estaba medio durmido :)
-- else: deixei caso_contrario para evitar confusións entre " se non
predicado? {bloque_certo} senon {bloque_falso}
o de caso_contrario fóra. Pero xa.
--for: pois vale, neste caso si farei outro cambio e porei "para".
Eu é o que levo visto por aí dende hai uns anos.
Eu tamén penso que "para" é a mellor opción
Ata logo,
Leandro Regueiro