grazas por axudarme. *en canto a gwibber estades no certo*, serve para máis cousas que twiitter e é lóxico que teña opcións máis xenéricas que se adapten ás diferentes redes ás que se pode conectar. Non o uso, polo que solo o abrín para ver cómo se trataba o tema nel.
a extensión en cuestión chámase *Chromed Bird.* Desafortunadamente para o caso, esta extensión depende do servizo de internacionalización de google e actualmente o "gl" ou "gl_ES" non aparece no listado. Creo que ten que ver co asunto xa tratado por aquí da inclusión do galego no Webkit. traducín outras extensións (google mail checker plus) sen problema porque no usan o mesmo servizo, pero esta en concreto ten esa dependencia. de tódolos xeitos, as extensións pódense instalar en "developer mode" (sen compactar), polo que *en realidade si que fixen a tradución *pois só se trata de machacar o ficheiro cos textos en inglés polos mesmos en galego. Cando remate o traballo ó 100% enviareillelo ó mantedor do programa para que o teña disponible cando o galego entre no webkit ese do c..... Agora mesmo teñoa funcionando sen problemas no meu pc en galego, así que se alguén tivese interés nela pois que sepa que se pode facer. na traducción en si mesma estame a dar máis que pensar o "retweet" que o "tweet" :D rechíar, chíao de novo... sam, repíar :P , ... . O feito de que a mi me soe raro non debería ser obstáculo para usar determinado verbo, pero supoño que é cuestión de levar tanto tempo usando a palabra inglesas. Se alguén quere propoñer algo sería de agradecer. Retweet refírese á acción de voltar a emitir a mensaxe (chío) que fixo outro usuario. Sería como no correo electrónico a opción *reenviar*. 2010/9/1 Leandro Regueiro <[email protected]> > 2010/9/1 Miguel Branco <[email protected]>: > > Xosé, sempre que as críticas sexan constructivas agradécense; cantas máis > > opinións mellor e moitas cousas nin sequera as debatemos antes :) . > > A verdade é un bo tema o que propós: recoller literalmente a metáfora do > > inglés ou ignorala. Chío para min acáelle ben a este tipo de eventos, > pero > > só para as redes tipo twitter ou incluso fácebook, pero carece de sentido > > cando se comparte algo en fácebook vía gwibber ou é outro tipo de evento > > nunha rede social, p.ex ou é algo tipo posterous. "Mandar mensaxe" é algo > > máis neutro. Se é unha app moi twitter-centrica usaría chiar/chio pero > senón > > usaría algo máis xenérico. > > Saúdos!! > > Concordo. Se mal non lembro no Chuza tamén tiñan chíos. > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

